miércoles, 2 de septiembre de 2009

LORES, O GRAN PELIGRO

Anguilas mortas no río Verdugo por deficiencias, din, no funcionamento da depuradora de Pontecaldelas. 40 kilos de anguilas mortas recuperadas pola cofradía d´Arcade.
Lores está de volta, das vacaciós ou da convalecencia e xa lle tomou o relevo a Teresa Casal.
-
Pontevedra, 3.09.2009
-
Entrada n. 1047 do blog
-
LORES, O GRAN PELIGRO,
por Xesús López Fernández
-
Coas elecciós pasadas perdidas, pero gobernando na deconstrucción da cidade e do seu entorno co apoio do PSOE, o home acaba de se incorporar de novo á desgobernación da cidade. Como dixo, volve coas pias cargadas e quere ver obra, pró que xa comezou unha ronda de contactos, o día 1.09.2009 con Antón Louro, antiguo concellal da cousa económica local e actual Delegado do Goberno, como augadores.
-
Antre outras cousas, a Lores, o falso ecoloxista, que di nunca houbo en Pontevedra tal volume de obras como actualmente (de deconstrucción e arraso do modelo de cidade), quéimanlle diversos temas: o da construcción da ponte de Monteporreiro en paraxe protexida; as obras da ponte d´As Correntes; o paseo da Beiramar.
-
Estos chacaritas, que xa quixeron financia-lo traslado de Ence coas plusvalías do solar que se xeraría alí prá construcción de vivendas protexidas, como se lles mirou o rabo rizado e quedou patente o seu falso ecoloxismo; a eles, que propuxeron como novo asentamento pró complexo celulósico o de Barro-Meis, con fornecemento d´auga dende Pontillón do Castro pra seguiren a verter na ría; eles, digo, non queren que lles cambien os plans de recalificaren como solar as Marismas de Lourizán. Por eso queren construí-la pasarela pola ribeira e potencia-lo tránsito pola avenida de Marín coa construcción do macronudo de Mosquera, etc.
-
E ademáis, incapaces de prantexa-lo estudio dunha verdadeira Axenda21Local ó tempo que elaboran o seu críptico PXOM, veñen agora non coa salvación da ría, senón co deseño da morte final, como augadores, reconvertidores prá traída das augas do río Lérez, pra que poidan ter auga os concellos da ría; pra que tamén a poidan verter mal tratada, como sabemos acontece coas depuradoras, que todas, todas, acaban fracasando. Nalgún caso, ocúltase información; noutros, como acaba de acontecer no Verdugo, sábese. Finalmente, a ría gran sentina e, sen caudal ecolóxico do Lérez, convertida nunha gran rada, que non ría.
-
Enlaces:

No hay comentarios: