Mostrando entradas con la etiqueta consecuencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta consecuencias. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de agosto de 2008

CONSECUENCIAS DO MODELO DE CIDADE

Tres contenedores nunha rúa angosta, na rúa Cega, que parece ter como destino o de recibi-las miserias da praza da Verdura e da rúa San Román, pola impudicie e falta de ideas dos nosos gobernantes locales, do seu famoso modelo de cidade tipo Allariz. Afortunadamente só permanece, a día d´hoxe, un recolledor

Precisamente este contenedor, causa da alarma que quixeron aplacar con tres. O mal uso do punto de recollida, a baixa caste dalgús hosteleiros da zona trouxo como consecuencia a porquería que se aprecia no documento gráfico. Foto do autor.
A vasura derramada que se aprecia é, en gran parte, obra das gaivotas que, xunto cos relos ou cantaruxas das terrazas noitaregas, fixéronse donas da noite nesta cidade rexida polo desgoberno.

Pontevedra, 1.08.2008

Entrada n. 576 do blog


CONSECUENCIAS DO MODELO DE CIDADE,
por Xesús López Fernández

O Bloque entrou na gobernación da cidade como un xabarín na cacharrería. Encanallaron aínda máis o plan de peatonalización, que era do PP, como a aplicación dos fondos pró plan Urban, obtidos polos populares, de xeito totalmente aleatorio, roubando subvenciós concedidas pra favoreceren a posibles comisarios políticos, gratis total.

Privada a cidade de arterias: Benito Corbal-Michelena-Echegaray, Arzobispo Malvar-Riestra-Augusto González Besada, Cobián Roffignac-Daniel La Sota-García Camba, a vida comercial da zona peatonalizada esmorece, morre. Os cidadáns son os grandes perxudicados, pero aguantan cunha certa estulticia que non vai máis alá do voto en contra.


Así, na zona vella levan perdidos non poucos votos os estalinistas. Non importa que convertiran as prazas en terrazas privadas e sucias; que non se cumpra coa normativa de veladores; que constantemente concedan autorización ás asociaciós-correa de transmisión pra que organicen bullangas con malabares e con decibelios en plan terrorista, o que, nestos momentos, implica achanzamento de morada, cousa que a Policía Local non entende, non sabe. Por eso perderon os votos dos residentes agredidos.

Os policías, os expulsados do seu antiguo cuartel e recluídos nun espacio do Auditorio de mala forma parece teñen ordes de non actuar en temas como o de vixia-lo cumprimento da normativa de veladores e outras cuestiós que eviten o caos que impera na zona . Así non fan presencia na cidade e parecen non estare nada máis que pra multare coches mal aparcados.

A esa Policía chamei o día que se denuncia plásticamente por medio das fotos 2 e 3. "A conversa vai ser grabada"....¿Pero cómo estos chacaritas do goberno local non foron capaces de soluciona-las cousas con sentido no canto de converti-la súa actuación en agresión continua ós residentes, víctimas dos seus oito anos de totalitarismo gobernante?.

En Sanxenxo acaban de obrigar ós hosteleiros a ter un contenedor privado pra, no momento da recollida, achegalo ó camión das vasuras. Eso que en Sanxenxo xa estaba a cousa razoablemente resolta, con contenedores soterraños. ¿Por qué teñen que sofri-las rúas homildes a presión da inmundicia, da chafuldra xerada polas terrazas instaladas nos espacios públicos, como acontece en Pontevedra?

Pero agora parece que ven o peor: que porque un taxista llo suxireu a Mosquera van peatonaliza-lo último tramo de Benito Corbal, Daniel La Sota, e primeiro tramo de Cobián Roffignac. ¿Qué acontece? ¿Que se queren cargar dunha definitiva vez ó Hotel Rías Bajas? ¿A idea do taxista é propia ou lla entregou antes Mosquera?

Porque así actuou en gran parte da zona vella, da man da Asociación de Comercio Zona Monumental ou da Asociación Cidade Vella, que cabían todos nun taxi. "Os veciños da zona vella piden máis peatonalización", leíase en titulares dalgún medio. Despois, a noticia aclaraba que era a citada Asociación a que se dirixía ó Concello, suplantando a representación dos veciños, --porque previamente existira unha chamada telefónica de Mosquera a Claudio Quintillán--, pra así branquexa-la actuación, darlle un perfil menos duro. Facíase, porque o pedían os "veciños", estúpidos.

E agora ven o culmen da modernización da cidade: que R vai facer accesible wi-fi pra que os "executivos" que queiran acodir a diversos espacios: prazas da Verdura, da Leña, Curros Enríquez e Valentín G. Escudero, e o Campiño, poidan traballar co seu ordeador; cando os "executivos", digo, queiran conviviren coas tribus hippies e cos skaters do inferno. Á fin, este é o modelo de cidade que querían: que os executivos que se atopen con atrancos pra entraren na cidade, ou pra instalárense nun hotel digno, escollan a bullanga e a suciedade, se non lles toca algún acto de exaltación revolucionaria.

