




-
Pontevedra, 20.07.2010
-
Entrada n. 1259 do blog
-
FOTOS DA FERRERÍA,
por Xesús López Fernández
-
É un momento de especial peligro, sen resistencia cidadáa pra evitare a morte do espacio. Lembremos que a "gran idea" do Bloque, xa manifestada no seu día, é a de elimina-los xardís, reconduci-la fonte á parte baixa da praza e, co pretexto de crear un novo parking, configura-la gran praza Roxa, o espacio polo que sospira a súa alma fascista/estalinista, que tanto ten. Pareceulles pouco acabar co tipismo de certos espacios e prazas: a praza da Leña, a da Verdura, a dos Polos, Curros Enríque, Avda. de Santa María, e a morte da vila como espacio comercial.
-
Os estalinistas de Pontevedra créense os depositarios das esencias do BNG e precisan prá concentración dos seus activos de toda Galicia da reconfiguración como Gran Praza Roxa d´A Ferrería de Pontevedra. Malo se non somos capaces de provocare, nas próximas elecciós, unha especie de galerna que acabe coa súa pretensión, coa súa capacidade sectarizadora, aldeanizadora, de elimina-la zona vella como espacio de convivencia, hoxe triste Gulag no que montan os seus circos en diversos espacios, prás xentes de fóra; onde xa resulta practicamente imposible o descanso noitarego dos residentes.
-
Recomendo ós aficionados á fotografía que procuren facer tomas da praza da Ferrería, tamén dos Xardíns de San Francisco, antes do arraso final, xa en marcha. (As fotografías hoxe inseridas son complemento dunha entrada anterior, "O Gasto contìnuo".)
No hay comentarios:
Publicar un comentario