


-
Pontevedra, 7.08.2010
-
Entrada n. 1266 do blog
-
TANTO MONTA, MONTA TANTO,
por Xesús López Fernández
-
Cabería facer unha serie de consideraciós, sobre todo tendo en conta que os galegos estabamos maioritariamente con Xohana, a filla de Enrique IV, indebidamente insultado pola Historia. Enrique IV foi un rei demócrata ó que lle daba noxo que lle bicaran a man. A historia que se teceu en torno a el ou á súa paternidade de Xohana, que algús chegaron cuestionar, carece de sentido.
-
Tamén hai episodios que non trascenden na Historia de España, como o da existencia dunha bula falsa do arzobispo Carrillo pra lle dar visos de legalidade ó matrimonio real, que só sería lexitimado por medio de bula papal, que eles seguirían pedindo. Un papa Sixto dixo: "Eu outórgovos a bula, pero tendes que vos casar". O que teña curiosidade por ver algo desta historia polo miúdo, pode consulta-lo libro da Editorial La Nave, de Orestes Ferrara, titulado "Un pleito sucesorio".
-
Pero a Historia sigueu o seu curso e agora, cando Michelle Obama acaba de visitar Granada, aproveitou a ocasión pra enaltece-la figura da Reina Católica, pola trascendencia universal da súa obra. Teñamos presente que América foi conquistada pra Castela, administrador das terras que se foron conquistando despois da morte da reina o Cardeal Cisneros, non Fernando. En definitiva, salvando a distancia dos séculos transcurridos, América foi conquistada pra España, aínda que Colón tivese que ocultar que era do "partido" de Xohana, a filla de Enrique IV, como bo galego. Un supoñer.
-
Enlaces:
-
El Correo Gallego: Michelle Obama se rinde ante Isabel la Católica, na súa visita a Granada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario