jueves, 20 de agosto de 2009

Movemento STALIN VIVE

(Ilustración tomada do blog en clave humorística "Movimiento Stalin Vive, MSV".)
-
Pontevedra, 20.08.09
-
Entrada n. 1032 do blog
-
"STALIN VIVE",
por Xesús López Fernández
-
Moitos partidos e gobernos denominados falsamente progresistas parecen estar coa tentación permanente do retorno ó feroz estalinismo, á privación de libertades, á promoción, si é preciso, de novos holocaustos. O malo de todo é que parece que non, que sempre foron bos e que holocaustos, por decir holocaustos, os dos outros.
-
A descoberta do blog, mesmo a súa consulta antre os que aparecen relacionados na barra lateral da dereita, pode servir de solaz pra máis de un, sendo como é un espacio axilmente tratado, reconvertidos ó estalinismo moitos apelidos do socialismo democrático fácilmente reconocibles. Pero, en fin, democrático tamén era o estalinismo que deixou a media Europa (España incluída) chea de cadavres. Ainda que anden coa manteiga da "memoria histórica", pra contaren as cousas ó seu xeito e falsificaren a verdade.
-
Pra incentivo de curiosos deixo inserido aquí, a seguido, un enlace sobre as vacaciós socialistas, unha das perlas do blog MSV.
-
-

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Hai un político con exercicio en Pontevedra que ten un certo parecido con Stalin.
Xa Rivas Fontán fixera ese comentario nas últimas ou nas penúltimas elecciós.