O caos normativo.
Mostrando entradas con la etiqueta idioma e fala. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta idioma e fala. Mostrar todas las entradas
domingo, 10 de febrero de 2013
domingo, 8 de agosto de 2010
ESCOLAS DE GALEGUÉS
-
Pontevedra, 8.08.2010-
Entrada n. 1268 do blog
-
ESCOLAS DE GALEGUÉS,
por Xesús López Fernández
-
Este blog sigue unha línea completamente crítica en relación co tema do idioma galego, traicionado dende hai tempo i en contra dos avisos dados xa no seu tempo polo P. Sarmiento, ou por non poucos dos nosos autores: Anxel Fole, Rosalía, Novoneyra, Eladio Rodríguez, Lugrís Freire, o primeiro Alonso Montero, etc.
-
En artículos recéns, especialmente nos referidos a Novoneyra, ó que se lle dedicou o día das Letras Galegas deste ano, cítanse as críticas deste autor á falacia denominada galego normativo, traicionada a fala pola RAG, polo ILG, pola AS-PG, polos reintegraconistas. O autor, como temos dito, non se opoñía á creación dunha interlingua na que se reconoceran os distintos rexistros da nosa fala, a lingua das distintas bisbarras. Pero o Bloque estivo cedellando por sistema, especialmente nos tempos do bipartito, tentando arrima-la nosa lingua, en contra da recomendación do P. Sarmiento, ó portugués, idioma de cuia cisterna tiraron non poucas palabras distantes da nosa psicoloxía. Tentaron incluso en lle cambia-lo nome ó país, que eles denominan "Galiza", e ó servicio dese xogo siniestro reiteraba o Quintana a palabra nos seus discursos, ó mellor ata vinte ou trinta veces.
-
Despois pasou o que pasou: que se foi producindo un alonxamento da xente, dos galegos, que non se identifican co galegués espurio dos quintanistas, callonistas, etc. E agora, privados de subvenciós, ven cómo perderon presencia dixital (Vieiros, Chuza, e outros que irán caíndo).
-
Agora, quén o diría, queren montar unha serie de centros privados pra seguir cociñando o seu galegués. A idea é dunha asociación chamada "Galiza co galego", que coido vai representar un sobregasto pra esas xentes, afeitas ás subvenciós. Sigue un enlace do ABC d´hoxe, no que se informa sobre o particular:
-
miércoles, 28 de julio de 2010
O nacionalismo dixital, ó garete
Dibuxo do blog de elentir, que inclúe un post titulado "El nacionalismo digital se va al garete". Insírese un enlace do seu traballo. -
Pontevedra, 29.07.2010-
Entrada n. 1260 do blog
-
O NACIONALISMO DIXITAL, Ó GARETE,
por Xesús López Fernández
-
Elentir está sempre ó día en temas do mundo dixital. O post que nos brindaba onte non ten desperdicio: a morte de Vieiros e do agregador Chuza. E a posible doutros medios próximos ó BNG que poden estar nas últimas horas, ou na UCI, según o propio Elentir argumenta.
-
Eu fun colaborador de Vieiros, nos anos 1999 e 2000. Unha colaboración semanal en principio, dúas nos últimos tempos, sempre pedindo respeto prá miña ortografía. Foi realmente unha andaina corta que concluéu cando comprobaron que algús dos meus artículos, escritos criticamente e con total independencia, censuraban a debacle urbanística da zona vella pontevedresa, promovida polo goberno estalinista da capital.
-
Eu quero ver tamén, nesta caída de Vieiros e Chuza, o brazo longo de Uxío Novoneyra, o home que estivo en contra dos postulados destas xentes: da RAG, do ILG, da ASPG e do sector do reintegrado, os grandes nemigos da fala, porque a fala é a patria, pero os colectivos citados, como as xentes do BNG empeñáronse en configura-la lingua da non-patria, que hoxe usan o BNG, decote máis caído, o PSdeG, cun voceiro que fala da "Nazón de Breogán", situándose fóra xa da razón, e o PP, que tampouco quere retoma-la fala popular. Novoneyra tampouco perdoaba ós escritores que, na súa obra, fixeran esquecemento da fala-creación social, que renunciaran a colle-lo relevo da fala conservada nas aldeas. Os mesmos que este ano non montaron o escaparete das Letras Galegas, o 17.05, na Ferrería.
-
martes, 1 de junio de 2010
NOVONEYRA NA MÚSICA DE EMILIO CAO
Uxío Novoneyra, musicado por Emilio Cao.
-
Pontevedra, 1.06.2010
-
Entrada n. 1242 do blog
-
NOVONEYRA NA MÚSICA DE EMILIO CAO,
por Xesús LópezFernández
-
Hai poucos días que o fillo de Uxío fixo unhas declaraciós no sentido de que o seu pai foi un poeta nacional, non nacionalista. A expresión correspóndese coa afirmación do poeta sobre o invento da interlingua da RAG, do ILG, da AS-PG e polos reintegrados, os creadores da lingua da non-patria.
-
A publicación do Caderno Ramón Piñeiro XIV titulado "A casa! o val! a patria homilde!", sirveu a xeito de baraza pra lles atrela-la lingua ás xentes do BNG que, polo menos en Pontevedra, non montaron este ano o escaparate da Ferrería, porque Novoneyra foi concluínte ó lle chamar a lingua da non-patria ó trampitán por estes individuos inventado. Non estaba coeles.
-
En honor a Novoneyra celebra hoxe a Consellería de Cultura e de Turismo, dentro de programa do Xacobeo, un concerto que vai ter lugar no edificio sexto do Museo de Pontevedra. No recital, titulado Intersecciós, intervirán Emilo Cao, Manuel Gutiérrez, pianista, Carmen Rey, cantante. Branca Novoneyra vai presenta-lo seu primeiro poemario. Este recital foi xa presentado en Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Ferrol.
-
Addenda.- Resultou unha intervención moi emotiva, dunha exquisitez inesperada, especialmente a última das obras. A filla de Uxío revélase como unha boa recitadora. Na sala non apreciei a presencia de xentes do BNG; sí a dun integrante do grupo excindido en Marín, do Mar-In.
-
sábado, 17 de abril de 2010
SUSO DE TORO ABANDONA
O índice de lectura en Galicia repunta, pero pouco. (Salas, El Correo, 25.04.2010)
Suso de Toro [foto de cccb.org/es/autor-suso_de_toro-16354] reintégrase á ensinanza e abandona a literatura como profesión.-
Pontevedra, 1.05.2010
-
Retomo o blog aínda que non a serie de artículos semanales, que debo pospoñer, por cansazo, unha semáa.
-
Entrada n. 1224 do blog.SUSO DE TORO ABANDONA,
por Xesús López Fernández-
Escribir en galego é unha aventura de salvación: salvación dunha lingua, salvación dun país. Facer rentable ese exercicio vai ser sempre difícil. Non debemos esquecer que a nosa lingua é minoritaria, a lingua dos afectos, a lingua creación popular que nada ten que ver coa inventada polos infiltrados na RAG ó servicio da enxeñería estalinista do cambio das claves do idioma. Esa é a razón pola que a xente vaise dependurando da lectura dos libros editados nunha lingua deformada, estordegada, a lingua da non-patria que ben definía Novoneyra, ó que nos temos referido en diversas ocasiós.
-
Suso de Toro tiña o seu público particular, pero dirixirse a Galiza como país implica reduci-lo mercado de posibles compradores. Eso ou o feito de se ter convertido en certo momento en escritor de cámara de Zparo, tendo en conta a realidade do país [lingua ferida, traicionada en Galicia; Goberno de España que pode levarnos fóra do euro] son factores que poden ter incidido negativamente no currículo do autor:
-
De tódo-los xeitos deixemos que fale el, que o fai por medio dun seu artículo en El País, do que incluímos enlace. Que cadaquén xusgue: "Mutis explicado", por Suso de Toro, en El País-Galicia.
A LINGUA FERIDA
Xosé Luís Méndez Ferrín, o meu amigo dend´o seu primeiro galeguismo, actual presidente da RAG. Espero que pra mellora-las cousas.Pontevedra, 17.04.2010
-
Entrada n. 1223 do blog
-
A lingua ferida,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
-
Anúnciannos que o galego continúa a perder falantes. I éso nó-lo din cando algús sectores tercian outravolta en relación con posibles novas reformas cando nengún idioma, e menos tratándose dunha fala, como lle chamaban os vellos galeguistas á nosa, á lingua dos afectos; cando nengún idioma, repito, sobreviviría á serie de normas que, en pouco tempo, leva sofrido o galego, víctima si se pode decir, dos diversos paquetes normativos impostos no 1983 e no 2003. Normas da deriva cara ningures, traballo de enxeñería como pra lle cambia-la alma a este noso país, Novoneyra, como xa temos comentado en traballos anteriores, chamaballe ó idioma saído das normas do 1983 “o idioma da non-patria”, oposto á Fala-Lingua. Lembremos tamén que Alonso Montero decía da imprudencia de lle tocare ás normas cada tan pouco tempo, á par que insistía en que os franceses levaban máis de cen anos sen cambia-la normativa do seu idioma. Pero aquí doulle a algús grupos por inventar, por arremeter contra a oralidade que defendían o poeta ou Ánxel Fole. Ou o propio Sarmiento no século XVIII, algo xa relembrado: “Facede o idioma a partir da fala”.
O frade ilustraba da non comenencia de se achegare ó portugués: “Collede o diccionario Bluteau da lingua portuguesa, privádeo das palabras extrañas e, ¿qué vai quedare?: Un puro esquelete”, considerando que a lingua galega era máis rica en vocablos. E teño presente tamén a afirmación de Risco, outras veces citado, de que non soubemos tratar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros. Así as cousas, un pode perguntarse se as normas que hoxe campan na nosa lingua estordegada, non son as realmente culpables da perda de falantes, ata o punto de que en cinco anos descendeu en 13 puntos máis –do 43 ó 30%-- a comunidade dos que din falare sempre galego. I esto ten distintas lecturas, según os tramos de edade, porque antre os mozos de 15 a 29 anos sóo o 18,6% aseguran falar sempre galego, o que non resulta extraño a consecuencia do devalo da sentinela milenaria que representaban as aldeas, que non puidemos manter vivas. Novoneyra foi un dos últimos relevistas na defensa do idioma como creación social, como Sarmiento no XVIII, e comprendía perfectamente o mal causado por certos grupos.
Contrario á interlingua creada da que excluíron milleiros de localismos e a gran riqueza da oralidade que valeu pra decanta-lo idioma; que incluso arremeteron contra os grupos consonánticos cultos [-cc, -ct, -pt, …], o idioma veu enflaquecendo e foise convertindo en cousa extraña. A lingua está ferida, claro que sí; leva anos ferida. En consecuencia, o interese social é decote menor pola pervivencia da nosa fala, auténtica fronteira con Portugal. Que algús volvan coa súa idea dun “reintegracionismo salvador” parece de opereta. Os reintegracionistas foron definidos por Novoneyra como nemigos do galego, grupo no que entraban, según a defensa que o poeta facía da lingua, diversos colectivos: RAG, ILG, a Xunta, o Parlamento, e máis, que foron privando vagariñamente ó idioma de rexistros, de polifonía. A pedagoxía do autor este ano lembrado está clara nas prosas recuperadas, nas que se percibe, como un poema de longo recorrido, algo que poderiamos denominar “a letanía da non-patria”.
Estou esperanzado co xogo que poida dá-la RAG presidida por Méndez Ferrín, entrevistado no número 154 da revista Tempos Novos, do mes de marzo. O entrevistador, que pula polo reintegracionismo que a moitos nos parece inútil, parece extrañado das respostas que vai dando o presidente da Academia, oposto ós que queren un acordo ortográfico co portugués [partidarios da soberanía, pero non da independencia da lingua]. E a resposta de Ferrín á pergunta é a de que “é xente que está contra o idioma”, o mesmo que afirmaba Novoneyra. “Que fagan o que queiran, di. Teñen a rúa, os foros sociais, os medios de comunicación, os sindicatos. Que vaian predicar á porta de Citröen”. Situación delicada, lingua ferida, ¿polas normas? Sí.
sábado, 3 de abril de 2010
UNHA LECCIÓN DE NOVONEYRA
Uxío Novoneyra, defensor da Fala-Lingua como patria. Acusador de inventores dunha non-patria ós forxadores das normas do 1983. ¿Qué diría das que embuchou o señor Barreiro durante a súa presidencia da RAG?Pontevedra, 4.04.2010
-
Entrada n. 1209 do blog
-
Artículo semanal.
-
Unha lección de Novoneyra,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Ou leución, conforme ós rexistros da oralidade, da Fala-Lingua como patria defendida polo poeta en contra das tendencias normativas, dos traballos do ILG, da RAG, da Xunta e do Parlamento Galego, e da Asociación Galega da Lingua, algo xa tocado no artículo anterior, “O ano de Uxío Novoneyra”, así como a súa especie de Letanía da non-patria, da acusación feita polo autor en varias das intervenciós rescatadas no número XIV dos Cadernos Ramón Piñeiro; como se quixeran acabar coa Fala-Lingua identitaria con normas alóglotas que non lle acaen. E retomo a lectura do libro agora editado, “A casa!, o val!, a patria homilde!”; tamén “Os Eidos”, nos que a modo de prólogo existe unha carta de Ramón Piñeiro a Novoneyra sobre a evolución do poeta e a lectura do manuscrito en Castropol, na compaña de Fermín e Blanquita Penzol, lectores ás veces os dous matrimonios dos poemas-revelación. Por certo, na introducción de Piñeiro están presentes moitas palabras da oralidade, da Fala-Lingua, hoxe arrasadas polos creadores da non-patria denunciados por Novoneyra.
Novoneyra rexeita as normas [do 1983]. ¿Qué non tería acontecido coas últimas e posteriores deformaciós? O libro último ofrécenos unha lección [ou leución] do autor ós estudiantes do Instituto Xelmírez, de Santiago, que se dispoñen a visita-lo Caurel. O acto celébrase o 30.10.1994. E dálles unha serie de consellos sobre cómo ve-la bisbarra, sen tocala, sen manoseala. “Falade coas xentes... Non-os fotografiedes nin lles “mireis” como aboríxenes. Pensade que iles son os últimos portadores vivos da nosa memoria profunda, da memoria profunda de Galicia, da civilización labrega tradicional de Europa, durante a cual se formaron e conformaron as súas Linguas i entre elas a nosa. O depósito depurado da memoria antiga. Por eso a Lingua propia é tan sagrada, porque garda a memoria dos antepasados de xeneraciós e xeneraciós, cuio único rastro queda na superficie da terra e mais na Lingua, e nos modos e “costumbres”, nos nomes dos sitios. Preguntádelles […] polos toponímicos dos lugares que pisedes e falade […], cos labregos-pastores, […], grávidos do seu mundo”.
Novoneyra chama ós rapaces “peregrinos pola Lingua”, o que quer decir “pórse en “contauto” coa Fala de cada lugar. Coa normativización do galego moitos falan como se escribe, i eso é empobrecedor. Hai que falar como se fala. Como falan os que falan. Estade atentos e veredes a riqueza de xiros e de tonos de voz siñificativos e non só os alumnos, senón os mesmos profesores, deben aprender dises portadores profundos da memoria pousada da Lingua[…]”. O home sigue insistindo no sentido da peregrinaxe que lles propón pra se afacer á Lingua, ó seu rexistro sonoro e amansado ritmo, á que os antiguos galeguistas denominaban a Fala, e que oir falar galego ós que o falan como respiran ven sendo como escoitar música. Esa sería unha peregrinaxe certa, deixarse invadir soavemente pola Galicia profunda, según a súa afirmación.
Pero a posible restauración da Fala-Lingua parece utópica despois da non-patria concretada polos últimos “paquetes normativos” e que xa denunciaba o poeta do Caurel. Somos moitos os galegos que non estamos dacordo coa política lingüística imposta nos últimos trinta anos; que poderiamos falar incluso de actitudes sectarias provocadoras da situación creada. E, curiosamente, na presentación pontevedresa do libro en memoria de Novoneyra, o actual presidente da RAG, o meu amigo Xosé Lois Méndez Ferrín, falou de que se Novoneyra e Celso Emilio non entraran na Academia foi porque a anterior RAG estaba sectarizada… Pero outra forma de ve-las cousas pode levarnos a decir: Pode que sí, por eso aprobaron as normas que denunciaba Novoneyra, as do 1983; pero é que na redacción das últimas, cuia aprobación tentaron forzar xa no 2001, parece que a RAG non tivo intervención, según algún académico comentou daquela, razón pola que teremos de pensar si cabe un esforzo rexenerador da RAG pra poñe-las cousas no seu sitio e recupera-la Fala-Lingua da Galicia profunda.
sábado, 27 de marzo de 2010
O ANO DE UXÍO NOVONEYRA
-
Pontevedra, 28.03.2010
-
Entrada n. 1207 do blog.
“A casa!, o val!, a patria homilde!.” Así titúlase o libro que, na serie dos Cadernos Ramón Piñeiro e co número XIV, acaba de edita-la Xunta de Galicia, libro homenaxe ó poeta do Caurel. En Pontevedra foi presentado o pasado 24 deste mes de Marzo nun acto un tanto protocolario, presentes no mesmo o secretario de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo, e mai-lo presidente da Real Academia Galega, Xosé Loís Méndez Ferrín. Estiveron tamén na mesa Herminio Barreiro, Daniel Pino, e Luís Cochón Touriño, editor xunto coa súa filla Iris dos textos de Uxío Novoneyra que se inclúen nesta obra de coidadísima edición conforme ó proiecto de Luís Alonso Girgado, Alexandra Cillero Prieto i Élida Abal Santorum. Tiven a sorte de dispoñer dun exemplar días antes do acto, de entrar xa nalgús dos contidos da obra, que nos brindan o conocemento dun Novoneyra pra moitos de nós inédito.
Eu conozo parte da obra poética do autor e conservo a primeira edición do seu libro “Os Eidos”. Algús dos seus poemas [lirismo telúrico según Piñeiro e Otero] formaron parte do “Tempo de Poesía”, un dos espacios do programa semanal en lingua galega que nos anos 1966 e 67 e como colaboración do Ateneo pontevedrés presentabamos por medio de Radio Pontevedra. Foron 92 programas, o último na segunda semáa de Nadal do 67, e non por censura; simple cansazo, falta de tempo. Desconozo o paradeiro actual dos guiós concretados nuns 850 folios ou así, entregados ó propio Ateneo prá súa custodia por si alguén quería continua-lo labor, o máis permanente da institución según o seu supervisor, Isidoro Millán González-Pardo. Pero volvamos a Novoneyra, xa que del vai o libro que arranca cun “alalá” da súa viúda, Elba Rey, que fai memoria do poeta: “Home plenísimo. AGUDA MEMORIA. O poeta está como obrigado á esperanza. Vai da memoria profunda da terra e do Pobo pola soedade, o amor i a morte até a concencia social e nacional… [….]”
Os protagonistas do acto, conocedores do poeta, das súas idas e voltas, do seu apostolado en moitísimos encontros e obras dos que fala a súa Bio-Bibliografía e que o home prodigou explicando a lingua como patria, falaron demoradamente do seu maxisterio. E medio centenar de pregós de actos por el participados van case sempre desa Fala-Lingua, como unha peregrinaxe ou misión intensa. El facía uns apuntes, como inventario das palabras i expresiós non prescindibles, polo que aparecen na escrita [como dín Iris e Luís Cochón] os trazos da oralidade que en moitos dos seus pregós fixou así, en galego e galegamente, pra quedaren aí como memoria escrita, o que coincide co discurso de Ánxel Fole sobre a identificación da oralidade coa escrita. E así, Uxío, antes dun recital pronunciado en Sada no 1989, fixo unha férrea defensa da permanencia dos localismos, rexeitando unha interlingua de laboratorio, na que só os inventores poden reconoce-la súa patria. “Non estamos en contra da interlingua, […], pero exixímoslle que se pareza máis á de tódolos galegos…” dixo daquela.
