sábado, 13 de noviembre de 2010

OS PRACERES, TEMPO ELECTORAL

Foto do vello blog da Plataforma d´Os Praceres. Unha visión dantesca, unha panorámica de cómo se culmina a obra do ferrocarril ó tempo que as presuntas mafias [intermediadas pola Autoridade Portuaria] proseguían cos recheos deshonestos. Ambas obras serían declaradas ilegales por sentencias do TS.
As marismas de Lourizán. Visión idílica dun recanto do vello "Lourizán na memoria". Esta foto ilustra a cabeceira do novo blog da Plataforma.
-
Pontevedra, 14.11.2010
-
Entrada n . 1353 do blog
-

OS PRACERES, TEMPO ELECTORAL,

Por Xesús López Fernández
-

Hai noticias, ás veces contradictorias, sobre cómo hai que mover peza na parroquia mártir d´Os Praceres. I é que os partidos parece que agora, coas elecciós á vista, queren ofrecer soluciós en relación coa execución das sentencias firmes dictadas polo Tribunal Supremo do Estado, comezando pola que decreta o levantamento do ferrocarril. Mellor dito, en principio parece que hai un intento de achegamento ás xentes da Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres en relación coa execución da primeira das sentencias. E así, un dos proiectos do ministerio de Fomento propón o soterramento da vía ó servicio de non se sabe qué porto, xa que o Plan Especial pró mesmo, por carencia de estudio de impacto ambiental conforme tiña argumentado a citada Plataforma, revocou a sentencia do TSXG [que desestimaba a demanda veciñal en marzo do 2005], declarando o 27.10.2009 como ilegal o recheo de 30 hectáreas. I esta sentencia tamén debe ser executable; o contrario suporía deixare prás futuras xeneraciós un leigado maldito: a desfeita aloucada dunha ría.

-

Pero os partidos están a quentare motores, mesmo a prepara-lo discurso sobre o Estado de dereito, que aquí non sabemos ben quén o defende. Si sabemos que o defenderon as xentes d´Os Praceres co exercicio da acción popular, como outros colectivos. I é por esa vía como aínda se estivo a salva-la definición de Estado democrático de dereito, porque os cidadáns, amparados pola Constitución, poden exerce-la acusación pública, dereito básico basado no noso ordeamento xurídico, algo que o ministro Caamaño quere limitar, non anular porque sería anticonstitucional. Así que a Lei de Enxuiciamento Criminal disponse a limitalo, non eliminalo “pra respeta-la Constitución”, o que algús xuristas definen como golpe de morte. Os veciños sempre tiveron presente que as cousas non estaban a funcionar e que [o TS daríalles a razón] mesmo cando sofriron as cargas da policía pola súa oposición á construcción do ferrocarril pola praza d´Os Praceres, estaban a defenderen o citado Estado de dereito. Cuestión chocante, ¿non-sí?, que precisaría dunha explicación convincente: ¿Por qué os agredeu a policía, quén foi o culpable do enfrontamento? Aí deixámo-la pergunta.

-

Méntre-lo PSOE necesita dun maior créto electoral, as ofertas de Fomento de soterrare o tren parecen ir nesa dirección prá lle facilitare ó partido a construcción dun discurso que seguiría capado se non se aborda a execución das outras sentencias. Pero o Concello baralla outra idea: un cambio total do trazado, un desvío por túnel de 4000 metros que evitaría o paso do tren por Mollavao e Os Praceres, unha terceira vía que Fomento non chegou explorar e que o Concello lle propón como alternativa. Digamos, si acaso, que o ferrocarril construído era un proiecto de hai máis de cen anos; que o propio ministerio de Medio Ambiente da Administración Aznar era oposto a el, argumentando que invadía 55000 metros cuadrados de terreo demanial e que representaría un perfil duro, un impedimento pró acceso a todo o que é dominio público marítimo terrestre [as Marismas de Lourizán, Mollavao] unha vez vencída-las concesiós das industrias alí presentes.

-

Cada grupo coa súa paella electoral e a preparación do discurso sobre do Estado de dereito no que gran parte da sociedade civil non cree: As xentes d´Os Praceres que siguen sendo noticia e non se renden, posiblemente van presenta-la súa candidatura prás próximas elecciós. O seu discurso é ben claro e descalificatorio prós outros grupos: “Nós si defendémo-lo Estado de dereito”. No Tribunal Supremo sábeno, saben que foi ese colectivo cidadán o que “chamou ás súas portas” pra ver se alí aínda estaba, bunkerizado, o Estado de dereito. E sí, estaba. Eles poden pedir, sí, un voto reflexivo, clamar pra que a sociedade non se comporte como un fato de ovellas á hora de votar, porque os partidos só queren ese voto pra mandare, non prá defensa do Estado de dereito que sí fixeron os veciños d´Os Praceres.

-

Enlace: PlataformaPrazadeOsPraceres.

No hay comentarios: