domingo, 14 de noviembre de 2010

OS LOMBOS E AS AMBULANCIAS

O exceso d´altura dos lombos pontevedreses poden representare, en máis dun caso, a última carreira dos feridos cara a eternidade. (Foto de La Voz)
Este ferido salvouse, talvez, polos pelos, por resistire ou polo feito de té-la ambulancia un conductor experto.
-
Pontevedra, 14.11.2010
-
Entrada n . 1354 do blog
-
OS LOMBOS E AS AMBULANCIAS,
por Xesús López Fernández
-
A crónica de La Voz de Galicia, periodismo d´investiación, pon sobre da mesa o que moitas veces nos temos perguntado, sobre se os lombos do concello pontevedrés, nalgús casos sobredimensionados, non representarían un certo factor de criminalidade cando as ambulancias corren cara ós hospitales e teñen que estare no destino, prá atención dos lesionados, en sete minutos. Nalgús casos, pra eses enfermos pode non haber novas oportunidades, porque ése é o límite, pero mellor ilustran as noticias de La Voz de Galicia, das que siguen enlaces.
-
Eu podería traer aquí, polo miúdo, o relato dunha morte por non ter accedido a ambulancia, na zona vella, ó seu destino, bloqueado o traiecto polo incumprimento da normativa de veladores, barreira real, como tamén o posto dunha polbeira, ata o punto de que nen tan siquer foi posible levare unha padiola ó domicilio da enferma. Total, baixárona nunha silla e, naturalmente, perdéronse uns minutos, os suficientes como pra que en Montecelo non puideran facer practicamente nada ademáis de certifica-la súa morte.
-
-

sábado, 13 de noviembre de 2010

OS PRACERES, TEMPO ELECTORAL

Foto do vello blog da Plataforma d´Os Praceres. Unha visión dantesca, unha panorámica de cómo se culmina a obra do ferrocarril ó tempo que as presuntas mafias [intermediadas pola Autoridade Portuaria] proseguían cos recheos deshonestos. Ambas obras serían declaradas ilegales por sentencias do TS.
As marismas de Lourizán. Visión idílica dun recanto do vello "Lourizán na memoria". Esta foto ilustra a cabeceira do novo blog da Plataforma.
-
Pontevedra, 14.11.2010
-
Entrada n . 1353 do blog
-

OS PRACERES, TEMPO ELECTORAL,

Por Xesús López Fernández
-

Hai noticias, ás veces contradictorias, sobre cómo hai que mover peza na parroquia mártir d´Os Praceres. I é que os partidos parece que agora, coas elecciós á vista, queren ofrecer soluciós en relación coa execución das sentencias firmes dictadas polo Tribunal Supremo do Estado, comezando pola que decreta o levantamento do ferrocarril. Mellor dito, en principio parece que hai un intento de achegamento ás xentes da Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres en relación coa execución da primeira das sentencias. E así, un dos proiectos do ministerio de Fomento propón o soterramento da vía ó servicio de non se sabe qué porto, xa que o Plan Especial pró mesmo, por carencia de estudio de impacto ambiental conforme tiña argumentado a citada Plataforma, revocou a sentencia do TSXG [que desestimaba a demanda veciñal en marzo do 2005], declarando o 27.10.2009 como ilegal o recheo de 30 hectáreas. I esta sentencia tamén debe ser executable; o contrario suporía deixare prás futuras xeneraciós un leigado maldito: a desfeita aloucada dunha ría.

-

Pero os partidos están a quentare motores, mesmo a prepara-lo discurso sobre o Estado de dereito, que aquí non sabemos ben quén o defende. Si sabemos que o defenderon as xentes d´Os Praceres co exercicio da acción popular, como outros colectivos. I é por esa vía como aínda se estivo a salva-la definición de Estado democrático de dereito, porque os cidadáns, amparados pola Constitución, poden exerce-la acusación pública, dereito básico basado no noso ordeamento xurídico, algo que o ministro Caamaño quere limitar, non anular porque sería anticonstitucional. Así que a Lei de Enxuiciamento Criminal disponse a limitalo, non eliminalo “pra respeta-la Constitución”, o que algús xuristas definen como golpe de morte. Os veciños sempre tiveron presente que as cousas non estaban a funcionar e que [o TS daríalles a razón] mesmo cando sofriron as cargas da policía pola súa oposición á construcción do ferrocarril pola praza d´Os Praceres, estaban a defenderen o citado Estado de dereito. Cuestión chocante, ¿non-sí?, que precisaría dunha explicación convincente: ¿Por qué os agredeu a policía, quén foi o culpable do enfrontamento? Aí deixámo-la pergunta.

-

Méntre-lo PSOE necesita dun maior créto electoral, as ofertas de Fomento de soterrare o tren parecen ir nesa dirección prá lle facilitare ó partido a construcción dun discurso que seguiría capado se non se aborda a execución das outras sentencias. Pero o Concello baralla outra idea: un cambio total do trazado, un desvío por túnel de 4000 metros que evitaría o paso do tren por Mollavao e Os Praceres, unha terceira vía que Fomento non chegou explorar e que o Concello lle propón como alternativa. Digamos, si acaso, que o ferrocarril construído era un proiecto de hai máis de cen anos; que o propio ministerio de Medio Ambiente da Administración Aznar era oposto a el, argumentando que invadía 55000 metros cuadrados de terreo demanial e que representaría un perfil duro, un impedimento pró acceso a todo o que é dominio público marítimo terrestre [as Marismas de Lourizán, Mollavao] unha vez vencída-las concesiós das industrias alí presentes.

-

Cada grupo coa súa paella electoral e a preparación do discurso sobre do Estado de dereito no que gran parte da sociedade civil non cree: As xentes d´Os Praceres que siguen sendo noticia e non se renden, posiblemente van presenta-la súa candidatura prás próximas elecciós. O seu discurso é ben claro e descalificatorio prós outros grupos: “Nós si defendémo-lo Estado de dereito”. No Tribunal Supremo sábeno, saben que foi ese colectivo cidadán o que “chamou ás súas portas” pra ver se alí aínda estaba, bunkerizado, o Estado de dereito. E sí, estaba. Eles poden pedir, sí, un voto reflexivo, clamar pra que a sociedade non se comporte como un fato de ovellas á hora de votar, porque os partidos só queren ese voto pra mandare, non prá defensa do Estado de dereito que sí fixeron os veciños d´Os Praceres.

-

Enlace: PlataformaPrazadeOsPraceres.

viernes, 12 de noviembre de 2010

NOVAS SOBRE OS PRACERES

As entalladas --¿en Lourizán, en Poio?-- foron un factor importante na sustentabilidade da economía.
Siguen os recheos en Marín. Creen algús qu´os portos poden crecer infinitamente, a costa de aniquilare un espacio finito, como esta ría.
Esta foto do Faro expresa ben ás claras a fractura da ialma da parroquia mártir d´Os Praceres-Lourizán.
Manifestación organizada polos defensores do Estado de dereito, as xentes da Plataforma d´Os Praceres, contra un tren d´inxusticias. Mozo detido pola Policía Nacional, por se opoñere á construcción do ferrocarril. Reiterámo-la pergunta: ¿Pra quen traballaba esa policía se o tempo, por sentencia do TS, demostrou qu´os defensores do Estado de dereito foron os opositores ó tren, ó tren d´inxusticias? ¿Quén foi o capo?
Moncho, veciño d´Os Praceres, mostra o seu negrón,
o mesmo que Ramiro, outro veciño da parroquia.
-
Pontevedra, 12.11.2010
-
Entrada n . 1352 do blog
-
NOVAS SOBRE OS PRACERES,
por Xesús López Fernández
-
Queren algús salvar, deixare como leigado maldito prás xeneraciós futuras, prá propia natureza, a desfeita aloucada da ría, balance no que poderiamos enuncia-la desecación das xunqueiras no fondo da ría, o que motivou a súa perda de calado, mesmo o abandono de prácticas como as famosas entalladas, fontes de fartura, tema da foto primeira.
-
Virían despois as industrias de enclave colonialista, Ence, Elnosa, e outras actuaciós denunciables e denunciadas sen qu´os mandantes entren no tema. A propia construcción da autopista é tamén unha actuación colonialista ou o enclave da Edar n´os Praceres, presuntamente ilegal, e na que se están a invertiren cartos da UE, que se se produce unha afloración de sentido común, haberá que devolver a Europa.
-
As sentencias do TS deben executarse. Polo pronto andan a xogaren co tema, a tentaren nos vende-la burra, Fomento con dous proiectos, un que soterraría o ferrocarril pra nengún porto, porque o que lle daría sentido sería o de mantere vivo ese porto sobredimensionado e tamén sentenciado polo TS, ilegal en gran parte, polo tanto.
-
Qu´o Bloque propoña agora a construcción dun "novo" ferrocarril, afastándoo da traza que leva o actual, o da corrupción, tería sentido noutro momento, e si se entende que é útil facelo por medio dun túnel de catro kilómetros que salvaría a zona das Candorzas d´Abaixo, as Estrigueiras, Mollabao e o propio Os Praceres, eso podería marca-lo comezo da recuperación das marismas de Lourizán. Sería cousa de vontade política. Pontevedra volvería ser porto de mar, tería praia.
-
Ós veciños d´Os Praceres, de momento, parece que, polo carreiro xudicial, non lles chegou nova comunicación. E no Tribunal Supremo saben que foi ese colectivo cidadán o que "chamou ás súas portas", pra ver se alí aínda estaba, bunkerizado, sí, o Estado de dereito. Pero as elecciós están aí e, antes que de execución de sentencias, están ensaiando distintos discursos. Consideran qu´os cidadáns somos un fato d´ovellas e queren que exercitémo-lo dereito a votar. Mellor dito, que lles votemos cando realmente nengún dos partidos instalados no poder son dignos de créto.
-
Enlaces:
-
-
Nota.- Hemos presentar con frecuencia, neste blog, fotografías da loita da parroquia d´Os Praceres en defensa da súa dignidade. Animádeos a que se presenten ás próximas elecciós porque eles sí teñen unha ópera prima: "Nós sí defendémo-lo Estado de dereito".
-