domingo, 16 de diciembre de 2012

Ence, algunhas consideraciós

Ás veces presentan esta fotografía artística de Ence, pra que algún subnormal contemple a factoría como unha especie de gran discoteca e non como o factor de exterminio da ría toda, incluso da colonización de Galicia con prantaciós masivas de eucaliptos pra cuia salvación están valéndose desta volta dend´o clúster Aspapel prá promoción de fumigaciós aéreas de flufenuxerón, insecticida de gran peligro (prohibido na UE) e que se transmite pola cadea alimentaria, ademáis doutros peligros que no seu uso e manipulación se dan. A Xunta, despois de ter falado moitas veces da marcha de Lourizán da factoría, acaba de inserir no DOG do pasado 13.12.2012 o plan sectorial industrial do ano 2003 prá lexitimación do complexo e outras burradas, cando estamos ante un caso de nulidade radical. Un caso de claro intercambio, como foi a doación de Monte Gaiás, en Santiago, a Fraga, que este home compensou cun decreto de supramunicipalización sectorial pra así tentar acabare co terreo demanial, entregarlle as Marismas de Lourizán, a José Luís Méndez, o que fora presidente de Caixagalicia, tamén de Ence, S.A.

Pontevedra, 16.12.2012
Entrada n. 1588 do bolog
Artículo semanal


Ence, algunhas consideraciós,
por Xesús López Fernández

            Ence non cesa como noticia dende hai algús meses. Parecía que o tema estaba un tanto sereado, que logo estaría prá execución a sentencia da Audiencia Nacional do mes de Xuño do pasado ano (recurrida en casación), pola que se ordea ó MARM a cancelación da concesión da vella pasteira, da que presuntamente carece a empresa actual, Grupo Empresarial Ence, S.A. Pero parece lle queren dar corda dende algunhas administraciós sen que se vexa unha actitude cabal por parte de nengún político. Porque son moitas as cousas que hai que contabilizare á hora de valora-la presencia do complexo clorocelulósico nas Marismas de Lourizán, a gran riqueza aquí estragada. ¿Recuperámo-las marismas prás convertire na praia de Pontevedra, en banco marisqueiro, nun “Lourizán, bandeira azul”? ¿Cómo están temas como o do emisario, ten concesión? ¿Cómo o da edar, con tóda-las connotaciós de ilegalidade, construída en terreo concesional da antigua Ence non segregado, en terreo demanial i en contra do disposto na Lei de Costas?   

            Teñamos presente o establecido no art. 44.6 da Lei de Costas do 1988, que establece (traduzo): “As instalaciós do tratamento d´augas residuales terán de se emprazaren fóra da ribeira do mar e dos primeiros 20 mt. da servidume de protección. Non será autorizada a instalación de colectores paralelos á costa dentro da ribeira do mar. Nos primeiros 20 metros fóra da ribeira do mar se prohiben os colectores paralelos”. A ésto cabería engadir aquí que a Ence non lle foi aprobada a solicitude de desafección de Lourizán, como tamén o decreto sinado por Cristina Narbona, última ministra de Medio Ambiente, no sentido de que esas marismas, como dominio público marítimo-terrestre que son, teñen o carácter de “inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación”. Pero aquí parece que os políticos non souberon ou non quixeron face-los deberes, cando realmente hai moitas cuestiós a estudiar sobre o que foi unha constante da presencia do complexo clorocelulósico, en relación coa nosa saúde e convivencia.

            Partamos da base de que todo espacio degradado é recuperable; que mesmo esa recuperación debería comezar co PXOM, si se redactase unha Axenda21 Local de verdade, democrática, prá recuperación do capital natural. Pero, non, non seguímo-lo exempro de cidades como Vitoria, cidade europea verde por excelencia. E desta volta, cando a Xunta parece quer volvere co plan sectorial fraguián do 2003 (presunta contraprestación da doación de Monte Gaiás), sobre o que pode non caber outra definición que a de nulidade radical; que queren converti-la zona en industrial, algo xa negado en pleno franquismo, no 1973; que mesmo foi o primeiro ministerio de Medio Ambiente creado polo Goberno de Aznar o que estableceu aquí o deslinde litoral.E o goberno local tampouco parece estar polo labor dunha rexeneración cabal  das marismas; que mesmo andan a xogaren co posibilismo da construcción dunha pasarela en terreo demanial, que remarcaría, xunto coa loucura das obras feitas por Fomento, a configuracion de Lourizán como gran chousa urbanística.

            Parece que, dialécticas á parte, os tres partidos marchan dacordo no deseño da fin desta ría, da que a súa riqueza natural, peixes e moluscos, está baixo sospeita. Hai puntos moi graves en toda esta historia inerminable de contaminación na que os políticos, parece que convertidos en estatuas de sal, non mostraron nunca unha vontade real na aplicación da Lei. ¿Pero qué pasa? ¿É que todo se resolve, pra manteren o mandiño, con falsas promesas de ecoloxismo? Na intrahistoria que ven dend´o 1958, cando se lle outorgou a concesión á Empresa Nacional de Celulosas de Pontevedra, S.A., un pode presumir que hai cousas moito máis graves que o asunto dos tres traxes de Camps, o expresidente da Comunidade Valenciá. Pero o PSOE,  mudo, non acusa aquí. Ence, mentres tanto, sigue condicionando as nosas vidas.

No hay comentarios: