domingo, 18 de julio de 2010

A FIN DO ESTADO DE DEREITO


Malditos bastardos, do Blog de Natalia Pastor.
-
Pontevedra, 18.07.2010
-
Entrada n. 1256 do blog
-
A FIN DO ESTADO DE DEREITO,
por Xesús López Fernández
-
Aínda non creendo no Estado nada máis que como empresa particular, a que algús individuos usan como promotora do aborto, da eutanasia, ou prá que non conciben outra fin que a dunha sovietización crecente, como xa no 1934, coa revolución de Asturias, intentara Largo Caballero, o home ó que lle están saíndo discípulos por todas partes cunha clara intención: acabar con España como Nación.
-
O equipo de Goberno parece terlle declarado a guerra á Constitución. Siguen falando de Estado de Dereito, que xa ninguén encontra; presumen de leis ou de política de Estado cando acaba de finaliza-la presidencia de ZP en Europa, un auténtico desastre que trouxo como desenlace os serios avisos dados ó noso país.
-
É máis, aínda que o triunfo da selección española no campeonato do mundo trouxo como consecuencia a aparición de españoles, españoles saídos do armario incluso en Cataluña o día seguinte da manifestación convocada por Montilla, 600.000 euros gastados no traslado de xentes en 900 autobuses; o día do triunfo, sen que o tripartito aldeano-catalán gastara un peso, trouxo como consecuencia unha verdadeira eclosión de españolismo e de bandeiras españolas, incluso en Cataluña, sen lle costar cartos á Generalitat cataláa.
-
É chegado o momento de que a sociedade tome a palabra, que o ven facendo por medio de non poucos blogs. A salvación do país pode estar en internet e nas redes sociales. Agora introduzo uns enlaces de diversos blogs, de contido sustantivo, avisos de referencia prá navegación de cabotaxe:
-
-

No hay comentarios: