A praza desalmada. ¡E menos mal que lle puxeron dez árbores, pero sen alcorques debidamente preparados, a consecuencia da protesta producida!. Foto do autor.
A Casa da Luz, baixo, pensado dende o 2001 como recanto de miseria. Escenario urinario. Foto do autor
A traicionada praza da Verdura, a praza das Catalpas. Culpables: Mosquera e Fole e a Corporación municipal que non se soupo opoñer a esa desfeita.
Pontevedra, 15.02.2008Entrada n. 438 do blog.
-
É curioso. O traballo agora inserido, pendurado no blog, é de hai sete anos, case coincidente en día e mes. Nele díse que, en relación co desmantelamento da praza da Verdura, xa chegaron os do bongo, os ruídos que convirten o espacio, ás veces, en inhabitable. A escalada do deterioro foi a máis.
Xunto cos do monopatín, ese é un dos horrores de certos espacios de Pontevedra, que fixo posible o Bloque. E hoxe, cando a precampaña deixou de ser unha simple ficción pra se convertir en campaña pura é dura, o talibanismo do bongo estaba no entorno do Museo, como síntesis da profanación da cidade vella, con xentes ou tribus dispostas a flamea-las bandeiras do Bloque, pra prepararen algún spot publicitario e ver de acadar votos a favor dos políticos magdalanienses.
Claro, ese non é o estilo dos partidos democráticos, porque a bullanga que hoxe armaban é algo que non se pode consentir e que, dalgún xeito, a normativa de ruídos debería evitar. Pero, xa se sabe, a policía local non funciona. Se no seu día foi recluída, castigada a permanecer no auditorio da Xunqueira, desta volta, sen conciencia, están ó servicio do crecente talibanismo do Bloque. (Téñase presente que no ano 2000 e primeiras semás do 2001, o titular do blog remitía, por lle teren sido solita-las súas colaboraciós, á web de Vieiros. Este traballo, por ser especialmente crítico co labor do Bloque, non foi incluído. E nengún outro a partir dese momento, o que demostra o servilismo de Vieiros en relación co Bloque.)
(Descubro agora que o traballo que sigue xa foi pendurado no blog o 26.06.07, pero opto por mantelo porque o bongo, os ruídos que van convertindo a zona en deserto, están asumidos polos nazionalitaristas en campaña, son parte da súa estratexia de obnubilación, pensada pra unha sociedade subnormal).

ADEUS ÁS CATALPAS [9.02.2001]por Xesús López Fernández
É certo que as catalpas da Praza da Verdura tiveron de sempre detractores que entendían que non eran árbores axeitadas pra aquel entorno, tan recollido; que estarían mellor noutros espacios, presentadas como árbores de alineamento ou de bordura en paseos i estradas, misión na que compiten en certos paises con tilos, plátanos, arces, etc. Foi Antonio Odriozola o que me dou a noticia primeira que eu tiven do seu nome catalpa bignenioides, especie dun colectivo de aproximadamente dez que existen polo mundo adiante. Un colectivo certamente corto comparado con outras árbores. Do arce, por exemplo, cóntanse en torno a noventa especies, algunha delas con diversas subespecies e cultivares, algo a ter en conta cando se decida a reposición da arboreda agora cortada ou trasprantada. Algún medio apuntou xa a posible renovación da praza con inclusión precisamente de arces. ¿Ginnala, campestre, palmatum, pradairo, rubrum, sacharum, negundo...? É importante acertar coa especie, co colorido que a mesma vaia aportar en cada estación.
As catalpas foron un elemento dinamizador da vida da praza, porque aportaban unha sombra xenerosa que convertía o lugar en espacio vivo, sitio de encontro de diversas xentes e familias, sitio vivo prá conversa, o aperitivo ou a lectura nunha zona abondo deprimida e abandonada. As catalpas, permítaseme decilo, constituían un activo do chamado “capital social”, algo difícil de definir como dí Fukuyama en A gran Ruptura, pero que se percibe en casos claros como éste, contraposición diáfana daqueles outros como o xardín de San Franciso, onde certas presencias convirten o espacio en lugar a evitar, quebrado alí o “capital social”. Confiemos en que han repoñe-la arboreda coidadosamente e que, con exemplares semimaduros, as xentes non han extraña-la ausencia das queridas catalpas por moito tempo, con independencia da especie que agora escollan. Pero convén decir algo máis sobre o tema do “capital social”, alertados como estamos os veciños sobre o que se poida derivar consecuentemente á actuación en curso, enmarcada no plan Urban.
Nada ten que ve-lo edificio que ocupou a Policía Municipal coa Casa da Luz que agora nos queren “vender”, asentada noutrora no mesmo solar. O edificio, especie de extraño piorno infrautilizado na súa parte baixa, espacio asoportalado depositario de moitas miserias, degradado, mellorara a raiz da autorización por Patrimonio do seu cerre por medio de mamparas que deixaban á vista os arcos da casa. O lugar era doutado así dunha funcionalidade certa e deixaba de ser sitio “húmedo” pra alivio dos veciños. A presencia da Policía antes que o seu labor, ó meu ver, era outro activo da zona. Significaba unha garantía, un respeto, aínda sendo remisa pra actuar sobre bares e pubs próximos que agora, desmantelado o cuarteliño, están a mostraren unha maior presencia, aumentan o ruído, posibilitan ou fan escándalos, permanecendo abertos máis alá da hora de cerre. Nunha palabra, estase a chariniza-la zona. Xa chegaron os do bongo e as fiestras dobres non son solución ante esa agresión.
O malo é que o peor pode estar por chegar si se consuma a retirada das mamparas polo cambio de uso dado á pranta baixa do edificio que foi cuarteliño da Policía. É fácil maxina-lo espectáculo sabatino das iguanas con litrona alí concentradas ou a posible transferencia de “capital social” dende o soportal de Sindicatos. Que o concelleiro Mosquera teña falado de medidas no caso de degradación do lugar non ten valor algún, porque ata o dagora non tiveron vontade pra resolveren casos denunciados. Por favor, que manteñan o espacio choído, doutado sí dalgún tipo de actividade positiva. Que se poñan dacordo con Patrimonio porque os veciños queremos vivir e descansar polas noites, algo que calquer manual de política local debe facilitar... Que pranten arces ou catalpas, ben. Que acerten tamén co novo pavimento... E non consintan a crecente “charinización” da zona. Sería a súa morte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario