miércoles, 10 de noviembre de 2010

A MEMORIA DA DINAMITA

Cámara Santa da catedral de Oviedo, dinamitada no ano 1934, cando comezaba a guerra civil coa revolución de Asturias. A valentía das esquerdas. Os miliciáns querían matar a Deus, coese pelotón de fusilamento ante o Sagrado Corazón, no cerro dos Ánxeles, ó que España estaba consagrada. Pero foi necesaria a "dinamita"
da que tamén aquí se poden ver restos do monumento reventado.
Franco reconstrueu o monumento ó Sagrado Corazón. España volveu ser consagrada.
Agora hai alarmas en relación coa basílica da Santa Cruz, no Val dos Caídos.
-
Pontevedra, 11.11.2010
-
Entrada n. 1350. do blog
-
A MEMORIA DA DINAMITA,
por Xesús López Fernández
-
A dinamita estivo presente e pode volver estalo na historia do noso país á hora de combati-la fe, o credo católico profesado por gran parte do país. O laicismo agresivo está en marcha en forma de tsunami que quer conducirnos como se foramos un gran fato sen outro porvir que esa especie de gran gehena na que xa non cabe esperanza.
-
Privado o país de traballo, esmagada a súa economía pola incompetencia gubernamental, agora atoparon un nemigo ó que lle bota-la culpa dos nosos males: a santa cruz que tentan prohibir incluso nas aulas das escolas, como hoxe aconteceu en Almendralejo, Extremadura, pola demanda dun pai, (La Gaceta10.11.2010) que derivou en auto xudicial que establece a tal prohibición en contra da opinión dos outros país.
-
O malo do laicismo agresivo destos pacatos é que sabemos como comeza, pero non cómo vai rematar. A historia está cargada de exemplos que estas xentes, coa súa memoria capada, non queren lembrar. Por eso, e cando presuntamente foron profanadas tumbas no Val dos Caídos i están prohibindo o culto na basílica da Santa Cruz; cando os monxes benedictinos están a oficiaren misas de campaña fóra do recinto sacro, que por certo están xerando un efecto chamada, temémonos qu´os políticos poden estar a deseñaren un novo decorado de horror.
-
Por eso inclúo neste post e prá memoria dos desmemoriados fotografías de: Cámara Santa da catedral de Oviedo, dinamitada; os miliciáns que queren matar a Deus e apuntan cos seus rifles ó monumento do Sagrado Corazón, que acabarían dinamitando; o mesmo monumento reconstruído por Franco, coa conseguinte nova consagración de España e, finalmente, unha fotografía do Val dos Caídos, presente a Santa Cruz, ¿ata cándo? Porque aquí pode pasa-lo peor. E a estos sociatas de patacón pareceulles mal o aviso do Papa en relación co laicismo agresivo qu´o noso país viveu nos anos trinta, do que son testimonio algunhas das fotos aportadas. O Papa sabe Historia de España; moitas destas xentes, non, por eso construíron unha risa de Lei da Memoria Histórica que conta o que elas queren.

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Addenda:
E agora, 30.10.2013,o PSOE pide a exhumación dos restos de Franco que nunca pideu ser enterrado no Val dos Caídos.
Dóelles que morrera na cama, ¿pero que queren desta volta? ¿Acaso o tiro do que poida quedar da súa nuca e leva-los restos a Paracuellos del Jarama?