jueves, 20 de agosto de 2009

Movemento STALIN VIVE

(Ilustración tomada do blog en clave humorística "Movimiento Stalin Vive, MSV".)
-
Pontevedra, 20.08.09
-
Entrada n. 1032 do blog
-
"STALIN VIVE",
por Xesús López Fernández
-
Moitos partidos e gobernos denominados falsamente progresistas parecen estar coa tentación permanente do retorno ó feroz estalinismo, á privación de libertades, á promoción, si é preciso, de novos holocaustos. O malo de todo é que parece que non, que sempre foron bos e que holocaustos, por decir holocaustos, os dos outros.
-
A descoberta do blog, mesmo a súa consulta antre os que aparecen relacionados na barra lateral da dereita, pode servir de solaz pra máis de un, sendo como é un espacio axilmente tratado, reconvertidos ó estalinismo moitos apelidos do socialismo democrático fácilmente reconocibles. Pero, en fin, democrático tamén era o estalinismo que deixou a media Europa (España incluída) chea de cadavres. Ainda que anden coa manteiga da "memoria histórica", pra contaren as cousas ó seu xeito e falsificaren a verdade.
-
Pra incentivo de curiosos deixo inserido aquí, a seguido, un enlace sobre as vacaciós socialistas, unha das perlas do blog MSV.
-
-

sábado, 15 de agosto de 2009

EN TERRA SANTA, 5

Lugar no que se sitúa o nacemento de Xesús, en Belén.
Fonte no campo dos pastores, nas aforas de Belén.
Lugar do berce de Xesús
Fresco na Basílica da Natividade. A Sagrada Familia.
A entrada á Basílica da Natividade, en Belén.
Interior da basílica. A bóveda é do século XIV. Monumento á Menorah. Ó fondo, o Parlamento.

Fragmento da maqueta que representa á Xerusalén dos tempos de Xesús.
A menorah.
Vista xeral da gran maqueta da Xerusalén de Xesús.
Na patria do Bautista, nas aforas do seu santuario.
No templo da Visitación ou do Magnificat.
Vista dende o alto de Ein Karem.
Fresco na basílica da Visitación.
Na parede do fondo se conta, en distintas linguas, a xénesis do Bautista.
Monumento á Visitación de María a Isabel, pra axudala nos últimos momentos do embarazo.
O shuk, o mercado do barrio cristián de Xerusalén.
O cardo máximo, vía romáa Norte-Sur da que se fala no traballo.
Na catedral armenia de Santiago o Maior, Xerusalén.
Na igrexa da Tumba de María, dos ortodoxos.
Cúpula do Dominus Flevit.
No Dominus Flevit.
Panorámica de Xerusalén. Á dereita da muralla vese a Porta Dourada, pola que entrou Xesús en Xerusalén. (Clicade na foto pra vela en tamaño maior)
-
Pontevedra, 15.08.2009
-
Artículo semanal pró 17.08.2009
-
Entrada n 1031 do blog
-
En Terra Santa, 5,
por Xesús López Fernández,
-
(continuación) As murallas de Xerusalén miden catro kilómetros. E teñen oito portas, sete en uso. A chamada porta Dourada, pola que Xesús entrou sobre a asna o Domingo de Ramos e pola que os xudeos din vai entra-lo seu Mesías, leva séculos tapiada. Incluso os musulmáns construíron un cimiterio naquel espacio. Afirman que un Sumo Sacerdote non pode pisa-lo camposanto. Pero son moitos os xudeos que están a mercaren a precio de ouro tumbas dese cimiterio. Incluso algús residentes nos Estados Unidos confían en que van ter nese lugar un esculcadoiro preferente pra cando se produza a entrada do seu Mesías ó son dos cornos. Un entorno causa de liortas como o da Mezquita al-Aqsa, cuia parede oeste, polo exterior, é nada máis e nada menos que o Muro das Lamentaciós, un dos escenarios “quentes” do conflicto árabe-israelí. A arqueoloxía non cesa na pescuda e redefinición de espacios. Demasiada historia por inventariar nunha cidade relativamente pequena.

A división da urbe nos catro barrios existentes ven dos tempos nos que Roma trazou dúas vías: unha Norte-Sur, o Cardo Máximo, hoxe en parte restaurado; outra Este-Oeste. Os catro cuarteles resultantes definen os barrios: NO, o cristián, coa presencia da Basílica do Santo Sepulcro, Calvario e Resurrección; SO, o armenio, polo que entraramos o 11 de Xullo prá nosa visita á súa catedral de Santiago o Maior; NE, o barrio musulmán, o máis grande, no que están situadas as dúas mezquitas sobre o solar do que fora o templo de Salomón; SE, o barrio xudeo, co seu lugar sagrado, o Muro das Lamentaciós. Unha cidade tantas veces agredida, (arrasado o templo de Salomón; arrasado tamén o de Herodes poucos anos despois da profecía de Xesús), poucas afinidades ha gardar coa cidade que conoceu o Mesías, e na que foi xuzgado, sentenciado i executado nun xuicio rápido incomprensible.

O 12 de Xullo saímos cedo cara ó Sudoeste, a Ein Karem, a “Fonte da Viña”, a terra de Xohán o Bautista. Xohán ven de Yohohanan, que significa “Yahvé foi favorable” en hebreo, según leo na obra de Daniel Rops. Sabido é que a mellor guía de Terra Santa son os Evanxelios. Pero algo hai no chamado “quinto Evanxelio” (a cita dos palmeiros coa Terra Santa) que nos achega ós protagonistas da Historia Sagrada, que podemos maxinalos en Cafarnaúm ou Nazareth, no monte Tabor ou no deserto de Xudea. Ou en Ein Karem, onde Zacarías, que era ancián, pedíralle un sinal a Gabriel, o arcánxel que lle comunicara que os seus rezos foran oídos e había ter un fillo, grande dediante do Señor, de nome Xohán. Pola súa edade e pola de Isabel non lle parecía posible o afirmado por Gabriel. E o sinal arcanxélico foille imposto. Quedou mudo ata que naceu o Bautista. E cando debatían sobre o nome do recén nacido, Zacarías pideu unha tableta na que escribeu: “O seu nome é Xohán”. Destrabóuselle a lingua e comezou a falare. E alí estabamos pra visita-la igrexa do Bautista e o Santuario da Visitación ou do Magnificat, que conmemora a visita de María á súa prima Isabel. A tradición di que a fonte naceu do encontro das dúas primas.

Seguimos camiño con paradas ante o Parlamento e ante unha gran Menorah de bronce, candelabro de sete brazos. Tamén visitámo-lo museo do libro, onde existe unha exposición sobre Qumran e os seus manuscritos, e unha enorme maqueta que pretende recrea-la Xerusalén vella dos tempos de Xesús, a cidade dos sacerdotes na que por momentos traballaron nas obras de Herodes dez mil ou dezaoito mil obreiros, incluso sacerdotes que conocían o oficio de canteiro. Regresamos axiña pra xantare e sair de novo cara Belén, pra visitare unha aldea cristiá, Bet Satura, habitada por xentes moi homildes. Estivemos tamén na basílica da Natividade, levantada sobre a gruta ou furna do nacemento de Xesús. Organizar cultos no santuario resulta difícil, porque armenios, ortodoxos e católicos teñen que se turnar. Ademáis que a chave da basílica téna unha familia musulmáa, a perpetuidade. (continuará)

sábado, 8 de agosto de 2009

EN TERRA SANTA, 4

Parte alta do ímbedon no que está a pedra da "Ascensión".
Pedra qu´a tradición sinala como a última qu´o Señor pisou antes d´ascendere ós ceos.
No barrio armenio parece deterse o tempo.
Mosaico armenio, no exterior da súa catedral.
Bóveda da catedral de Santiago o Maior, dos armenios.
Outro aspecto parcial do interior do templo.
Pórtico da catedral.
Barrio armenio de Xerusalén.
Interior da igrexa ortodoxa católica da Tumba de María, que se afunde baixo terra.
Aspecto interior da dita igrexa.
A que consideran tumba da Virxe, que celan permanentemente.
Escadeira d´acceso á igrexa da Tumba de María.
Detalle interior.
Santuario convento das carmelitas francesas, do Páter Nóster.
O guía do noso grupo diríxenos unhas palabras nun momento da visita, sempre complementadas as súas intervenciós coa correspondente lectura escriturística.
Santuario-convento do Páter Nóster, presentado en máis de cen linguas. Tamén en galego. No galegués do Diktatt aínda non.
Outro detalle do templo.
Ímbedon e paredón do entorno, que acolle a rocha viva dende a que Xesús ascendeu ós ceos.
Na igrexa de Lázaro aprécianse as palabras: "Ego sum resurrectio et vita", ditas por Xesús e que recolle o Evanxelio de San Xohán.
Detalle do Horto dos Olivos.
Columnata da fachada da Basílica da agonía ou das Naciós.
Frontis do templo.
Detalle interior. A basílica ten doce cúpulas.
Momento da celebración eucarística do 11.07.2009
Necrópolis xudía, donde unha tradición arcana sitúa a celebración do Xuicio Final, sobre o Val de Josafat.
Panel do templo do Páter Nóster. No do medio aparece en lingua galega. Reitero, aínda non inventaran o galegués, pero xa había certo peligro.
-
Pontevedra, 9.08.2009
-
Entrada n. 1030 do blog
-
Artículo semanal
-
En Terra Santa, 4,
por Xesús López Fernández

-
(continuación). Regresemos ó 11 de Xullo, ó Monte dos Olivos. O ímbedon da cima, unha pequena construcción octogonal do tempo dos cruzados e actualmente propiedade dunha familia islamita, permanece aberto ós peregrinos pra que alí poidan contempla-la rocha viva da montaña dende a que Xesús ascendeu, separouse dos seus. Case ó lado, o convento-santuario do Pater Nóster, atendido por unha comunidade de monxas carmelitas francesas, mostra a nosa oración máis universal escrita en máis de cen linguas, tamén en galego. A tradición di que foi nese lugar onde Xesús mostrou ós seus discípulos cómo tiñan de orar. A partir dese lugar e baixando cara ó santuario franciscán do Dominus Flevit, deixamos á esquerda unha gran necrópolis xudea, sobre o val de Josafat, na que unha vella tradición sitúa o escenario do Xuicio Final. O Dominus Flevit, un espacio moi coidado, lembra o pranto de Xesús pola cidade que non tiña aprendido a lección da paz. É unha obra de Barluzzi, pensada tamén como esculcadoiro da vella Xerusalén, cun ventanal trá-lo altar que permite a visión panorámica da cidade santa. Seguimos camiño.

Chegamos a Getsemaní, que significa “muíño ou prensa de aceite”, onde o horto está afortunadamente coidado polos franciscáns. Dende alí accedimos a unha celebración eucarística na Basílica da Agonía ou das Naciós. Varias naciós, tradicionalmene católicas, contribuíron á construcción deste templo que conmemora un momento decisivo na vida de Xesús e da nacente Igrexa. A fachada mira cara a cidade e sustenta un gran frontispicio, un enorme mosaico que recolle o momento no que Xesús comeza a súa pasión. Nova panorámica de Xerusalén, máis á man, co protagonismo evidente da muralla e a mezquita de Omar. Baixamos cara Betania, a aldea de Marta, María e Lázaro, os amigos de Xesús. O relato evanxélico ten, despois da visita, outra dimensión. Consérvase a tumba do propio Lázaro e nunha igrexa a el dedicada léense, nun dos retablos existentes, as palabras de Xesús: “Ego sum resurrectio et vita”, ditas con ocasión da resurrección de Lázaro. Aínda visitamos outra igrexa, ortodoxa católica, na que se rende culto á chamada tumba da Virxe María.

Retirámonos a xantare. Un descanso mínimo pra dirixirnos á vella Xerusalén. A cidade antigua ten catro barrios: o cristián, o xudeo, o árabe e o armenio. I é cidade con lugares santos pra tres relixiós. Ós xudeos gustaríalles reconstrui-lo templo de Salomón, do que se supón hai restos importantes baixo o largo existente antre as mezquitas de Omar e a de Al Aqsa. Pero o noso obxetivo principal dese serán era o de visita-lo barrio armenio, cerrado en si mesmo. Díse que os armenios son decendentes de Noé; polo menos sábese que se constituíron como pobo no Cáucaso, no entorno do monte Ararat. E teñen a gala o feito de sé-la nación que primeiro se convirteu ó cristianismo, en masa. En Israel, nos territorios palestinos i en Xordania viven uns dez mil fieles dependentes do Patriarcado Armenio da Terra Santa. O patriarca reside alí e foi visitado por Benedicto XVI no pasado mes de Maio, na súa viaxe a Israel. A súa basílica catedral (construída no século XII) está dedicada a Santiago o Maior, primeiro bispo de Xerusalén. E alí fomos pra asistire a un oficio de vísperas.

Despois da celebración recorrimos novamente o barrio no que parece deterse o tempo, pra seguidamente internarnos no barrio xudeo, cara ó Muro das Lamentaciós. Era Sábado, o seu Sabatt, e a xente acodía ó lugar, pra orar. O espacio non está cerrado ós xentiles. É preciso pasa-lo control establecido, como nunha aduana. Ó muro, no que sí hai restos do segundo templo, acceden separadamente os homes e as mulleres, que deberán cobri-la cabeza. Álgús concretan a súa petición escribíndoa nun papel (unha oración, un poema pola paz), que depositan nalgunha das moitas oquedades existentes. Os xudeos ultraortodoxos, coa súa forma particular de vestir, son frecuentes no lugar. Seguiriamos polo barrio, cara outros lugares… (continuará)
-
Enlace: