jueves, 3 de septiembre de 2009

A CASA DA LUZ, TERRAS DE PONTEVEDRA

Praza da Verdura ou Feira Vella, actualmente solar de miseria. Na parte alta da praza apréciase a antigua fábrica da luz de Pontevedra, do século XIX. Seguirlle chamando Casa da Luz a este edificio xa non ten sentido. Foi cuartel da Policía Municipal antes de que o Bloque a desterrara a un recanto do Auditorio da Xunqueira. Despois pasou a sere obradoiro ocasional, mesmo laboratorio das "novas economías" do equipo de goberno local, das economías en torno ó Ravachol e ós traxes da Feira Franca. O baixo funcionou como campo prós skaters, horror do vecindario, que foron escachifando gran parte do enlousado, unha forma de agresión consentida polo mandiño local, como as exhibiciós que fan ante o hiper de Froiz, agresión contra o capitalismo. Parece de manual estalinista.
Turismo de Pontevedra, Terras de Pontevedra. Así se vai chama-lo ente que aí vai funcionar. Máis de cen millós das antiguas pesetas gastadas en derrubar e máis derrubar. A foto é de fins do pasado ano. As obras, que deberían estaren rematadas, comezaron hai uns seis meses.
-
Pontevedra, 3.09.2009
-
Entrada n. 1049 do blog
-
A CASA DA LUZ, TERRAS DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Mellor así, un título híbrido. Como a Política é movediza, un novo equilibrio municipal podería traere de novo á Policía a este lugar, pra ben dos propios axentes e tamén do propio barrio, no que o trapicheo pode estar a formare parte das "novas economías".
-
Sabe Deus o que se leva gastado neste comecartos, obra sen fin, crecemento económico pra alguén, eso é seguro. Por exemplo, ¿cánto non terá costado a permanencia en redor da casa dun enorme andamio ata hai poucas semáas? ¿E pra qué? ¿Pra chorrearen e desgracia-la pedra?.
-
Ó longo de meses diríase que a obra non progresaba. Saían cascallos pró volquete que ás veces mesmo parecían d´obra nova. Non parece que fose modificada a estructura da escadeira, que sí forraron de mármore que de novo están agredindo con obra tosca, escombros sobre o material novo. Non parece que haxa unha verdadeira supervisión dos trabballos. Veredes cómo vai haber un notable desvío dos costes sobre o orzamentado..
-
Pero hai máis. Forrada con falso teito a pranta baixa, as arcadas perden moito do seu locimento. E un aviso do Peprica, destos días, advertía que non se poden cerra-los arcos con perfiles de aluminio, como tiñan pensado. Así as cousas, en tres ou catro días de continuo furar, esmiuzaron o chan a sustituire, retiraron o volquete e disimularon as obras porque mañán (m) pola mañá (f) comeza a Feira Franca, dous días, outro dos motores da "nova economía", pra escarnio dos residentes ós que non-os queda o recurso de decir "¡auga vai!" pra disuadiren ós que queiran afuma-las nosas casas coas súas churrascadas e sardiñadas. Peste organizada.
-
Veremos cómo cerran finalmente o baixo asoportalado pra que non volvan os skaters. E ogallá a actividade que se vai desenvolver no local sirva de algo, que teño dúbidas, degradada como está a praza da Verdura, a praza da Feira Vella que se aprecia na primeira das fotografías.



6 comentarios:

PrivaBonito dijo...

estoy de acuerdo con muchas opiniones tuyas acerca del tratamiento que le dan a la historia de Pontevedra desde el gobierno, haciendo y deshaciendo a su antojo, como con la balaustrada, como con la nueva colocación de la estatua de Castelao, o quitando la bonita piedra antigua por losas nuevas y feas, pero en esto, Xesús, no estoy de acuerdo.
Para empezar, la plaza de la Verdura tiene mucha más vida ahora y parecido con la plaza tal como era hace siglos que cuando estaba el PP, la ciudad en general está preciosa, y la zona vieja el PP la tenía olvidada y con coches pasando por medio de la zona vieja, espantoso, (hablo del PP, porque me da la impresión de que le votas, y creo que descuida más la ciudad que el actual equipo de gobierno).
Por otra parte, la Feria Franca es un evento que resalta la historia de la ciudad y va a atraer cada año a más turistas, que es a lo que se tiene que dedicar Pontevedra, a potenciar el sector servicios, si con eso te refieres a nueva economía, pues estoy de acuerdo con el gobierno...ciudades llenas de coches, humo y fábricas no me gustan

xesús lópez fernández dijo...

