lunes, 19 de julio de 2010

O GASTO CONTÍNUO

Do blog de Don Filiberto, "aceiro por ferro fundido". A farola fernandina xa desapareceu, sustituída polo torpedo-supositorio de Fole.
Unha fotografía en Granada, donde abunda este tipo de farola, como en Cádiz, Málaga, La Línea, Vigo... Esta luminaria engalana os espacios onde está presente. A Ferrería pontevedresa vai perder parte da súa elegancia.
Letreiro da "economía sostenible" do réxime. Van gastar, no destrozo da luminaria da Ferrería, uns 150 millós das antiguas pesetas, pra unha maior presencia dos folecarolinos antipeprica cos que infectaron a zona vella.
-
Pontevedra, 19.07.2010
-
Entrada n. 1257 do blog
-
O GASTO CONTÍNUO,
por Xesús López Fernández
-
Neste blog xa existe máis dun aviso do gasto disparatado, da economía sustentable pra algús, da morte económica pra outros, porque todo o que se leva feito na zona vella trouxo como consecuencia a ruína dun modelo de cidade: administrativa e comercial.
-
Agora van gasta-lo citado presuposto no envilecemento da praza da Ferrería, na eliminación das farolas fernandinas e a súa sustitución polos torpedos-supositorios deseñados por Fole. ¡Qué horror!.
-
Aínda non dispoño no PC das fotos que saquei hai uns días na praza da Ferrería, de noite, realzada polas farolas cuia desaparición está programada.
.
Enlace:
-

No hay comentarios: