martes, 15 de julio de 2014

OS RECHEOS DE MARÍN, A DEPURACIÓN DE CULPAS

Vista parcial do espacio do horror configurado pola cobiza de uns e corrupción doutros. Pódese falare de trama, de tráfego de influencias presuntas. A sentencia confirmatoria do Tribunal Supremo debera ser un aviso pra que os políticos todos, sobre todo os que queren presentar unha certa facies de honestidade, comecen a denunciare os recheos como unha actuación criminal prá que xa non hai disculpa, si evidentes prevaricaciós como mal menor.

Pontevedra, 15.07.2014
Entrada n. 1766 do blog
Comentario en Facebook a unhas declaraciós do concellal Mosquera, hoxe, que siguen.

O concello, dí Mosquera, non vai pedi-la execución da sentencia. Non, xa.... Como tampouco pediran a paralización dos recheos ilegales, asentados presuntamente na trama. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, manifesta igualmente a súa preocupación, cando realmente é ela unha das presuntas responsables, como herdeira de Tomás Iribarren, do alí feito. Que expliquen os políticos todos que algo tiveron que ver coa configuración dos recheos por qué non actuaron, por qué non se opuxeron a esa actuación criminal. Enlace do Faro de Vigo d´hoxe.


Son outros, Os Veciños d´Os Praceres, os que denunciaron os delitos en exercicio da acción popular, os que xa, con data 26.06.2014, demadaron esa execución con carácter urxente. Coido que ós políticos non lles vale xa nadar e garda-la roupa,nen fuxir como ratas agora que pode caer sobre deles o peso da sentencia firme do Tribunal Supremo. É máis, se os recheos son ilegales, algo hai tempo sabido, tamén deben selo as licencias prós diversos asentamentos alí efectuados.


Eu perguntaríalle a Mosquera, que algo debe saber, quén foi o que outorgou a Gonvarri a licencia de primeira ocupación na zona dos recheos, a unha industria cerrada en Barcelona por delito ecolóxico que buscou solar, parece que primeiramente en Vigo. Querían solar alí, pero Lois Pérez Castrillo, según diversas fontes, dixo: "En Vigo, non; pregunten en Pontevedra". E aí están, electrocincando chapa, o que facían en Barcelona".


Nestos momentos, todo político que non se pronuncie en contra dos recheos pode moi ben ter que dar explicaciós ante a Xusticia.



P.S. O coste do levantamento dos recheos, da devolución do espacio ó seu ser, deben asumilo os culpables. Así de claro.

domingo, 13 de julio de 2014

Os recheos de Marín, de novo sentenciados

 Cando as actuaciós presuntamente ilegales en torno ó porto de Marín estaban en fase de realización.

Con estos recheos, o porto de Marín perdeu 300000mts2 de lámina de mar, obra declarada ilegal, espacio a recuperar según sentencia do Tribunal Supremo do 2009. Esa sentencia foi recurrida polos que intentan atrancaren a devolución do espacio á situación do ano 2000, ou así. As declaraciós da Xunta sobre a imposibilidade de restaura-lo espacio, ou do presidente actual da Autoridade Portuaria, o home da ministra Ana Pastor, no mesmo sentido, son simplemente interquinencias pra veren de xetiona-lo incumprimento da sentencia. O Tribunal Supremo acaba de desestima-los recursos de casación e di que a execución da sentencia non pode demorar máis. Ademáis, o TS fixo este comunicado por medio de nota do seu gabinete de prensa, "a todos los medios", algún dos cales pode non ter dado aínda a noticia, en claro contubernio coa presunta mafia portuaria que se quixo apoderar dun espacio natural. Tódo-los partidos políticos están enzudrados neste asunto.

Pontevedra, 14.07.2014
Entrada n. 1765 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.

Os recheos de Marín, de novo sentenciados,
por Xesús López Fernández
           
Os recheos da Autoridade Portuaria de Marín, definidos como ilegales polo Tribunal Supremo no 2009, volven estar de actualidade. E desta volta a nota enviada ós medios de comunicación foino polo propio gabinete de prensa do Tribunal Supremo. Parece, non obstante, que algús manteñen, aínda nunha situación extrema como a que está a defini-lo caso xa sentenciado polo alto tribunal, un silencio culpable, un apoio insólito ós ralentizadores da execución da sentencia, da retirada dos recheos, encomenda prá que xa no pasado ano e a requerimento da Plataforma de Os Praceres ante o TSX de Galicia prá súa execución, éste dictaría un auto contundente: “Requírase de novo á Autoridade Portuaria de Marín pra que cumpra as declaraciós contidas no fallo, e pra que, no prazo de 20 días (…) remita a esta Sala copia do practicado en cumprimento das declaraciós contidas na sentencia dictada”.

            Na sentencia advertiase á administración de que “se non se comprise o fallo no prazo aquí sinalado, poderían adoutarse as medidas pra acadare a efectividade do mandado e, singularmente, a imposición dunha multa coercitiva”. E o TSXG ía máis lonxe e facía a advertencia “sen perxuicio de deducire, no seu momento, o oportuno  testimonio de particulares pra demandare a responsabilidade penal que puidera corresponder” caso de non se executa-lo fallo…. Lembremos que a sentencia orixinal, á que se chegou tra-lo primeiro recurso no 2001 da Plataforma Defensora da Praza dos Praceres, declaraba nulo o plan especial do recheo porque non tivo estudio de impacto ambiental, nen plan de usos portuarios (o documento marco previo que rixe os plans especiales), e porque nese plan sen base se calificaban irregularmente como urbáns chans que inda non tiñan existencia como tales. 
           
     O prazo dos vinte días establecidos no auto do TSXG víronse interrumpidos pola presentación de dous recursos de casación (Cabomar Congelados e a Autoridade Portuaria de Marín) discrepantes do mesmo por distintas razós. O Avogado do Estado estimaba que o auto ía máis alá do fallo da sentencia que ó seu xuicio “non comporta a demolición de obra algunha e que o Supremo debería dare por executado o fallo dictado por ese mesmo tribunal no 2009”. O Supremo entende, neste sentido, que “revocar” e “repoñer” son verbos de significado dabondo preciso. “Non hai discrepancia, senón unha palmaria sintonía antre a demanda e a fundamentación e fallo da sentencia i, en fin, o que agora, no curso do procedemento de execución, preténdese levare a término”, din os maxistrados, que acto seguido quéixanse de que o avogado do Estado queira enredare.

          A Audiencia Nacional ten tamén discrepado do avogado do Estado, noutros procedementos, mesmo aclarado que a acción popular exercida por algún cidadán é beneficiosa prá administración nalgún caso collida co paso cambiado, dito de forma soave. Desta volta, os maxistrados chegan afirmaren: “En realidade, o que precisamente podería compromete-lo procedemento da execución da sentencia e situarse en contradicción con ela é, xustamente, o que tenta o avogado do Estado, a saber, que non haxa demolición de obra algunha, aducindo a existencia dunha serie de plans anteriores e posteriores que terían de daren suposta cobertura ás obras contempladas no plan especial anulado”. Aínda máis, a resolución do TS engade que un estudio de impacto que supostamente avalaba as obras xa tiña sido desestimado como aval na propia sentencia do 2009 e que o posterior, aprobado o ano pasado e publicitado pola Xunta e a Autoridade Portuaria como remedio definitivo, non pode servire de proposta pra incumprire aquel fallo. Evidénciase un malestar certo dos maxistrados, que chegan definir: “Lonxe do que se tenta demostrare, son estas actuaciós administrativas, e non as resoluciós adoutadas pola Sala de Instancia, as que, chegado o caso, poderían enerva-la virtualidade da nosa sentencia,  cuia posta en execución, en efecto, non admite máis demoras”. A ver qué din agora os partidos políticos. Non poden permaneceren calados por máis tempo.

domingo, 6 de julio de 2014

Días de Sicilia, 2

 Taormina. Entrada a unha mansión.
 Monreale. Detalle exterior da catedral normanda.
 Capitel no claustro dos capuchinos.
 Capela palatina, Palermo. Cristo Pantocrátor, lexislador, antre Pedro e Pablo. 
Bautizo de Pablo por Ananías. 

Pontevedra, 7.07.2014
Entrada n. 1764 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.

Días de Sicilia, 2,
por Xesús López Fernánez
           
            O traballo de hai 14 días, Días de Sicilia, precisaría talvez doutros pra lle dar un sentido máis amplio i explicativo, por seren non poucas cousas as que alí foron simplemente inventariadas, nomes de parques arqueolóxicos, cita de cidades cheas de arte e historia sobre as que se pode volver noutra ocasión. I é que Sicilia, a illa máis grande do Mediterráneo,  nos últimos anos tense convertido nun dos máis importantes destinos turísticos de Italia gracias ó seu clima e tamén á existencia de pequenos pobos que brindan ós visitantes unha estancia asequible. As xentes interesadas en conoce-la realidade siciliáa poden atoparen unha grata sorpresa: que Sicilia lles brinda a posibilidade dun recorrido por toda a historia da arte, se ben os numerosos terremotos que a illa ten vivido foron causa da desaparición ou ruína de non poucos monumentos, o que tamén ten provocado que se levantaran outros pra sustituiren ós derrubados. Aínda así existen vestixios fenicios e gregos, como os incomparables Agrigento, Segesta, Selinunte, citados no artículo anterior, sen esquece-los templos e teatros que van xurdindo por un e outro lado.

            A illa ten unha superficie de máis de 25000 km2, o que facilita unha posible e detida visita. Os viaxeiros quedan gratamente impresionados despois da visita a Ortigia-Siracusa, ó Etna, a Taormina, nalgún tempo capital da Sicilia bizantina, na que ó longo dos séculos XIX e XX téñense dado cita non poucas celebridades: poetas, pintores, músicos, filósofos, artistas, homes de estado… Goethe chegaría afirmare que alí os ruiseñores cantan seis meses do ano, sen dúbida pola bondade do clima. A nómina de celebridades faise longa: Brahms, Wagner, Wilde, Churchill, Ingrid Bergman, Greta Garbo, etc. Os interesados poden dar coa posibilidade, por medio de internet, de alugaren apartamentos de luxo prás súas vacaciós. A cidade, de certo, xa pola paisaxe, mesmo pola súa vexetación, invita a tomar alí pousada. I este fenómeno pode tamén gardare relación coa inauguración do Grand Hotel Timeo, xa no XIX, ou do San Domenico, no pasado século. Os residentes, sen embargo, sofren certas incomodidades pola sobreexplotación turística que se ven producindo.

            A nosa viaxe, de certo, non foi de turismo, senón unha máis do ciclo que dende anos nos temos marcado pra nos achegare á impronta marcada polo apóstolo San Pablo, o home que lle dou unha dimensión totalizadora á relixión cristiáa, levándoa máis alá do ámbito cultural xudeo. O Cristianismo, sen Paulo, sería outra cousa. E o apóstolo desembarcou en Sicilia, unha pausa no seu camiño cara Roma, onde no ano xubilar de San Pablo, 2009, arrancabamos coeste periplo que xa nos ten levado a Turquía-Anatolia, ano 2011, e a Grecia, 2012. Desta volta, en Palermo, témonos encontrado con non poucas representaciós do santo, especialmente nos inmensos mosaicos da catedral de Monreale ou na Capela Palatina de Palermo. Esta capela contén numerosísimos mosaicos que representan esceas do Vello e do Novo Testamento: a creación de Adán i Eva, a súa entrada no paraíso, a tentación da serpe.  

            Volvendo a San Pablo, alí está el, nos mosaicos: cando como Saulo vai camiño de Damasco i é derrubado ó chan; cando é acollido por Ananías que noutro mosaico administra o bautismo que recibe o santo, que toma o nome de Paulo; o apóstolo, de branco, catecúmeno; Paulo é axudado a salva-la muralla de Damasco, a fuxire dos que lle persiguen…. Ruggero II, rei normando que  mandou construire a capela con profusión de mosaicos bizantinos, tiña ambiciós imperialistas, a cobiza de chegar a sere novo emperador de Constantinopla, a nova capital do Imperio Román reunificado. Eso non sería posible máis alá do seu reinado sobre gran parte de Italia e do norte africán (Túnez e Tripolitania), de Sicilia e Albania. Hoxe visitan a súa obra centos de milleiros de xentes chegadas de todo o mundo a Sicilia, terra e sociedades amables que saben acolleren ós visitantes e que gardan memoria de Paulo.