Mostrando entradas con la etiqueta memoria histórica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta memoria histórica. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de enero de 2011

DESMEMORIA HISTÓRICA

Imaxes conseguintes á masacre de Alexandría. Informa o ABC d´hoxe, 3.01.2011 (clicade)
Un detalle da Alhambra, en Granada
Outro detalle da Alhambra
No arco apréciase parte do lema dos Reis Católicos: "Ta´to mo´ta"...
O Albaicín, visto dende a Alhambra.
Fachada da igrexa da Nosa Señora das Angustias, patrona de Granada.
Vista da cúpula do templo da Nosa Señora das Angustias.
-
Pontevedra, 2.01.2011
-
Entrada n. 1388
-
Artículo semanal.
-
Desmemoria histórica,
por Xesús López Fernández
-
A igrexa católica copta volve sangar, marcada polo martirio. Desta volta a consecuencia dun novo atentado con 21 mortos, ademáis de numerosos feridos, uns 67. Cando os cristiáns, uns mil, comezaban a saire da misa de galo, do culto de fin de ano celebrado na igrexa dos Santos, en Alexandría, no norte exipcio, un coche bomba estoupou i elevouse, o que parece descarta-la idea primeira manexada polas autoridades de que fose obra dun kamikaze, porque a bomba, que se supón contiña 50 kilos de TNT [ademáis de torcas e parafusos], era difícilmente manexable por un sóo individuo. E aínda que de momento nadie reivindica o atentado, éste parece leva-la marca de Al-Qaeda, que xa o 1.11.2010, por medio do estado islámico de Irak, [unha coalición terrorista da citada organización], rubricara outro contra unha igrexa de Bagdad con data 30.10.2010 e cun saldo de 58 mortos. Mentres, o presidente exipcio Hosni Mubarak pide a cristiáns e musulmáns que se entendan; que a acción terrorista de Alexandría é realmente contra todo o pobo exipcio, con independencia da súa relixión. Parece unha interpretación algo inxenua.
-
A verdade é que a persecución contra os coptos, no Exipto, vai a máis dende hai varios anos, que xa o 20 de Decembro do 2003, en noticia datada en El Cairo, deciase que o Nadal podería ser de cada volta menos feliz prós cristiáns daquela terra, oprimidos baixo leis contra as conversiós ademáis dunha afogante discriminación legal, faltos da máis elemental libertade relixiosa. Prohibido convertirse ó cristianismo. Os cidadáns teñen, ademáis, que indicare na súa tarxeta de identificación se son cristiáns ou musulmáns. Éstos, si se convirten ó catolicismo, poden acabare en prisión, razón pola que os conversos teñen que vivire unha dobre vida. Convírtense, conservan o seu nome (musulmán).., van á igrexa, toman a comunión, pero cando saen do templo compórtanse como os clásicos musulmáns; que se son descubertos van ser arrestados, pra sofrire tortura, forzados pra revela-la identidade doutros conversos. A presión faise insofrible en Exipto.

Parece que en España, en cambio, as cousas van nunha dirección totalmente distinta. A islamización, que intenta barre-lo cristianismo nos países da súa órbita, limitare ou prohibi-la presencia de templos cristiáns, pide carta libre pra nos impoñere as súas leis ou inzare España de mezquitas. Non son frecuentes respostas como as de Noruega ou Australia, con gobernos maduros. ¿Mezquitas nos seus territorios? Cando os países islamizantes acepten a pesencia cristiáa!. Pero esto vai costa abaixo porque “hai que cambia-lo nome a unha discoteca polas súas ameazas; tragar coas carnicerías Halal en España (as que matan cordeiros, vacas ou polos degolados cara a Meca); mulleres con velo Hiyab polas nosas rúas; deixalos construir mezquitas no noso país”. Pero que un grupo de españoles vaia contra a celebración da toma de Granada raia co esperpento. ¿Qué acontece? ¿Que foi un erro a toma de Granada? Pódeo pensare así algún grupúsculo de giliprogresistas desmemoriados.

Granada non era asignatura menor. I estaba pendente. Se o día 2.01.1492 se completou o mapa dos reinos hispanos cristiáns é cuestión a celebrare, naturalmente. Coa súa conquista se acababan oito séculos de ocupación. Pero parece que algús están arrepentidos de que se concluíra a ocupación daquela terra espléndida e “levan dezaséis anos apelando á sensibilidade democrática do concello de Granada”, según din, pero desta volta e coa nova celebración da toma de Granada, non estaría de máis que meditaran [os de Granada Laica, Sos Racismo, e a Asociación pro Dereitos Humáns] sobre os 86 cristiáns mortos en Nixeria por Nadal, ou sobre os conversos ó cristianismo que sofren prisión en Marrocos, en Pakistan, Irán ou Irak, que talvez non conozan un novo Nadal. Ou sobre o último atentado de Alexandría. Que pensen neses casos se o Alzheimer llo permite. Que recen se saben; que non-os cambien a Historia.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

A MEMORIA DA DINAMITA

Cámara Santa da catedral de Oviedo, dinamitada no ano 1934, cando comezaba a guerra civil coa revolución de Asturias. A valentía das esquerdas. Os miliciáns querían matar a Deus, coese pelotón de fusilamento ante o Sagrado Corazón, no cerro dos Ánxeles, ó que España estaba consagrada. Pero foi necesaria a "dinamita"
da que tamén aquí se poden ver restos do monumento reventado.
Franco reconstrueu o monumento ó Sagrado Corazón. España volveu ser consagrada.
Agora hai alarmas en relación coa basílica da Santa Cruz, no Val dos Caídos.
-
Pontevedra, 11.11.2010
-
Entrada n. 1350. do blog
-
A MEMORIA DA DINAMITA,
por Xesús López Fernández
-
A dinamita estivo presente e pode volver estalo na historia do noso país á hora de combati-la fe, o credo católico profesado por gran parte do país. O laicismo agresivo está en marcha en forma de tsunami que quer conducirnos como se foramos un gran fato sen outro porvir que esa especie de gran gehena na que xa non cabe esperanza.
-
Privado o país de traballo, esmagada a súa economía pola incompetencia gubernamental, agora atoparon un nemigo ó que lle bota-la culpa dos nosos males: a santa cruz que tentan prohibir incluso nas aulas das escolas, como hoxe aconteceu en Almendralejo, Extremadura, pola demanda dun pai, (La Gaceta10.11.2010) que derivou en auto xudicial que establece a tal prohibición en contra da opinión dos outros país.
-
O malo do laicismo agresivo destos pacatos é que sabemos como comeza, pero non cómo vai rematar. A historia está cargada de exemplos que estas xentes, coa súa memoria capada, non queren lembrar. Por eso, e cando presuntamente foron profanadas tumbas no Val dos Caídos i están prohibindo o culto na basílica da Santa Cruz; cando os monxes benedictinos están a oficiaren misas de campaña fóra do recinto sacro, que por certo están xerando un efecto chamada, temémonos qu´os políticos poden estar a deseñaren un novo decorado de horror.
-
Por eso inclúo neste post e prá memoria dos desmemoriados fotografías de: Cámara Santa da catedral de Oviedo, dinamitada; os miliciáns que queren matar a Deus e apuntan cos seus rifles ó monumento do Sagrado Corazón, que acabarían dinamitando; o mesmo monumento reconstruído por Franco, coa conseguinte nova consagración de España e, finalmente, unha fotografía do Val dos Caídos, presente a Santa Cruz, ¿ata cándo? Porque aquí pode pasa-lo peor. E a estos sociatas de patacón pareceulles mal o aviso do Papa en relación co laicismo agresivo qu´o noso país viveu nos anos trinta, do que son testimonio algunhas das fotos aportadas. O Papa sabe Historia de España; moitas destas xentes, non, por eso construíron unha risa de Lei da Memoria Histórica que conta o que elas queren.

martes, 9 de noviembre de 2010

E TAMÉN FALOU VERA SOBRE OS GAL

Esteban, en La Razón: instantánea do posible trasfondo político. Visión presuntamente realista.
Caín, en La Razón: Outra instantánea. (Ambas instantáneas non quedan lonxe do tema tratado)
Na foto de La Razón d´hoxe aparecen Felipe González e Rafael Vera, o que fora Secretario prá Seguridade do Estado.
-
Pontevedra, 9.11.2010
-
Entrada n. 1349 do blog
-
(Neste post fálase tamén do laicismo agresivo, no que se está a exercitare o peor do socialismo, o do postfelipismo)
-
E TAMÉN FALOU VERA SOBRE OS GAL,
por Xesús López Fernández
-
Estos días atrás (El País, 7.11.2010) Felipe González fixo unhas declaraciós necias, que aparece que ademáis non caben na cabeza dun demócrata cabal. Distintos medios fixeron comentarios de calado ó tempo que acusaban ó home de ter acabado co Estado de dereito, de lle ter envenenado a alma ó noso país, á par que de deixa-lo seu niño pra acollere a novas camadas de políticos aínda a peores; que como consecuencia d´eso temos hoxe un Goberno de miseria, que parece estar embarcado, como fato de endiañados, nunha especie de loita satánica, de laicismo agresivo pr´acabare coa fe do país. Comezan a prohibi-lo culto na Basílica da Santa Cruz, no Val dos Caídos.
-
Pero vaiamos coas declaraciós de Vera, feitas hoxe no programa de La Cope "Así son las mañanas". E Vera, que sempre foi visto como unha especie de chivo expiatorio do sistema felipista, proclama a súa inocencia e afirma, ó falare da actuación dos Gal, que Felipe andaba n´eso. A Vera gostaríalle aclarar cousas, pero recomenda prudencia e non dar cancha ós terroristas. Sen embargo, non parece moi afortunado á hora de establecer comparaciós, porque parece xustifica todo o que se poida decire sobre a "guerra sucia" do Irak, pero habería que dá-la nota aclaratoria sobre por qué o seu Goberno acabou co Estado de dereito e instaurou o terrorismo d´Estado: Gal, secostro de Segundo Marey (do que Felipe falou como detención)
-
Siguen enlaces:
-
-
-
-
-

sábado, 25 de septiembre de 2010

A DESMEMORIA DE BONO

José Bono, presidente do Congreso español, acaba de soltar unha parida: que dende o 1812 ata o 1977 non houbo en España nada máis que 16 anos de libertade. (Foto de Yahooo)
-
Pontevedra, 25.09.2010
-
Entrada n. 1302 do blog
-
A DESMEMORIA DE BONO,
por Xesús López Fernández
-
José Bono, conocido tamén polas súas propiedades, naceu en El Salobre (Albacete) o 14 do mes de Nadal do 1950. Fillo dun alcalde franquista que gobernou o seu pobo de 600 habitantes ó longo de 17 anos, dí non sentir vergonza por eso ó sinalar: "Eu non me esquezo da miña historia, aínda que non quero vivir no pasado". Pero sí está no pasado, remexendo coa ferramenta da "memoria histórica" rencores de tempos pasados e demostrando, ademais, que aprendeu mal, cos Jesuítas, a historia de España.
-
Pero hai un dato importante na impudicia do seu discurso pro-republicán: a cita que fixo dos 16 anos, únicos de libertade, que houbo ó longo de case douscentos anos de historia, que ben puido decir, como comentaba Eduardo García Serrano, 36 ou 136. Pero o seu subconscente traicionouno porque os 16 anos que mentou son, sen dúbida e mal contados, os 17 anos qu´o seu pai exerceu como alcalde franquista, como si el, no fondo, sentise arelanzas do réxime do xeneral, como tantísimos españoles, porque é evidente que o réxime de libertades construído polo Goberno franquista, sobre todo cando se foi liberalizando, non ten comparanza coa dictadura e deterioro económico que estamos a vivir co réxime de ZP. Certo que a algús lles vai moi ben, sen ir máis lonxe ó propio Bono, poseedor dunha incalculable fortuna da que non quere falar. E ás fashionitas de ZP, como denominou o Frankfurter Algemeine Zeitung ás De la Vogue, Salgado, etc., ás que tamén lles vai ben no medio da miseria rampante que vive o país, instaurada polo zapaterismo.
-
Por privarnos de libertades esmagan a transparencia que debe existire en todo sistema democrático. E antre outras cousas, quérennos privar do exercicio ante a xusticia da acción popular, que contemplaba a Constitución do 1812. De pena, sí, o discurso de Bono, que ben podería presumir de franquista-pata negra, como Griñán, o presidente andaluz, fillo dun comandante de Guarda da Franco. Franquistas pata-negra que xogan á desmemoria poraue a corrupción manda.
-
Mellor ha ser que Bono non faga discursos, aínda que lle cubran as mentiras ou o arroupe o propio Fiscal General.
-
Enlaces:
-
-
-
--

lunes, 5 de abril de 2010

LULÚ NON QUERE FLORES, DE LORES

Persoaxe simpático, activa, con saúde pra coser e leer, Lulú Vázquez, que na foto de La Voz de Galicia aparece paseando con membros da familia, acaba de cumprir cen anos. Memoria histórica.
-
Pontevedra, 6.04.2010
-
Entrada n. 2010 do blog
-
LULÚ NON QUERE FLORES, DE LORES,
por Xesús López Fernández
-
A noticia trascendeu. O alcalde Lores quería achegarse ó domicilio de Lulú Vázquez, símbolo dun século, pra se face-la foto e levarlle un ramo de flores. Pero Lulú dixo ¡non!: "A ese home non-o quero ter frente miña", comentou na ocasión. "¿Cómo vou recibir ó que chamou asesino ó meu pai, cómo pretende agora visitar á filla dun "asesino"?"
-
Algo así foi a súa frase en relación co home que privou do nome dos Irmáns Vázquez Lescaille ó viario pontevedrés. ¿Lémbranse?. A rúa chamabase antes Secundino Esperón, un falanxista asesinado por medio de tiro na nuca, antes do 18.07.1936, que era ademáis unha boa persoa. Ah, pero no concello mandaban agora os comisarios políticos dispostos a desparasita-la nosa realidade, como tamén privaron á estrada de Marín do seu nome de Salvador Moreno, á par que convertían a zona vella en Gulag, o seu ideal urbanístico.
-
Lulú Vázquez poderia darlle lecciós de historia a estos "comisarios e comisarias", que acaban de mete-la pata ata as illargas. En fin, parece que Lores non ten quen-o informe, eso que está no axuntamento, como concellal non electo, Bará, o comisario político que comezou coa vaina renominadora de certas vías. Siguen un enlace de La Voz e un artículo de Sagitario-Curro Volta, do ano 2002, que non ten desperdicio. Prós desmemoriados; pró propio Lores que si daquela metera a pata, agora facíao novamente, a xogare cos sentimentos e dignidade de Lulú Vázquez, que conserva a memoria aínda que o noso alcalde a teña perdido. ¿Alzheimer habemus?
-
-
Impresentable señor Bará,
artículo de Curro Volta, 23.10.2002

