sábado, 31 de julio de 2010

A TRAMA PARECE EVIDENTE

A ría morre por Ence, polos recheos excesivos do Porto de Marín, polo desecamento do fondo intermareal e os novos excesos de Mosquera. Estos chacaritas prometen novos e idílicos solpores; non defenden a natureza, están en contra dela. E buscan o solar.
-
Pontevedra, 31.07.2010
-
Entrada n. 1262 do blog
-
A TRAMA PARECE EVIDENTE,
por Xesús López Fernández
-
Acabaron co poder xudicial por medio da posta da Xusticia ó servicio do poder político, e doutros poderes. Buscaron en ocasiós un certo equilibrio pra salva-la imaxe do partido por medio da creación do ministerio de Medio Ambiente; pero o ministerio de Fomento permaneceu coa súa carta de irracionalidade tanto co goberno do PP como agora co goberno do PSOE, aínda que ZP presumira ante Europa da Lei de Costas española, que en Pontevedra queren descafeinar, deixar sen efecto, convertila en papel mollado.
-
Na situación de presuntos delitos e agresiós contra a saúde que aquí se levan dado, perdeuse moito dend´o tardofranquismo ata o día d´hoxe. ¿Qué acontece pra que a Xusticia funcione, nalgún caso, aínda que as sentencias permanezan despois sen seren executadas? Pois acontece que algús colectivos cidadáns non están polo contubernio, pola desfeita do litoral, como no caso de Pontevedra supón a avenida a Marín, a construcción do ferrocarril a Marín urxida polos tres partidos da corrupción e conectados con presuntas tramas. E agora a construcción da variante a Marìn, perdido xa o discurso de Alberto Núñez Feijóo. E que un presidente da Autoridade Portuaria vexa como imposible a reversión do que alí fixeron mal, e devolverlle ó mar a súa ribeira, cheira mal. Todos queren aparentaren estar dentro da Lei, pero opóñense á execución das sentencias, da aplicación da Lei de Costas tamén, que intentan prostituiren por medio do incomestible POL que acaban de redactar, a renuncia das promesas de Alberto Núñez Feijoo na sùa campaña electoral.
-
Se algo parece estar claro é que a Xusticia dou a razón, en diversos temas a Salvemos Pontevedra e, sobre todo, á Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres. Precisamente o portavoz deste colectivo, Eladio Torres, opinaba hai escasos días sobre a existencia dunha posible trama, idea que comparto (Eladio Torres, Faro de Vigo, 25.07.2010: Los vecinos de Placeres vamos a pelear hasta que se haga justicia)
-
Eladio Torres dubida dos políticos, pero o que lle falta á súa Plataforma é o de se configurar como unha verdadeira alternativa, abrangue-lo ámbito total do Concello, botar man de xentes independentes, porque nos políticos xa nadie cree, presuntamente tocados da corrupción mentres non se demostre o contrario.
-
A prensa d´hoxe trae unha noticia que pon de manifesto, tamén, a impotencia de José Blanco pra resolve-los temas do Porto de Marín. Teñamos presente, ademais, que non é enxeñeiro de camiños, nen tan siquer, parece, acabou o primeiro de Dereito. O contubernio parece claro; a morte da ría sentenciada por todos, menos por Franco, que non tivo culpa. E aínda hai quen ben lembra a súa frase na inauguración da fábrica de Celulosas: "¿Pero no había otro sitio?", advertido, ademais por Sánchez Cantón da perda dos valores naturales e da gran riqueza marisqueira, dende aquela contaminada.
-
Enlace no que se evidencia a trama: Faro de Vigo, 31.07.2010: Blanco garantiza la conexión de las mercancías del Puerto de Marín con el eje atlántico ferroviario. (Vamos, que está ó servicio da trama, en disposición de favorece-la fin da ría de Pontevedra)

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Todos están coa trama, os partidos todos.
Se Pepiño Blanco traballou pola desfeita do litoral, o seu labor foi continuado por Ana Pastor.
Os partidos todos, culpables de corrupción.