A praza da Verdura xa non é praza. É un largo penzo, unha costa sen persoalidade. Se a ves con árbores é porque houbo unha protesta escrita cunhas 1200 asinaturas.
A vella praza era posiblemente a máis fermosa de Galicia e non foi obra do PP.
O PP sí tivo intervención, por medio de Pilar Rojo como delegada de Cultura, na desfeita do vello rincón de cine que aínda podes ver na seria de Los Gozas y las Sombras. Cando cortaron as catalpas e se levaron os bancos, como ladrós, Rojo pideu se retiraran as mamparas da Casa da Luz, que quedou reconvertida en solar de skaters e mexadeiro.
Precisamente a Torrente Ballester lle encantaba a reforma de que fora obxeto a praza tal como a conoceu, convertida en bosque de catalpas e cos bancos de pedra que roubaron. Os actuales son ilegales.
A política do Bloque ó respecto foi fatal. Non houbo diálogo co vecindario, decote máis arrinconado.
Eu vendo a miña casa. Son 178 metros cuadrados, porque quero marchare pra un barrio no que poidan entra-los bombeiros ou as ambulancias.
Vexo que non tes idea do que é vivir na zona vella. E que non és do Bloque, Priva Bonito, porque escribirías en galegués. Se como penso és do PSOE, a ver se tendes a dignidade de revisar con lupa as contas da obra que se leva feito na Casa da Luz. E queira Deus que acertedes.

xesús lópez fernández dijo...

A Priva Bonito:
Cando falades de revitalización andades de coña.
A Feira Franca é un día, dous se queres, prá bullanga, con problemas prós residentes.
I eu reclamo, pra estos días, o restablecemento da ordenanza que contemplaba a posibilidade de vaciar polas fiestras, á voz de "¡auga vai!" o que non ía polos retretes, aínda que só sexa pra apagare o lume dos asadores que afuman as nosas casas.
E non digas que a praza d´agora ten máis parecido coa vella. ¡Repara na fonte da traída, na parte alta!
Pero estos fixeron, ou fixéstedes si és socio de goberno, o que lles dou/vos dou a gaña ó colocare a fonte lenguaraz na parte baixa porque, de súpeto, descobriran as posibilidades escénicas do espacio, as de reconvertiren a balconada do edificio da policía local como púlpito pra unha representación do seu Sanedrín, por exemplo un 25 de Xullo.
Outra cousa i en falando de revitalización: Acaba de cerre-lo negocio número doce en César Boente. Crece o barrio de miseria.
A peatonalización pode estar moi ben no manuel maoista. Pero nada máis.

PrivaBonito dijo...

no me trates como si fuese del PSOE porque no lo soy, soy apartidista, hablando claro, me dan asco los políticos, todos mienten, todos son unos corruptos y todos van a lo que van, así que critico los errores de todos por igual, soy objetivo.
quitando el detalle de la fuente, la plaza es más parecida hoy en día a como era hace siglos. Hace 15 años tenía esos bancos de piedra y un desnivel que no existía en la plaza, era llana, como es ahora.
Y otra cosa, ¿tenía más vida la zona vieja antes de su peatonalización? yo ahora la veo llena todo el verano y parte del resto del año. Antes veía una zona triste y desaprovechada.

Y que yo sepa se peatonalizó, no se empequeñeció, así que en caso de urgencias una ambulancia o camión de bomberos, puede entrar con la misma facilidad con la que podía entrar hace 10 años.

Muchos errores han cometido y te daré la razón cuando lo crea, pero en este caso pensamos distinto

xesús lópez fernández dijo...

Celebro que sexas apolítico. Eu tamén.
Pero non se trata de pensar, senón de observar.
A zona vella está aganada,afogada. Privada da circulación viaria, necesaria, moitos negocios xa non poden viviren. Así morre a zona, que non debes pasear. ¡Conta os negocios que non resistiron!
Pero estos puñeteros, porque se soben a soldada, soben tamén o ibi dos edificios todos, consecuencia de lle ter deixado ós concellos as competencias urbanísticas.
Anularon arterias, estreitaron vías, inventaron os mosquerós que acabaron sustituíndo polos barrotes. Por si fora pouco, ata costa traballo sair do parking de Barcelos, ás veces ata duas horas a consecuencia do sentido que lle deron á circulación esta luminarias.
En Roma convive o tráfico cos edificios monumentales. I en Pontevedra non souberon planifica-la peatonalización que eles llaman peonalización. Ou penalización será mellor decir, porque así nos sentimos os residentes que aínda non puidemos abandona-la zona vella.
Repito, vendo a miña casa, na rúa San Sebastián, onde pode volve-la peste. Ó mellor por culpa da economía que defendes, da suciedade que reina agora na praza da Verdura, con taperías de "tres, catro ou cinco moscas". Pra adereza-las tapas. A miseria trae esas cousas.
Séntate alí ilegalmente, nos soportales que terían que deixaren un carril mínimo de un metro de ano no caso de compriren a normativa de veladores os negocios establecidos.
Pero éso non se vixía i estos chacaritas acabaron por privatizaren os espacios públicos.
Outra cousa: cando visites a praza da Verdura, a subas ou a baixes en paralelo ós soportales, verás que a deixaron como costa ladeada, algo que a un mestre de obras non se lle escaparía. Pero certos arquitectos ideólogos están pró que están, incluso pra non saber busca-lo nivel en certos espacios, como ese, como outros.
Pero, en fin, xa me estirei máis da conta.
O que é medible non é opinable. E cando se cargaron a praza da Verdura cargáronse unha obra de arte. Aínda o comentan algús turistas. ¡Pero que fixeron!

xesús lópez fernández dijo...

En relación co comentario anterior e ó ancho que hai que deixare libre nos soportales, quixen decir "un metro de ancho".
Pero non é así, senón que o ocupan as taperías e que non se pensou no espacio como peatonal. Peonil, según o Bloque, pra xogare ó peon, trompo ou buxaina.