Mostrando entradas con la etiqueta paro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paro. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de mayo de 2009

A HORA DO PARO [4.05.2009]

O primeiro de Maio, trá-las bandeiras ían Goberno e sindicalistas liberados. Foi fundamentalmente unha manifestación contra as empresas e contra a Banca, tan favorecida polos gobernantes.
-
Pontevedra, 5.05.2009
-
Entrada n. 929 do blog
-
Artículos semanal
-
A hora do paro,
por Xesús López Fernández
-
Que por razón das elecciós do 2008 chegaramos oí-la promesa de ZP dun claro horizonte laboral con pleno emprego, sabiamos que non era máis que un truco de simple marketing electoral, que non se sostiña coa política económica do seu propio Goberno ó longo do pasado mandato. O seu discurso foi cuestionado por voces críticas e hoxe, pasado máis dun ano, a cifra do paro mostra unha situación alarmante: máis de catro millós de parados, un millón de familias con tódo-los seus membros sen traballo, a fame chamando a non poucas portas; a hora dos comedores sociales. Os críticos tiñan razón. ¿Pero qué se pode facer? Porque está claro que está perdido o Norte, que non se sabe cómo reactiva-la vida das empresas, cómo xerar nova riqueza no ermo económico no que foi convertido o país: As empresas que resisten viven momentos tensos; as forzas sindicalistas, con 300.000 liberados, claro apoio do poder, son parte do problema e nada fixeron ó longo dos pasados cinco anos por chegare a consensos, a posibles acordos e vías prá creación de riqueza.
-
A cifra de poboación ocupada non mellorou coa mentira como método de goberno que, según diversos analistas, foi práctica común estos anos. Pola contra, o repunte da tasa de paro foi no 2008 de 1.280.300 persoas, que a 31.03.2009 pasa dos 4.100.000, o 17.63% da poboación activa, sendo a cifra de destrucción de postos de traballo no primeiro trimestre do ano de 766.000, a maior dende hai 32 anos. Que estos datos, según Elena Salgado, constitúan un reto pró Goberno, non explica que o seu equipo económico leve cinco anos sen reorienta-las políticas activas cara un futuro máis prometedor. É máis. Parece non existir sintonía pra un posible consenso, pra modula-las sinerxias necesarias e que o país poida seguir adiante. Quedou xa atrás a promesa de traballar por un desenvolvemento sustentable, imposible se non se toman medidas ferreñas. Porque nalgús foros apúntan cara ós sectores primarios da Economía [agricultura, gandería, pesca, enerxías renovables] como posible relevo pró necesario cambio a un modelo económico non basado no pelotazo urbanístico.
-
Pero non parece vaian por aí os discursos. Siguen amagando con máis do mesmo, transferida a culpa dos males do país, ó abeiro das europeas, a Bush e Aznar. Os sindicatos, de esquerdas, mentres convocaron contra Aznar unha folga xeral, carecen desta volta de sensibilidade, a mesma que decían sairía reforzada co goberno zapaterista. É máis, parece que xa non teñen outra función social que a de se integrar no aparato propagandístico do Goberno e de actuar como lanzarotes contra a clase empresarial e o liberalismo, contra os neocón resucitados nos últimos discursos socialistas. Pero os sindicatos revélanse impotentes pra faceren un discurso reivindicativo destinado ó Goberno, incluso nas circunstancias dramáticas que vive o país, polo que se intúe o seu próximo suicidio social, porque xa non son sindicatos de clase e, con 300.000 enlaces liberados, subvencionados, silenciados ó longo dos últimos anos, carecen de forza moral pra representaren ós traballadores.
-
Saben os sindicatos que a súa escasa imprantación antre os traballadores impediríalles unha actuación autónoma ante os poderes políticos. Non terían capacidade económica pra funcionar no caso de deixaren de estar subsidiados, incapaces de entenderen que non hai Goberno máis antisocial que o que non frea a perda de miles de postos de traballo cada novo día. A irritación está tamén agora nos que creían nos discursos do Goberno, que falaban dunha bonanza inmediata, do remedio da deriva desastrosa da economía dos sectores do ladrillo ou do sector servicios. Antes mesmo definían como optimista ó discurso de ZP, ou pensamento máxico. Pero gran parte da sociedade entendeu que non era certa a mensaxe que lles chegaba, que incluso os seus ven como unha pura estratexia calculada pra conte-lo descontento ata que a recuperación apunte, quizaves antes do 2012. Si hai sorte.