Crítico co Instituto da Lingua e coa Asociación Galega da Lingua, perguntaba tamén: “Cómo pretenden que se vaia entender e que vaiamos loitar por unha lingua que non é patria de ninguén? Por eso, ós que verdadeiramente falan galego, ós que solo falan galego, ós que sempre falan galego chegaron a facerlles crer que non o saben falar.” Aínda máis grave é o seu discurso en “A xeito de autopoética”, cando di que rexeita “o galego normativizado, homoxeneizado […] do ILG, da RAG, da Xunta e do Parlamento de Galicia, imposto incluso a obras de creación literaria donde máis se precisa conservar o “sangre” da Lingua vivida, a súa forma peculiar i o aroma de infancia e comarca”. Palabras graves. Como cando sigue a afirmar: “Rexeito o Galego Oficial, rexeito a normativa reintegracionista oposta a el e non menos encorsetada e con olor a falsa e a non-patria. Ambas quitáronlle a color, o sabor i a aventura a moita da Literatura Galega”. Un tema longo prá propia RAG. No ano do poeta.
Pontevedra, 28.03.2010
-
Entrada n. 1207 do blog.
Artículo semanal.
O ano de Uxío Novoneyra,

domingo, 6 de julio de 2008
CAUREL - COUREL
Pontevedra, 7.07.2008
Entrada n. 549 do blog
CAUREL-COUREL,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Inclúo no blog este video sobre o Caurel, Courel tamén chamado, pra ver de que os seus visitantes se achegan algo máis ó que representa esa bisbarra laceirada, devorada polas canteiras, estragada tamén por repoboaciós forestales de carácter irracional.
Moreda das Moradellas, de Uxío Novoneyra, en Os Eidos.
Moreda das moradellas!
Nogueiras, freixos da Varxa!
A Boca do Couto! As Agoas
i a Devesa da Rugueira!...
Baixando Moreda abaixo,
cara o Muíño das Edras:
bate a auga nas pedras...
peta nas portas un touro...
tecen as mozas a tea...
un monte, lonxe, fumea....
e vai muñando o boi louro....
No glosario que se publicou co libro "Os Eidos", o autor aclara algunhas palabras que son dialectalismos da zona, como "muñar", o que fai o boi louro, que é "muxir"; ou o "touro" que peta nas portas, que é realmente un porco macho sen castrar. Pensei d´aquela, cando lín a obra, se na denominación do porco semental, no Caurel e por vía da oralidade, non se estaría aplicando a mesma denominación que ós verracos de Guisando, os "toros de Guisando", porcos como no Caurel. Sabido é, ademáis, que á cultura dos verracos, das esculturas que aínda actualmente aparecen en diversas provincias de España, se lle chama "cultura dos celtas". ¿Sería un animal totémico? Pero a mente vaime ó touro que peta na porta, no camiño de Moreda abaixo. Ás posibles raíces celtas do Caurel.
O libro de Novoneyra, os retratos íntimos que o home fai do Caurel obrígannos a comprender mellor o drama que vive a bisbarra toda, precisada de todo tipo de apoio. Dende este blog insignificante xa o ten. Insistirei. Proba d´elo é que teño incluído antre os enlaces que aparecen na presentación deste espacio, o da asociación SOS COUREL.
VIDEO DE YOU TUBE / A TEIMA PRODUCTIONS

jueves, 27 de diciembre de 2007
NOVONEYRA [5.11.1999]
Pontevedra, 27.12.2007
Entrada n.387 do blog.
Van alá máis de oito anos da fuxida de Novoneyra, o poeta do Caurel. Este artículo veu ser unha especie de "in memorian" que redactei, eu que non podo facer outra cousa, lonxe do mundo oficial. Na distancia, sigo pedindo respeto prá obra de Uxío Novoneyra, porque non se perdan os seus rexistros, como tampouco as palabras inventariadas por Ánxel Fole, que sempre fixo unha defensa arrixada das palabras que viviron inmersas na oralidade da lingua, ó longo de séculos. Dito así, agora que estamos nun tempo de traiciós, incluso á lingua.

Non conocín a Novoneyra máis alá da lectura da súa obra --de parte da súa obra-- na que o home nos amostra o Caurel dos tesos cumes, a súa paisaxe íntima e os nomes que alí lle dan ás cousas, distintos ás veces dos que lle damos noutras bisbarras, pero profundamente enxebres. E penso que, cara á comprensión desas verbas –fácil cun simple glosario— tiñamos que nos ter comprometido a modo de particular Pentecostés os galegos que coidamos ter unha língua rica que se pode avivecer con tantísimo e variado rexistro, máis alá dunha norma inorde ou dos esforzos dos que tentan sacala do seu ser, das súas xentes, do seu presente. Entendo que a obra de Novoneyra –que escolleu o outono pra se marchar da sereidade— vai permanecer viva i esclarecedora e que a súa figura de home e poeta, cantada nalgús casos por amigos comús ---Méndez Ferrín, Salvador García Bodaño— vai seguir connosco.
Retomo o seu primeiro libro, a primeira edición de OS EIDOS, que está prologado por unha carta de Ramón Piñeiro...O autor, como un notario, define as cousas, as nomea, sabe ordea-las palabras pra que falen. Poesía na que transpira a Terra, na que se percibe o seu sentimento. Pequenos poemas que nos traen o recado das cousas, dos tesos cumes, das fontes, da primavera, do outono, dos lobos e os paxaros, etc. E así “Canta o cuco...cala e canta/ nos castiñeiros do val.../ Pasa o tempo e non dí nada.../ e torna o cuco a cantar...” Ou o canto do paxariño: “No bicarelo do bico do brelo/ canta o paxariño,/ no mesmiño/ bicarelo do bico do brelo...” Na puntiña da punta da ponla/ canta o paxariño... A eso queriame referir na demanda de nos achegar ós rexistros nos que o idioma cambia de voces pra deci-las mesmas cousas. Riqueza.
Uxío Novoneyra consagrouse á poesía por consello de Gamallo Fierros. Tamén sería decisiva a influencia do seu amigo Manoel María. A Carlos Maside e Ramón Piñeiro está dedicado o libro OS EIDOS. E dí Piñeiro na súa carta-prólogo que Novoneyra quería que a súa poesía fose como a “voz das cousas”, ás que lle atribuía un “posto superior ó do home na escala dos seres”. O poeta identifícase coa Terra, a paisaxe queda integrada nos seus sentimentos e, cando leémo-los poemas non sabemos –non séi— se é Novoneyra o que fala/escribe ou se son as cousas que trán recado do autor. Como se o home, da cabalo dos seus poemas do Outono escollera este tempo pra se marchar. “Os días son tardes longas/ nas que o aire soña/ ser aínda máis leve...”.”...Unha tras outra/ can as follas dando voltas..../Ollando á serra calada/ un agarda/ unha cousa queda e lonxana...”.Acabouse a distancia, Uxío.
Novoneyra, a súa primeira obra, estivo presente nalgún dos noventa e dous programas dunha emisión en língua galega que se emitía por radio en Pontevedra. Foi a primeira emisión da nosa Terra. Tempo difícil. Agora xa non é necesario recurrir á imaxinación pra deci-las cousas. Daquela sí, porque todo estaba censurado, todo. E hoxe sería posible facer unha demostración de fé nacionalista entón impensable. Sería incluso posible incluir na programación a lectura da Letanía do poeta: “..libre pra servir, libre pra non ser, libre pra morrer, libre pra fuxir...GALICIA irmandiña...GALICIA viva inda....sabemos que ti podes ser outra cousa/ sabemos que o home pode ser outra cousa”. E tamén sabemos que ti, Uxío, vas seguir antre nós. Galicia acesa na túa obra.
lunes, 10 de septiembre de 2007
SARMIENTO 1 [12.1.2002]

Nota. Fotografía do autor, Xesús López, en Compostela.
Pontevedra, 10.9.07.
Tal como prometín vou inseri-los traballos sobre Sarmiento que poida recuperar, escritos no ano 2002, comezando polo que sigue. Han seguir outros sete ou oito.
Parece como se o debate suscitado aquel ano fose intencionalmente desviado, realzando o feito da relación do padre benito con Vilafranca antes que a súa obra e as recomendaciós que teño reiterado non poucas ocasiós de construi-lo idioma a partir da fala. Esa idea representou un claro adianto sobre o que hoxe saben os lingüistas [menos os da AS-PG, os da Mesa pola Normalización e algunhas xentes da RAG, totalmente innecesaria] de que as linguas, os idiomas, son creaciós sociales antes que inventos de laboratorio. Insistiremos neste e outros aspectos. De momento, vaia o primeiro dos traballos prometidos, recuperado, no seu día publicado no Diario de Pontevedra e no Xornal.com.