Nunca imaginé que un polÌtico pudiera utilizar el Concello para convertirlo en una ikastola y lanzar infundios a los cuatro vientos tratando de justificar, falaz, torpe y torticeramente, sin que venga a cuento y sin necesidad, el cambio de nombre de calles, insultando, agraviando, mancillando e injuriando; en definitiva, ensuciando la memoria de los hermanos Vázquez Lescaílle y Fondevila, personas ya desaparecidas, causándole graves e irreparables daños morales a sus descendientes, miembros de conocidas, apreciadas y honorables familias pontevedresas.Naturalmente, el protagonista y promotor de semejante batiburrillo no podía ser otro que el edil naZionalista Luis Bará, quien colocándose el birrete rojo de la agresividad sobre esa testa en la que se le ha instalado un esfínter que le proporciona una selecta churra mental, aplica la más sibilina y refinada táctica a lo Goebbels del difama que algo queda, erigiéndose en una especie de tribunal popular, o si ustedes los prefieren en un Foucellas del siglo XX", utilizando para ello los dineros del contribuyente, incluidos, faltaría plus, los de las propias personas ofendidas. Evidentemente, esto es algo que un hombre de bien jamás hubiera hecho.Y es que el concejal de la cosa culta municipal que montó un carnaval de verano al que llama tiernamente Feira Franca sin relación alguna con la Edad Media; que pretendió anticipar el V Centenario de Santa María en medio siglo, y en un acto de la m·s pura bellaquería entra a saco en la página web oficial del Concello eliminando de ella ilustres nombres de la Historia de Pontevedra, cambiándola, ahora, investido de la ignorancia que le caracteriza quiere borrar del callejero, además de Salvador Moreno y Calvo Sotelo, el nombre de los Marqueses de Leis, por haber cometido el delito de ceder al Frente de Juventudes en el año 1944 el Pazo y finca de su propiedad, ubicado durante varios siglos en la llamada Granja de Campolongo -parte de cuyas tierras cedieron en los años 20 al ayuntamiento para la construcción del cuartel de Artillería y la avenida de Fernández Ladreda-, en cuyos terrenos la Delegación Provincial, con unos escasos recursos económicos propios de la época, construyó unas instalaciones deportivas que no tenía la ciudad, en las que se formaron y de las que disfrutaron durante casi dos décadas varias generaciones de pontevedreses -mens sana in córpore sano- muchos de los cuales militan hoy en distintos partidos políticos, incluido el BNG.Conviene recordarle a tan egregio compañeiro, que los últimos marqueses de Leis que habitaron y fallecieron en el Pazo de Campolongo, fueron, don Javier Pardo de Castro, de 36 años, comandante habilitado de Caballería, el 24 de agosto de 1940; y su padre, el Exc. Sr. Don Isauro Pardo Pardo, el 4 de agosto de 1943. En la actualidad la Real Carta de Sucesión del título de Marqués de Leis, expedido por Orden de 24 de enero de 1997, sin perjuicio de tercero de mejor derecho, pasa a doña María del Carmen Riestra y Rivero de Aguilar, cuyo primer apellido les dirá algo, ¿verdad?Sin embargo, no deja de sorprender, incluso a sus propios conmilitones entre los que se ha creado un cisma, la connivencia del grupo socialista con el BNG. En 1996 habían propuesto que se cambiara el nombre de Secundino Esperón -por cierto, falangista asesinado en Pontevedra en el año 1936, antes del 18 de julio-, y poner en su lugar el de Hermanos Vázquez Lesacaille, como así se hizo. Para mayor abundamiento, Teresa Casal -doña sensibilidades-, no ha tenido ningún empacho en aplaudir la propuesta de cargarse cualquier referencia a la época de represión franquista, a pesar de que ella no es precisamente la persona indicada para decirlo... Además, va de progre y considera necesario llevar a cabo estos cambios para cerrar de una vez viejas heridas y olvidar aquella época. Supongo que la edila debe estar en Babia aunque lo más probable es que su actitud sea producto de un sofoco, porque de las viejas heridas ya no queda ni la cicatriz. Aunque en la Boa Vila hay muchos casos, el referente más próximo lo tiene en Roberto Taboada Ribadulla -cuya familia sufrió en carnes propias las consecuencias de la Guerra Civil- que está casado con una pontevedresa de una destacada, conocida y apreciada familia falangista pontevedresa, y sus problemas no son otros que los propios de cualquier matrimonio, agravados ahora por la enfermedad del político. Ítem más: la sangre roja de sus padres corre ahora libremente por las azules venas de sus hijos sin ningún tipo de rechazo. Da la impresión de que las lenguas afiladas de determinados cenutrios lo que pretenden es volver a reabrir esas heridas y echarle sal, para así poder seguir celebrando su consabido martirologio.Y es que en un Estado de Derecho como el nuestro, gracias a Dios y a la Constitución, naturalmente, tiene cabida todo el mundo, incluso algunos individuos que son como una especie de ladillas humanas que se incrustan en el pubis de la Democracia, hasta el día que ésta, en una operación de limpieza de bajos utilice el insecticida de la verdad, la decencia y los votos, y los envíe desde el inodoro a su lugar de procedencia: O Rapadiño.

lunes, 9 de marzo de 2009

O REI XURA LEALTADE Ó FRANQUISMO.

Pontevedra, 10.03.2009
-
Entrada n. 877 do blog
-
No blog do Filóloco descobrín os videos que siguen, videos con memoria, de YOU TUBE. Particularmente interesante o primeiro deles, o da xura do Rei de lealtade ó franquismo, aínda non censurado, como sería desexo de máis dun "visionario". Existen moitos outros que relacionan a figura de D. Juan Carlos I coa chamada "memoria histórica".
-
-
-

domingo, 26 de octubre de 2008

A gran involución [27.10.2008]

Montoro, La Razón 26.10.2008. Zapatero pergúntase por qué non-o deixan entrare no Club [G5, G8, G20] aínda conocendo o contrasinal.
Esteban, en La Razón 26.10.2008. Un que afirma qu´o problema do paro en España é absolutamente apaisado, mentres fai cola no Inem.
martínmorales, no ABC 26.10.2008. Santiago Carrillo, a punto de recupera-la peluca coa posta ó día da memoria histórica.
Mingote, ABC 26.10.2008. Os nacionalistas, co seu sobregasto, teñen gran parte da culpa do que está a pasare no país.

Pontevedra, 27.10.2008

Entrada n.673 do blog

Artículo semanal, a publicar en diversos medios.

A gran involución [27.10.2008],
por Xesús López Fernández

Cada país pode ter, certamente, problemas propios. Pero faise necesario té-la capacidade de entende-la súa magnitude real pra arbitra-las medidas de urxencia precisas. De certo, moitos políticos parece que non comprenderon aínda a gravedade dos nosos males, talvez porque viven noutro mundo, na sociedade dos opulentos, con cortes de asesores e liberados que non fan outra cousa que acentua-la situación de quebranto económico do país e tampouco creen na crisis real da nación, ata o punto de que, predicadores da laicidade como relixión poden estar moi ben a consideraren, como ben apunaba Caín en La Razón do 25.10, a realidade como opio do pobo. Na lexislatura da promesa do pleno emprego, ó que chegariamos alá por marzo do 2009, contabilízanse máis de 2,6 millós de parados, o 11,33 por cen da poboación activa, a cifra máis alta rexistrada no Inem dende o 1998.

Que a crisis vaise estrando por todo o ancho mundo é algo sabido, como que se están a produciren alarmas de corrupción xeneralizada en diversos países, nos que a fantasma da nacionalización pode poñer contra as cordas a empresas punteiras, como pode acontecer na Arxentina. As bolsas, co seu tolo arrandeo de sube e baixa de acciós e índices, acrecentan tamén as alarmas. ¿Pero por qué esa inestabilidade, volatilidade, ou como queiramos chamarlle? Pois, porque a crisis económica permanece viva, aínda que os gobernos, coas aportaciós feitas ou prometidas ó sector bancario acadaron pró mesmo unha certa tranquilidade. Mai-lo paro vai a máis e telúmbrase que vai chegare ós 2.800.000 o 31.12. O drama tradúcese no aumento dun 40% das xentes que acoden ós comedores sociales e a Cáritas parroquial. E xa non se trata do probe de solemnidade e sen teito, senón de cidadáns que perderon o seu traballo ou que están impedidos de mante-la amortización da súa hipoteca.

Que nas circunstancias indicadas o noso Goberno, despois da obtusa política exterior levada a cabo, cifre as esperanzas de non sei qué en que o presidente poida estare presente na reunión a celebrar en Washington o 15.11 prá refundación do capitalismo, é algo que parece non ter tanta urxencia como a de asumir outra política interior, orientada a mellora-la fiscalidade das empresas, a mante-los postos de traballo. Pero os sindicatos non se moven, que nen CCOO nen UGT dedicaron unha soa crítica ó Goberno. Sí quere Cándido Méndez ser parte na causa aberta polo maxistrado Garzón contra o franquismo, pero non ten en conta que hai outras formas de gobernar como ben acaban de demostraren na Comunidade de Madrid, onde a tasa de paro está no 8,39. E alí, curiosamente, non se incrementou o paro, que hai 11.800 parados menos e se crearon 26.100 novos postos de traballo.

Dentro da idea da globalidade, esa posible refundación do capitalismo é algo maxinado por todo o mundo e que Esteban, en La Razón do 20.11.2008, mostraba como chiste: un cayuco cheo de negros subsahariáns, con destino ó litoral español. O que parecía ter máis mando decía “¡Van refunda-lo capitalismo. Remade afoutadamente pra coller un bo sitio!”... O PP tamén apoia a Zapatero, porque España debe estar presente, según di Rajoy... Pero as cifras do paro, o previsto incremento pró 2009 a un 14.70 según o FMI, o máis alto da UE que o BBVA estima pode chegare ó 14.90, son datos arrepiantes. Máis xentes, pois, nas colas dos comedores ou en Cáritas, atendidos pola Igrexa á que políticos de distinto pelo quérenlle capa-la axuda vía declaración do IRPF. Ese nivel de esmorecemento lévanos a unha situación non querida: a da recreación dos comedores do Auxilio Social, tamén memoria histórica. Se a Igrexa non estivese viva, o Goberno teríao que ter refundado. Terao que facer a causa da súa forma de administrar e querencia de tempos pasados.