En Móstoles inauguraron un comedor social nos primeiros días de marzo, no que decote xantan unhas trescentas persoas. Nas fins de semáa atenden a cen nenos. Ese é o ramo de loureiro da nosa política económica.
As colas do paro crecen cada día que pasa. Uns catro millós en contra do pleno emprego prometido por ZP nas pasadas elecciós xerales.
-
Pontevedra, 15.03.2006
-
Entrada n. 886 do blog
-
Artículo semanal remitido pró luns, 16.03.2009
-
Situación extrema,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
-
A verdade é que a situación extrema que vive o país e sobre a que ven de insisti-lo presidente do BBVA, Francisco González, ante os accionistas do banco era sabida pola inmensa maioría dos cidadáns dende hai tempo, sentida nas propias carnes de máis de catro millós deles. O presidente do BBVA calificou o deterioro que estamos a sofrire de emerxencia nacional, afirmando ademáis que se fai urxente un pacto de Estado; que nengún partido pode, en por si sóo, afronta-las necesarias medidas pra reactiva-la economía, caída desta volta nun círculo vicioso que afecta ás finanzas e xa non é cuestión de inserir máis diñeiro público a bancos “zombies” que non outorgan crétos; que a recesión está a danar fondamente o sistema bancario global, solagado nunha crecente perda de capital social; que a propia debilidade bancaria retroalimenta a caída libre na devandita recesión. O presidente do BBVA falou, aínda así, dun futuro esperanzador e de que o diñeiro público debe aplicarse ó saneamento das entidades débiles e pra posibilitaren o seu retorno ó sector privado.
O consumo ten recuado de forma xeral. Se acaso, é o pan de cada día o que mantén o nivel de demanda, según informan en tendas e supermercados. I é que, cun Goberno inorde, carente de ideas e de soluciós, parece que o condumio de moitas familias pasa polos comedores de Cáritas, ou por unha dieta a pan e agua, porque a situación é así de dramática. E nese sentido, pra afondare no conocemento das raíces da problemática actual, con vistas a unha posible saída da paralización habida, tamén Ramón Tamames recomendaba no curso dun debate televisivo a elaboración duns novos Pactos da Moncloa. Precisou que cando foi da súa elaboración as xentes participaran con verdadeira ilusión; que os periodistas, críticos, seguían os encontros ó tempo que pedían que se fixeran ben as cousas. Desta volta, coa marea crecente que en Madrid marca a Plataforma das Clases Medias: sanea-la política e acabare coa influencia do que Enrique de Diego denomina a casta parasitaria.

As declaraciós de Manuel Pizarro recollidas na revista “Alfa y Omega” do 12.03 van tamén nesa dirección, porque afirma que temos que reaccionar contra os malos políticos. Asegura que non entende a política nada máis que como servicio á sociedade e, de xeito moi didáctico, describe diversos fracasos: a perversión comunista de creeren que o Estado non estaba ó servicio do individuo, senón o individuo ó servicio do Estado; ou do capitalismo, no que moitos entenderon que os individuos estaban ó servicio do capital, e non ó revés. Tamén define a política e a economía como os novos cuxos ou xatos d´ouro, cando a política non é unha fin, é un servicio, e de que existe unha base moral que non se pode esquecer na procura do servicio ó verdadeiro ben común, no que tamén a relixión ten moito que decir. Defensor da vida, de toda vida, afirma non ter sentido manterse lonxe dun niño d´águia e permitir se acabe coa vida dos nenos.
En fin, neste momento de ruinas xeneralizadas, en empresas e familias, non todo é “casta parasitaria”. Por eso quero traer aquí, como referencia, un testimonio, o de Miguel Ángel Villalba, portavoz de ASIA –Agrupación Social Independiente de Avilés—, que percibe 45000 euros brutos ó ano como concellal liberado da oposición e declara sentirse impotente ó comprobare que moita xente que hai uns meses vivía sen problemas económicos, desta volta defróntase con embargos, paro e outras situaciós de pesadelo. O home asegura que non pode máis e que leva tempo meditando a súa decisión; que aínda que non vai poder facer grandes miragres, a doación íntegra da súa soldada ha servir pra axudar a algús avilesinos. O concellal, hosteleiro de profesión, afirma que non quere ser exemplo pra nadie, pero que tódo-los días, cando regresa a casa, faino remoendo na situación que estamos a vivir, sen apelumbrar un horizonte de rexeneración política. Situación extrema. Contra ela, listas abertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario