domingo, 16 de diciembre de 2012

Ence, algunhas consideraciós

Ás veces presentan esta fotografía artística de Ence, pra que algún subnormal contemple a factoría como unha especie de gran discoteca e non como o factor de exterminio da ría toda, incluso da colonización de Galicia con prantaciós masivas de eucaliptos pra cuia salvación están valéndose desta volta dend´o clúster Aspapel prá promoción de fumigaciós aéreas de flufenuxerón, insecticida de gran peligro (prohibido na UE) e que se transmite pola cadea alimentaria, ademáis doutros peligros que no seu uso e manipulación se dan. A Xunta, despois de ter falado moitas veces da marcha de Lourizán da factoría, acaba de inserir no DOG do pasado 13.12.2012 o plan sectorial industrial do ano 2003 prá lexitimación do complexo e outras burradas, cando estamos ante un caso de nulidade radical. Un caso de claro intercambio, como foi a doación de Monte Gaiás, en Santiago, a Fraga, que este home compensou cun decreto de supramunicipalización sectorial pra así tentar acabare co terreo demanial, entregarlle as Marismas de Lourizán, a José Luís Méndez, o que fora presidente de Caixagalicia, tamén de Ence, S.A.

Pontevedra, 16.12.2012
Entrada n. 1588 do bolog
Artículo semanal


Ence, algunhas consideraciós,
por Xesús López Fernández

            Ence non cesa como noticia dende hai algús meses. Parecía que o tema estaba un tanto sereado, que logo estaría prá execución a sentencia da Audiencia Nacional do mes de Xuño do pasado ano (recurrida en casación), pola que se ordea ó MARM a cancelación da concesión da vella pasteira, da que presuntamente carece a empresa actual, Grupo Empresarial Ence, S.A. Pero parece lle queren dar corda dende algunhas administraciós sen que se vexa unha actitude cabal por parte de nengún político. Porque son moitas as cousas que hai que contabilizare á hora de valora-la presencia do complexo clorocelulósico nas Marismas de Lourizán, a gran riqueza aquí estragada. ¿Recuperámo-las marismas prás convertire na praia de Pontevedra, en banco marisqueiro, nun “Lourizán, bandeira azul”? ¿Cómo están temas como o do emisario, ten concesión? ¿Cómo o da edar, con tóda-las connotaciós de ilegalidade, construída en terreo concesional da antigua Ence non segregado, en terreo demanial i en contra do disposto na Lei de Costas?   

            Teñamos presente o establecido no art. 44.6 da Lei de Costas do 1988, que establece (traduzo): “As instalaciós do tratamento d´augas residuales terán de se emprazaren fóra da ribeira do mar e dos primeiros 20 mt. da servidume de protección. Non será autorizada a instalación de colectores paralelos á costa dentro da ribeira do mar. Nos primeiros 20 metros fóra da ribeira do mar se prohiben os colectores paralelos”. A ésto cabería engadir aquí que a Ence non lle foi aprobada a solicitude de desafección de Lourizán, como tamén o decreto sinado por Cristina Narbona, última ministra de Medio Ambiente, no sentido de que esas marismas, como dominio público marítimo-terrestre que son, teñen o carácter de “inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación”. Pero aquí parece que os políticos non souberon ou non quixeron face-los deberes, cando realmente hai moitas cuestiós a estudiar sobre o que foi unha constante da presencia do complexo clorocelulósico, en relación coa nosa saúde e convivencia.

            Partamos da base de que todo espacio degradado é recuperable; que mesmo esa recuperación debería comezar co PXOM, si se redactase unha Axenda21 Local de verdade, democrática, prá recuperación do capital natural. Pero, non, non seguímo-lo exempro de cidades como Vitoria, cidade europea verde por excelencia. E desta volta, cando a Xunta parece quer volvere co plan sectorial fraguián do 2003 (presunta contraprestación da doación de Monte Gaiás), sobre o que pode non caber outra definición que a de nulidade radical; que queren converti-la zona en industrial, algo xa negado en pleno franquismo, no 1973; que mesmo foi o primeiro ministerio de Medio Ambiente creado polo Goberno de Aznar o que estableceu aquí o deslinde litoral.E o goberno local tampouco parece estar polo labor dunha rexeneración cabal  das marismas; que mesmo andan a xogaren co posibilismo da construcción dunha pasarela en terreo demanial, que remarcaría, xunto coa loucura das obras feitas por Fomento, a configuracion de Lourizán como gran chousa urbanística.

