Mostrando entradas con la etiqueta catalpas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta catalpas. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de julio de 2014

Praza da Verdura, do vandalismo primeiro

 Éste é un dos edificios emblemáticos da zona vella, ferido de morte, desplomado interiormente.

Pontevedra, 26.07.2014
Entrada n. 1770 do blog

 Os Verdes, cando se presentaron hai dúas elecciós, estiveron a punto de sacare un concellal. Daquela publiquei un artículo titulado "O marqueting dos homildes", porque este banco de carton rememoroulle ás xentes os vellos bancos da praza, roubados ou depositados non se sabe dónde, que se poden apreciare nas fotos incluídas neste post (39 duntotal de 70), recentemente dixitalizadas. A política urbanística do Concello prefireu o granichán que agora prima e a privatización da praza cedéndolla ós okupas das tabernas, que reventan o descanso dos residentes e incumpren sistemáticamente a normativa de veladores. A casa agora comprometida é unha das duascentas deshabitadas da zona vella, sen que se faga nada positivo pra intentare fixar poboación. 

Siguen as fotografías, vandalismo municipal notariado ó longo de dous ou tres días nos que se arrasou a praza máis bonita de Galicia. En fin, bancos desaparecidos, cambiada a fonte de lugar, e menos mal que a protesta veciñal valeu pra doutare á praza de nova arboreda, en contra do criterio dos destructores. ¿Culpables do mal? Os grupos políticos, tamén o PP, que si o BNG levou a cabo a política de peatonalización e ruína comercial da cidade, a idea era xa do PP, que xa non tivo forza moral en nengún momento pra clamare pola restauración dos fluxos dinámicos da vila.  





































 Corte san da madeira, cando algús xustificaron a eliminación das árbores decindo que estaban mal.


jueves, 5 de marzo de 2009

ÚLTIMA PRIMAVERA

En Pontevedra, sebe ou bardaleira que estoura en roxo ó reventa-la gomariza. N´As Palmeiras, sobre a Avda. Reina Victoria. Á esquerda, con fondo de araucarias, unha ringleira de magnolias. (Clicade sobre a foto pra ter unha maior panorámica)
Magnolia de Soulange, no hall da Alameda. Posiblemente a súa derradeira primavera, a súa última floración. Vai ser trasplantada --¿e non morrerá?-- xunto con outras árbores daquel espacio, por mor da construcción do parking da praza de España. (Clicade sobre a foto pra tere unha máis amplia visión do espacio)

As máquinas comezan a traballaren no trasplante de diversas árbores, que mesmo pode ser xa tardío pra algunha delas.
-

Pontevedra, 5.03.2009
-
Entrada n. 871 do blog
-
A ÚLTIMA PRIMAVERA,
por Xesús López Fernández
-
Anúncianse os traballos de trasplante de non poucas árbores, algunhas delas emblemáticas, que marcaban as estaciós do ano, que mesmo ennoblecían o entorno dos héroes da Ponte de San Paio e da deteriorada fonte que cerca o monumento. A pá que aparece na foto do Faro de Vigo, enfía xa cara un dos castaños d´Indias da primeira fila.
-
Esta corporación nunca se caracterizou pola súa defensa ou coidado das árbores. ¿Lémbranse de cando cortaron as catalpas da praza da Verdura, con verdadeira alevosía, parte dos traballos de arraso da praza máis fermosa de Galicia, según algús?. E se hoxe pintan algo os liquidámbares que ocuparon o seu lugar, teñamos presente que están alí pola protesta veciñal, as máis de mil asinaturas que reclamaron a reposición da arboreda anterior e dos bancos que aínda non retornaron, ante as actitudes despóticas de Mosquera ou xangal de Pilar Rojo. Os dous culplables. E menos mal que a actuación non acabou no remedo de praza fascistoide que pretendían, pero sí en concentración de miseria humáa, na que decote hai un bule-bule claramente visible. ¿Está claro?
-
Lembrémonos tamén da tala dos castaños da praza da Castaña, outro espacio degradado. ¿Demasiados castiñeiros? Talvez, pero a cousa puido ter outra solución: trasplante, deixando un exemplar ben centrado. Pero, non, que nunca lle gustaron as árbores, que aínda están a pensaren en se carga-los xardíns da praza d´Ourense.
-

miércoles, 20 de febrero de 2008

AS CATALPAS E ALGO MÁIS [16.02.2001]

A vella praza da Verdura, cos seus bancos de pedra e catalpas, outra forma de concebi-lo urbanismo. Era un icono da vella Pontevedra, un rincón de cine. Por eso a reitero no blog. Torrente Ballester valorou sempre este espacio, tal como aparece na fotografía.
Baixo da Casa da Luz, agora "zona húmeda". Foto do autor.

Reis, Xaneiro 2008. Acaban de colocar novos bancos, despois de sete anos privados dos de pedra, que son os que a praza sigue a reclamar. Foto do autor.

Pontevedra, 20.02.2008

Entrada n. 441 do blog. Este traballo é continuación doutro anteriormente recuperado, "Adeus ás Catalpas". Non hai nada máis que leelo. Moitos dos presaxios fóronse comprindo. A praza é hoxe un espacio distinto, impropio xa pra fixar residencia. O edificio da Casa da Luz permanece infrautilizado máis alá da súa utilización fidelizadora, de cando en vez. As fotografías inseridas corresponden ó antes e o despois das desgraciadas obras.

(Este traballo foi publicado no seu día no Diario de Pontevedra. Remitido tamén á web de Vieiros, ó se tratar dun medio sectarizado incapaz de asumi-la crítica ó goberno local do Bloque, non foi tomado en consideración)

AS CATALPAS E ALGO MÁIS [16.02.2001],

por Xesús López Fernández

Retomo en parte o tema do meu traballo anterior, porque a tala das árbores da praza da Verdura aínda colea. E vai seguir coleando en tanto non se faga un tratamento digno daquel espacio. Está claro que ás árbores se lles acaba por querer e as xentes, mesmo as chegadas de fóra, quedaban asombradas ante a presencia das nosas catalpas, aínda que as mesmas foran mal tratadas xa dende a súa primeira prantación, sen terra pra afondaren as raices. E, vísta-las árbores xa abatidas a cuestión era simple. ¿Cómo terían resistido de pe? ¿Cómo non cairan?...Coido de razón decir que levaban tempo caindo, cada día máis penzas tres das catalpas. Nun espacio aberto hai tempo que o vento tería acabado con elas. En fin, agora tócalle ós urbanistas escolle-lo tratamento que lle vaian dar á nosa praza, se convén prantar tres, catro, seis ou máis árbores dentro da gama, por suposto, das caducifolias.

Téñase presente a importancia de escoller un cultivar adecuado, algo no que o Centro de Lourizán pode asesorar ou algún Garden Center podería ter xa a solución de recambio, ora no mundo das catalpas, ora no dos arces, liquidámbares, tilos, etc. Que se entenda que hai unha preocupación social certa, que non renunciámo-los cidadáns á calidade de vida que representaba ese espacio de umbra, recanto amable. E os veciños fixemos chegar ó longo da pasada semá máis de 120 instancias particulares ó señor alcalde, tres peticiós asinadas: reposición da arboreda por medio dalgunha especie adecuada, enlousado en función das fachadas, perguntándonos algús o por qué de tanto despilfarro, porque gran parte da pedra vella podería ser reutilizada mentres que un cambio a tonos grises pode mesmo cambia-la idiosincrasia da praza. En terceiro lugar, os veciños solicitamos que non se retiren as mamparas do antiguo edificio da Policía e que se integre naquel espacio algunha actividade positiva.

¿Non se pode pensar en lle dar ó edificio un contido social? Espacios pra exposiciós, aulas prá terceira edade; as asociaciós de barrio poderían dispoñer aí de local, oficina permanente de turismo, viveiro de empresas, mesmo algún colexio profesional, etc. Pero derruba-las mamparas, ir á política a quitar ou poñer mamparas, parece un sensentido, novamente a política do gasto tonto. E sobre todo estaríase a configurar, na práctica, un novo albergue de mendigos, unha asignatura pendente na que os cidadáns estamos sorpendidos do grado de estulticia dun goberno baleiro de soluciós, incapaz á hora de se decidir pola construcción dunha casa de acollida pra esas xentes. E lembro agora unha carta aparecida no Diario de Pontevedra a raiz da pretensión do anterior alcalde de cobri-la rúa da Peregrina. Hai aí un diñeiro de Europa, o 60 por cen dos veciños está dacordo, e vaise facer, fora daquela o discurso do señor Pedrosa. Os veciños que estaban na xuntanza miráronse extrañados porque nengún pertencía ó colectivo do 60 por cen. E cundeu a alarma.

Na carta aludida no parágrafo anterior dábanse ideas: a rúa da Peregrina como albergue de mendigos. Apuntábase a posibilidade de doutalos de sacos pra dormir e facerlles así as noites máis levadeiras. Na ausencia cara o comedor de San Francisco ou ó Vao se lles reservaría a súa praza de tocadores de frauta ou de exhibidores de mimo, etc. Desconozo se a carta valeu dalgo máis alá de avivece-la polémica. Falouse incluso de modelo de cidade –de mendigos--, configurado por esa presencia non desexada. Renunciouse á coberta. E agora estamos preocupados de novo, sonaron as alarmas polo que se vaia facer no entorno da praza, da praza das Catalpas que tamén lle decían. Téñase en conta que a Casa da Luz estaba totalmente cerrada por unha parede branca, situada a porta da entrada no centro do tramo que daba á praza. Tamén se aprecia unha gran chimenea nunha foto histórica. ¿Por qué non a repoñen tal como era se a queren seguir chamando Casa da Luz?. Sentidiño, por favor, pedimos ó Concello e a Patrimonio dende a praza da Verdura ou das Catalpas.

sábado, 16 de febrero de 2008

ADEUS ÁS CATALPAS [15.02.2008]

A praza desalmada. ¡E menos mal que lle puxeron dez árbores, pero sen alcorques debidamente preparados, a consecuencia da protesta producida!. Foto do autor.
A Casa da Luz, baixo, pensado dende o 2001 como recanto de miseria. Escenario urinario. Foto do autor
A traicionada praza da Verdura, a praza das Catalpas. Culpables: Mosquera e Fole e a Corporación municipal que non se soupo opoñer a esa desfeita.

Pontevedra, 15.02.2008Entrada n. 438 do blog.
-
É curioso. O traballo agora inserido, pendurado no blog, é de hai sete anos, case coincidente en día e mes. Nele díse que, en relación co desmantelamento da praza da Verdura, xa chegaron os do bongo, os ruídos que convirten o espacio, ás veces, en inhabitable. A escalada do deterioro foi a máis.
Xunto cos do monopatín, ese é un dos horrores de certos espacios de Pontevedra, que fixo posible o Bloque. E hoxe, cando a precampaña deixou de ser unha simple ficción pra se convertir en campaña pura é dura, o talibanismo do bongo estaba no entorno do Museo, como síntesis da profanación da cidade vella, con xentes ou tribus dispostas a flamea-las bandeiras do Bloque, pra prepararen algún spot publicitario e ver de acadar votos a favor dos políticos magdalanienses.

Claro, ese non é o estilo dos partidos democráticos, porque a bullanga que hoxe armaban é algo que non se pode consentir e que, dalgún xeito, a normativa de ruídos debería evitar. Pero, xa se sabe, a policía local non funciona. Se no seu día foi recluída, castigada a permanecer no auditorio da Xunqueira, desta volta, sen conciencia, están ó servicio do crecente talibanismo do Bloque.
(Téñase presente que no ano 2000 e primeiras semás do 2001, o titular do blog remitía, por lle teren sido solita-las súas colaboraciós, á web de Vieiros. Este traballo, por ser especialmente crítico co labor do Bloque, non foi incluído. E nengún outro a partir dese momento, o que demostra o servilismo de Vieiros en relación co Bloque.)

(Descubro agora que o traballo que sigue xa foi pendurado no blog o 26.06.07, pero opto por mantelo porque o bongo, os ruídos que van convertindo a zona en deserto, están asumidos polos nazionalitaristas en campaña, son parte da súa estratexia de obnubilación, pensada pra unha sociedade subnormal).

ADEUS ÁS CATALPAS [9.02.2001]por Xesús López Fernández

É certo que as catalpas da Praza da Verdura tiveron de sempre detractores que entendían que non eran árbores axeitadas pra aquel entorno, tan recollido; que estarían mellor noutros espacios, presentadas como árbores de alineamento ou de bordura en paseos i estradas, misión na que compiten en certos paises con tilos, plátanos, arces, etc. Foi Antonio Odriozola o que me dou a noticia primeira que eu tiven do seu nome catalpa bignenioides, especie dun colectivo de aproximadamente dez que existen polo mundo adiante. Un colectivo certamente corto comparado con outras árbores. Do arce, por exemplo, cóntanse en torno a noventa especies, algunha delas con diversas subespecies e cultivares, algo a ter en conta cando se decida a reposición da arboreda agora cortada ou trasprantada. Algún medio apuntou xa a posible renovación da praza con inclusión precisamente de arces. ¿Ginnala, campestre, palmatum, pradairo, rubrum, sacharum, negundo...? É importante acertar coa especie, co colorido que a mesma vaia aportar en cada estación. 

As catalpas foron un elemento dinamizador da vida da praza, porque aportaban unha sombra xenerosa que convertía o lugar en espacio vivo, sitio de encontro de diversas xentes e familias, sitio vivo prá conversa, o aperitivo ou a lectura nunha zona abondo deprimida e abandonada. As catalpas, permítaseme decilo, constituían un activo do chamado “capital social”, algo difícil de definir como dí Fukuyama en A gran Ruptura, pero que se percibe en casos claros como éste, contraposición diáfana daqueles outros como o xardín de San Franciso, onde certas presencias convirten o espacio en lugar a evitar, quebrado alí o “capital social”. Confiemos en que han repoñe-la arboreda coidadosamente e que, con exemplares semimaduros, as xentes non han extraña-la ausencia das queridas catalpas por moito tempo, con independencia da especie que agora escollan. Pero convén decir algo máis sobre o tema do “capital social”, alertados como estamos os veciños sobre o que se poida derivar consecuentemente á actuación en curso, enmarcada no plan Urban.

Nada ten que ve-lo edificio que ocupou a Policía Municipal coa Casa da Luz que agora nos queren “vender”, asentada noutrora no mesmo solar. O edificio, especie de extraño piorno infrautilizado na súa parte baixa, espacio asoportalado depositario de moitas miserias, degradado, mellorara a raiz da autorización por Patrimonio do seu cerre por medio de mamparas que deixaban á vista os arcos da casa. O lugar era doutado así dunha funcionalidade certa e deixaba de ser sitio “húmedo” pra alivio dos veciños. A presencia da Policía antes que o seu labor, ó meu ver, era outro activo da zona. Significaba unha garantía, un respeto, aínda sendo remisa pra actuar sobre bares e pubs próximos que agora, desmantelado o cuarteliño, están a mostraren unha maior presencia, aumentan o ruído, posibilitan ou fan escándalos, permanecendo abertos máis alá da hora de cerre. Nunha palabra, estase a chariniza-la zona. Xa chegaron os do bongo e as fiestras dobres non son solución ante esa agresión.

O malo é que o peor pode estar por chegar si se consuma a retirada das mamparas polo cambio de uso dado á pranta baixa do edificio que foi cuarteliño da Policía. É fácil maxina-lo espectáculo sabatino das iguanas con litrona alí concentradas ou a posible transferencia de “capital social” dende o soportal de Sindicatos. Que o concelleiro Mosquera teña falado de medidas no caso de degradación do lugar non ten valor algún, porque ata o dagora non tiveron vontade pra resolveren casos denunciados. Por favor, que manteñan o espacio choído, doutado sí dalgún tipo de actividade positiva. Que se poñan dacordo con Patrimonio porque os veciños queremos vivir e descansar polas noites, algo que calquer manual de política local debe facilitar... Que pranten arces ou catalpas, ben. Que acerten tamén co novo pavimento... E non consintan a crecente “charinización” da zona. Sería a súa morte.