O tema dá moito máis de sí. Pero así está todo: a cidade arruinada, cun goberno que a quere arruinar aínda máis.

viernes, 21 de marzo de 2008

CONSECUENCIAS NON QUERIDAS [24.08.2001]

Rúa Martitegui, outro dos espacios en regresión, prohibído-los aparcamentos coa interposición dos mosquerós que abondan na cidade. Esta obra marcou un novo retroceso do Bloque en Pontevedra. Foto do autor.

Pontevedra, 21.03.2008

Entrada n. 456 do blog.


Outro traballo do ano 2001. Non precisa de máis comentarios. Decir que, talvez, as cousas van a peor, ata límites insospeitables de peatonalización e desfeita urbanística.

CONSECUENCIAS NON QUERIDAS [24.08.2001],

por Xesús López Fernández


A empresa concesionaria do servicio da grúa parece está a perder cartos, e alega que a situación é insostible. Quere abandona-lo servicio --cuestión a estudiar polos asesores xurídicos do concello-- cando faltan dez meses prá finalización do contrato. Da súa resolución depende a posible convocatoria dun novo concurso. Alega o xerente da empresa, Joaquín Carballo, que este ano están a engancha-la mitade dos coches do ano pasado, que de 600 pasaron a 300, e atribúen a baixa actividade actual á progresiva peatonalización da cidade. Se no PP din que a empresa deberá demostra-las perdas, dende o PSOE afirman que non é boa a decisión da concesionaria de deixa-lo servicio e que esta situación parece un resultado non querido da peatonalización en marcha. E un pergúntase por qué ante certos negocios, en certas rúas, os coches aparcan indebidamente sen que a grúa apareza. 

Outros que parece o teñen igualmente crú son os taxistas. Curiosamente, como no caso da grúa, os seus ingresos reducíronse tamén á mitade. De gremio favorecido, privilexiado coa parada de Daniel la Sota, tamén a eles lles chegou a hora ó tempo que se configuran novos espacios de terrazas antre o Rías Baixas e a Glorieta de Compostela. Atender antes a un cliente era relativamente fácil. Agora hai que ter imaxinación pra atinar cun circuíto alternativo, convertida Pontevedra nunha especie de laberinto. As carreiras son normalmente máis longas, máis caras, e a xente opta por prescindir do servicio dese colectivo, que se considera perxudicado polas obras, polos cortes de tráfego i, en terceiro lugar, pola peatonalización, aínda tendo acadado do concello autorización para cruzaren a zona histórica pra así atenderen ós seus usuarios, levalos ó sitio por eles indicado. 

O esquema peatonalizador parece non vai máis alá da posibilitación de novas terrazas --por certas obras hai prazas que perderon a persoalidade, desaparecidas coa proliferación de veladores--. Os concesionarios non sempre mostran no negocio a viñeta alusiva ó número de mesas, que tampouco se cinguen ó longo da fachada. Invaden rúas e prazas, cortan o paso incluso ós privilexiados que dispoñen de garaxe coa visible indicación de “vado permanente”. Coas terrazas, nen as ambulancias o teñen fácil. É unha das consecuencias graves da política de “okupación” que está a traer esa concepción urbanística --¿?— de encher de xente, case sempre non residente, os largos do casco vello, algo que pra algús é proba da recuperación dunha zona deprimida, mellora que beneficia certamente a bares e tabernas, mais non aporta calidade de vida ós residentes, antes ben unha incomodidade crecente, máis ruído i estrés. E o comercio tradicional sigue a morrer cada día un pouco máis. 

Ante o espectáculo das prazas todo terraza, os veciños do lugar síntense coutados ó achegaren á súa casa paquetes de certo volume ou bulsas, observados mentres pasan como menesterosos, porque non poden usa-lo coche como quixeran. Pra impedilo están as terrazas pasarela. I ésta é unha idea que lle quero dar a certa asociación comercial que tenta vende-lo seu discurso torto dunha reactivación que non chega. ¿Por qué non monta algún desfile de modas? Podería promocionar moda galega, valerse dunha pasarela que cruzase certo lugar que acaban de descobrir. O dinamismo da asociación --as subvenciós-- serviría pra contar coa colaboración de diversas modelos de alta costura. Pero, animado o espectáculo con lucerío especial e música soave, de súpeto --¡qué horror!— aparecerían dous ou tres veciños do lugar coas bulsas do lixo, pola pasarela, único espacio do que disporían nese momento e nesa hora, despois das oito e media. Protestas dos espectadores pendentes das top models: “¡Por aí non!”. “¿E logo por ónde, se non temos outro camiño?”. O esperpento é posible, unha máis das consecuencias non queridas dunha peatonalización aloucada, estordegada, improvisada, descerebrada. ¡Apaga o candil!. É un decir.