            Parece que, dialécticas á parte, os tres partidos marchan dacordo no deseño da fin desta ría, da que a súa riqueza natural, peixes e moluscos, está baixo sospeita. Hai puntos moi graves en toda esta historia inerminable de contaminación na que os políticos, parece que convertidos en estatuas de sal, non mostraron nunca unha vontade real na aplicación da Lei. ¿Pero qué pasa? ¿É que todo se resolve, pra manteren o mandiño, con falsas promesas de ecoloxismo? Na intrahistoria que ven dend´o 1958, cando se lle outorgou a concesión á Empresa Nacional de Celulosas de Pontevedra, S.A., un pode presumir que hai cousas moito máis graves que o asunto dos tres traxes de Camps, o expresidente da Comunidade Valenciá. Pero o PSOE,  mudo, non acusa aquí. Ence, mentres tanto, sigue condicionando as nosas vidas.

viernes, 14 de diciembre de 2012

A travesía co naseiro (2)

Fantasía fractal sobre as "nove ondas da Lanzada", as ondas da fecundidade. As mulleres estériles tomaban aí o seu baño ritual pra ver así de ter familia. Pensemos tamén que poden representa-lo movemento contínuo dun mar sempre vivo. Punta da Lanzada, un dos nomes que Colón levou a América, como tamén o do Porto Santo (Poio), hoxe cegado, que no fondo da ría debeu ser testigo da aprendizaxe do home, dos seus enredos coa mar. E, curiosamente, frente por frente, na outra banda da ría, aínda hai poucos anos, uns quince, que foi derrubada a casa solar de Sarmiento de Gamboa, o primeiro navegante científico do século XVI, ó que debémo-los primeiros mapas do litoral chileno.

(Éste é o segundo dos artículos da serie de "A travesía co naseiro").


Pontevedra, 14.12.2012
Entrada n. 1587 do blog

  
.he xornal diario - cartas ecolóxicas (15)  26.o2.92
                   
A TRAVESIA CO NASEIRO (2),
por Xesús López Fernández

     O equipo de televisión dispuxo aínda algunhas tomas antre as bateas e unha breve entrevista coas xentes que alí estaban a traballaren, levantando as cordadas de mexilón pra dispoñeren a pesaxe da  mercancía.  O  polígono de Raxó podía estar na  conta  atrás, cuestionado aquel molusco como "producto galego de calidade".

     -"¿En qué medida pode afecta-lo tubo emisario  ás  economías destas xentes?", foi a nova pergunta dun membro do equipo.

     -"Na  medida na que lles vai situar aquí,  a pé de batea,  o mercurio e mái-los organoclorados.  Pode representa-la súa ruína. Non esquezamos que os franceses tiñan xa información puntual destas cuestiós no ano 1978, o que aquí sempre se tentóu negar. Pero existe documentación contrastada.E houbo que elimina-las mexiloeiras do norte da illa", dixo un dos homes alí presentes.

     Impartíranse instrucciós pra filmare un novo travelling, cun primeiro tempo de bateas pra,  coa motora do naseiro aproada cara Punta Placeres,  filmar novamente a boia do emisario,  a marca da que  en pouco tempo vai funcionar como unha nova ferida aberta na nosa ría. ¿Qué efecto se podería derivar do alarmante informe que a consellería de Pesca tiña no seu poder,  según o cal a posta en marcha do emisario podería agrava-la situación aínda máis?

     A  motora  tentóu entrar na zona dos placeres  de  Lourizán, pero había aínda pouco calado e podía varar.  Foi preciso cambiar de plans, achegarse de novo a Estribela pra recoller unha gamela,a modo de embarcación auxiliar, pra que os cámaras puideran face-lo seu traballo de filmación da enxurrada fumegante que o complexo estaba a verter ó abeiro da marea a encher, convertindo o fondo da ría en auténtica balsa de decantación.

     Naturalmente, o grupo tivera que se dividir. Algús permanecimos na motora, botada a áncora en frente do noutrora famoso colexio d´Os Placeres.  Méntre-los cámaras facían o seu  traballo,  a friaxe íase apoderando de nós  porque o sol non acababa de asumir un claro protagonismo naquela mañá fermosamente gris. O lugar era como un gran templo naquela hora de luz especial.  Comprendiase a chamada  cósmica que a paisaxe exercía sobre o naseiro que  agora estaba  bogando cos cámaras cara ó espacio profanado.  O complexo industrial  botaba fume por tóda-las súas chimeneas  e  respiros. Parecía como se fora reventar.

     -"Na antigua  Alemania do Leste pecharon xa oito fábricas de pasta química.  Témo-la información de Green Peace. O estado xermano pasará a te-la denominación de "libre de cloro" en  relación con estos procesos. O tema da capa de ozono non admite máis demora e nos está a convertir,  a todos, en cidadáns do mundo. Por aí pode chega-la solución e que ésto deixe de ser "sitio distinto"". Nas frases apreciabase un certo optimismo. Ou inxenuidade.

                    (continuará)


                Asdo. Xesús López Fernández.

jueves, 13 de diciembre de 2012

UN ADIÓS A MARIQUIÑA

A foto corresponde a un momento da presentación no teatro clásico de Epidauro, construído no 500 a.C, de "Un adiós a Mariquiña". Visitámo-lo  lugar o 15.09.2012, despois de ter visitado o canal de Corinto, o Corinto antiguo, Micenas e un par de museos. A acústica do teatro, dunha capacidade estimada d´antre 12000/15000 espectadores é excepcional, ata o punto de que deixando cair unha moeda no centro xeométrico d´aquel hipersemicírculo, o sonido síntese en todo o graderío. E despois desa demostración feita polo noso guía, os amigos emprazáranme pra que cantase o Granada, porque algús gardaban memoria doutra ocasión, en Dídima, Anatolia, no Oráculo de Apolo. Pero agora eran outras as circunstancias e non me parecía oportuno porque acababamos de xantar i era moita proba.....

Pontevedra, 13.12.2012
Entradan. 1586 do blog


UN ADIÓS A MARIQUIÑA
A LINGUA GALEGA EN EPIDAURO,
por Xesús López Fernández

Unha forma de universaliza-la nosa lingua, ainda que fose de forma íntima e por medio dunha modesta grabación. Outei por comezare por esta canción como preparación, despois de ter aclarado que o texto do poema de Curros é todo un programa de sustentabilidade, algo que inventaron nas nosas aldeas antes de que ós nosos políticos-estatuas de sal se lles ocurrise incluí-lo concepto da tal sustentabilidade nos seus discursos demagóxicos.

Coido que non hai dificultade pra entende-la letra, galego de Curros Enríquez, non a lingua da non-patria emanada das normas alóglotas (nazificación da lingua) que hoxe imperan e que valen pra configuraren unha especie de trampitán que nunca foi a nosa lingua, pero que usan políticos e comisarios políticos, mesmo a Igrexa galega nunha especie de opereta involutiva. Tódo-los que detentan algunha tenza de poder recurren a ese artificio que a sociedade denomina "galegués" ou "galizo", unha traición ós nosos ancestros e á oralidade das aldeas.

Vai o enlace da actuación en Epidauro, Un adiós a Mariquiña (clicade) , talvez por primeira vez a lingua galega naquel teatro clásico. Puido ter saído mellor, e posiblemente este vídeo non dá unha idea cabal do momento vivido.