jueves, 30 de abril de 2009

O GRIPE DOS PARADOS

A economía española vai cara ó desastre final. Como consecuencia do pelotazo felipista, do ladrillazo aznarista e do bombazo de recalificaciós pra aínda máis ladrillazo zapaterista, a bonanza económica, que non se podía retroalimentar a sí mesma ó non estare basada en criterios de sustentabilidade, fixo crack i estamos en caída libre.
-
A inflación pode estar máis ou menos contida, ou disimulada, mentres sigamos dentro do euro. Pero martinmorales, no ABC, ve un contínuum entre inflación e infección, a necesaria fabricación de mascarillas, humor negro relacionado non tanto co gripe porcino, como co derivado da corrupción política e, por ende, a pandemia dos parados que hai no país. Se sobre a posible pandemia de "trancazo dos marraus" avisa a OMS, sobre o gripe do paro español falan os diversos medios e comentaristas.
-
Pontevedra, 30.04.2009
-
Entrada n. 925 do blog.
-
O GRIPE DOS PARADOS,
por Xesús López Fernández
-
Mañán é un de Maio, Día do Traballo. E mañán vanse manifesta-los sindicatos subvencionados aínda que sóo sexa pra demostraren que existen. Estiveron calados, sí, levan calados cinco anos, subvencionádo-los seus enlaces como putas do Réxime sen faceren nengunha manifestación de tipo reivindicativo, pra maior honra e gloria de ZP. E agora apréstanse, sí, pra se manifestaren contra as empresas, talvez contra as que van quedando a título testimonial; ou contra os autónomos que malviven a situación de involución do país, sen ideas de por donde debe arracanca-la economía, de ónde poden esta-los sectores emerxentes; de que posiblemente non haxa outro recurso que potencia-los sectores primarios, os que conectan coa Natureza, que sí pode ter aínda ideas se o home non-a sigue a degradar aínda máis: O mar e a montaña en Galicia, o campo, os ríos e rías, o litoral todo, a gandería ata a súa solerme agonía a beneficio dos clústers europeos.
-
Sigue un traballo aparecido no ABC, do blog de autor de Félix Madero, así titulado,
-
LA GRIPE DE LOS PARADOS,
de Félix Madero, 27.04.2009
-
Con qué facilidad enloquecemos todos, sobre todo nosotros los medios. Este, un país que se alarma porque hay un caso de gripe porcina en Albacete, y lo hace de tal manera que los boletines, los informativos de la televisión, los periódicos de hoy y de mañana dedican sus espacios y esfuerzos a este asunto, que huele a pocilga.
-No, no soy un inconsciente, la gripe puede ser importante, pero los políticos, los sanitarios y los expertos coinciden: no hay de qué temer. La prueba es que podemos comer cerdo sin ningún temor.
-
Bien…lo que molesta es la falta de eso, de consciencia, de centrar todas nuestras inquietudes informativas en asunto como este. Porque este no es ni puede ser el argumento que preocupa a los españoles. Por una extraña razón que nunca consigo explicar, ignoro los mecanismos que hacen que el foco de la atención informativa se deslice con tanta suavidad, con tan poco ruido. No sé si obedece a nuestra fragilidad profesional o si responde a la demanda de eso tan voluble y etéreo que llamamos opinión pública. A ver si un día viene alguien por aquí y nos la presenta: qué tal, señora opinión pública, buenas noches, qué se le ofrece.
-
Hay que hablar de la gripe porcina. Bien, hablemos. Pero no olvidemos que esto lo contamos al mismo tiempo que hay registrados cuatro millones de parados. A mí, con todos los respetos, lo de los millones de parados sí que me parece una peste, una gripe porcina, una gripe repugnante y crónica. Eso si que es una pandemia.
-
Vaya, lo siento, hay un afectado en Albacete. Y miles de parados en esa provincia. Y miles de españoles que sienten en su cuerpo que llevan dentro una gripe que cierra puertas, que provoca murmullos y falta de expectativas.
-Vayan por favor a los bares a media mañana y miren a algunas personas sentadas en la barra sin nada que consumir. A estos les vamos a hablar de la gripe porcina. A estos les vamos a decir que esta es la noticia, que este es el argumento sobre el que construimos la actualidad. Yo no. Yo me niego.
-
Seguramente yo sea lento a la hora de hacer coincidir la actualidad con la realidad, que de eso trata este viejo oficio del periodista… Pero sé bien que el cerdo no es noticia. Ni la gripe que lleva su nombre. Ni las tonterías que estamos diciendo.
-
Por favor, seamos serios. Seamos respetuosos con aquellos que llevan gripados tres meses, seis o dos años.

domingo, 15 de marzo de 2009

SITUACIÓN EXTREMA [16.03.2009]

En Móstoles inauguraron un comedor social nos primeiros días de marzo, no que decote xantan unhas trescentas persoas. Nas fins de semáa atenden a cen nenos. Ese é o ramo de loureiro da nosa política económica.
As colas do paro crecen cada día que pasa. Uns catro millós en contra do pleno emprego prometido por ZP nas pasadas elecciós xerales.
-
Pontevedra, 15.03.2006
-
Entrada n. 886 do blog
-
Artículo semanal remitido pró luns, 16.03.2009
-
Situación extrema,
por Xesús López Fernández
-
A verdade é que a situación extrema que vive o país e sobre a que ven de insisti-lo presidente do BBVA, Francisco González, ante os accionistas do banco era sabida pola inmensa maioría dos cidadáns dende hai tempo, sentida nas propias carnes de máis de catro millós deles. O presidente do BBVA calificou o deterioro que estamos a sofrire de emerxencia nacional, afirmando ademáis que se fai urxente un pacto de Estado; que nengún partido pode, en por si sóo, afronta-las necesarias medidas pra reactiva-la economía, caída desta volta nun círculo vicioso que afecta ás finanzas e xa non é cuestión de inserir máis diñeiro público a bancos “zombies” que non outorgan crétos; que a recesión está a danar fondamente o sistema bancario global, solagado nunha crecente perda de capital social; que a propia debilidade bancaria retroalimenta a caída libre na devandita recesión. O presidente do BBVA falou, aínda así, dun futuro esperanzador e de que o diñeiro público debe aplicarse ó saneamento das entidades débiles e pra posibilitaren o seu retorno ó sector privado.

O consumo ten recuado de forma xeral. Se acaso, é o pan de cada día o que mantén o nivel de demanda, según informan en tendas e supermercados. I é que, cun Goberno inorde, carente de ideas e de soluciós, parece que o condumio de moitas familias pasa polos comedores de Cáritas, ou por unha dieta a pan e agua, porque a situación é así de dramática. E nese sentido, pra afondare no conocemento das raíces da problemática actual, con vistas a unha posible saída da paralización habida, tamén Ramón Tamames recomendaba no curso dun debate televisivo a elaboración duns novos Pactos da Moncloa. Precisou que cando foi da súa elaboración as xentes participaran con verdadeira ilusión; que os periodistas, críticos, seguían os encontros ó tempo que pedían que se fixeran ben as cousas. Desta volta, coa marea crecente que en Madrid marca a Plataforma das Clases Medias: sanea-la política e acabare coa influencia do que Enrique de Diego denomina a casta parasitaria.

As declaraciós de Manuel Pizarro recollidas na revista “Alfa y Omega” do 12.03 van tamén nesa dirección, porque afirma que temos que reaccionar contra os malos políticos. Asegura que non entende a política nada máis que como servicio á sociedade e, de xeito moi didáctico, describe diversos fracasos: a perversión comunista de creeren que o Estado non estaba ó servicio do individuo, senón o individuo ó servicio do Estado; ou do capitalismo, no que moitos entenderon que os individuos estaban ó servicio do capital, e non ó revés. Tamén define a política e a economía como os novos cuxos ou xatos d´ouro, cando a política non é unha fin, é un servicio, e de que existe unha base moral que non se pode esquecer na procura do servicio ó verdadeiro ben común, no que tamén a relixión ten moito que decir. Defensor da vida, de toda vida, afirma non ter sentido manterse lonxe dun niño d´águia e permitir se acabe coa vida dos nenos.

En fin, neste momento de ruinas xeneralizadas, en empresas e familias, non todo é “casta parasitaria”. Por eso quero traer aquí, como referencia, un testimonio, o de Miguel Ángel Villalba, portavoz de ASIA –Agrupación Social Independiente de Avilés—, que percibe 45000 euros brutos ó ano como concellal liberado da oposición e declara sentirse impotente ó comprobare que moita xente que hai uns meses vivía sen problemas económicos, desta volta defróntase con embargos, paro e outras situaciós de pesadelo. O home asegura que non pode máis e que leva tempo meditando a súa decisión; que aínda que non vai poder facer grandes miragres, a doación íntegra da súa soldada ha servir pra axudar a algús avilesinos. O concellal, hosteleiro de profesión, afirma que non quere ser exemplo pra nadie, pero que tódo-los días, cando regresa a casa, faino remoendo na situación que estamos a vivir, sen apelumbrar un horizonte de rexeneración política. Situación extrema. Contra ela, listas abertas.