O ANO DE SARMIENTO (12.1.2002)
por Xesús López Fernández
O Día das Letras Galegas vaise adicar a Frai Martín Sarmiento, o frade benedictino do século XVIII, polígrafo, sabio, pontevedrés, que tanto traballou pola dignificación do noso idioma, marcando camiños e pautas ou denunciando agravios. A Xunta declarou tamén oficialmente o Ano de Sarmiento, o que implica o compromiso das institucións públicas e órganos dependentes da mesma de adicaren parte das súas actividades a salienta-la obra do benedictino Por certo que, cando o señor Fraga anunciou o acordo despois do Consello, evidenciouse un erro da Secretaría cos Medios de Comunicación --que o propio presidente rectificou-- ó indicaren na nota que lle pasaran prá súa lectura que o escritor nacera en Ourense e non no Bierzo, como é o caso de Pedro Joseph García Balboa, nome de pía do P. Sarmiento.
Nacer en Vilafranca na noite do 9 de marzo do 1695 foi pura anécdota, polo feito de se-lo pai de Frai Martín Sarmiento Mestre de Arquitectura, que daquela volta estaba a rematar na vila dúas obras que lle encomendaran: a Colexiata e o Pazo dos Marqueses. Cando a familia regresa a Pontevedra, Sarmiento ten catro meses. Establécense na rúa da Palma --nunha casa hoxe desaparecida--, na que viviron un ano pra seguidamente establecérense en Santa Margarita, perto do centenario carballo. I en Pontevedra viveu ata os quince anos. Estudiou decote no Colexio da Compañía ata que a Gramática non tiña pra el segredos. Comeza daquela a memoriza-la Biblia. E continúa estudios no convento de San Benito, onde cursa Artes. O P. Feijóo, pasante e lector no convento antre o 1702 e o 1709, puido ser un dos seus primeiros mestres. E Sarmiento sería, anos máis tarde, un grande defensor da súa obra. Ós quince anos ingresa no convento de San Martín, en Madrid, onde viste os hábitos benedictinos/bieitos.
Pasado un ano marcha a Navarra, onde estudia tres cursos de Filosofía. Xa de volta é case un erudito, un curioso de todo saber, que lle pergunta ó padre bibliotecario de San Martín: ¿Cántos volumes ten a biblioteca?, Uns dez mil, libro arriba libro abaixo, Pois quero repasalos todos. Rotundo. Así era Sarmiento, dí un dos seus estudiosos –Marcelino Agís Villaverde--, “un polígrafo que manexaba grego, caldeo, hebreo e ducias de alfabetos...”. É a época na que prende nel unha forte arela polo estudio do idioma galego, acariñando a idea de establecer un vocabulario etimolóxico en latín, castelán e galego, que facilite o estudio simultáneo das tres linguas. A edición i estudio de J. L. Pensado dos “Elementos etimológicos según el método de Euclides” e do “Onomástico etimológico de la Lengua Gallega” constitúen hoxe un instrumento importante pra nos achegar ós estudios filolóxicos do frade. Edición coidada, lectura arroupada polo saber de Pensado, como dí no prólogo o doutor García-Sabell.
A celebración do Día das Letras Galegas está a esmorecer. Non sei se a figura xigantesca de Sarmiento vai poder aclara-las ideas dos señores académicos, previstos novos debates, porque pra Sarmiento non hai idiomas menores, aínda que carezan de escritura. E así chega decir: “Teño observado que as linguas vulgares, que soamente se falan e non se escriben, son case eternas, inmutables, e cada día se aumentan máis, conservando o carácter privativo da lingua. Quero decir que as voces que se aumentan non son extrañas, senon derivadas das mesmas raíces da fala, según as leis e analoxía dela mesma, sen conexión con lingua extraña. Pola contra, a lingua que se escribe, cada día vai perdendo máis as súas voces puras e primitivas, e só se aumenta de voces extrañas i exóticas, que endexamais foron nen serán da lingua”. Coido é fácil entende-lo que nos dí, porque esas cousas están a pasaren aquí e agora, coa imposición dun léxico moitas veces extraño, de costas á psicoloxía actual da nosa fala. A institucionalización do Ano de Sarmiento debería servir pra retoma-la fala conforme ó espírito do autor, pra traballaren con sereidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)