domingo, 11 de julio de 2010

¡VIVA ESPAÑA!

O fútbol parece ter un poder que moitos viñamos subestimando. Pódese decir que, incluso, o papel da selección española trouxo como consecuencia a recuperación da idea de patria coa que o goberno de ZP leva anos intentando acabar, reescribindo novas "memorias históricas", dictando a mentira como norma. Ou eso parece.
-
Pontevedra, 11.07.2010
-
Entrada n. 1254 do blog
-
¡VIVA ESPAÑA!,
por Xesús López Fernández
-
Non son home de fútbol, pero sí podo disfrutar coas demostraciós de bo xogo que está a facere a selección española. Sobre todo, cando parecía que ZP estaba a deseña-la excisión da nación, vía o novo Estatuto de Cataluña que o Constitucional acaba de descafeinar, ou vía as negociaciós do Goberno con ETA, resulta que ese fútbol, especialmente cando se ve coroado polo triunfo, trae como consecuencia o reencontro coa idea de país, coa patria común de galegos e andaluces, vascos e castelaos, cataláns i extremeños, especialmente nos momentos nos que algús radicales tentan defende-lo indefendible: a fractura do país e a instauración da corrupción.
-
Con independencia de si España resulta vencedora ou non na final que hoxe vai xogare con Holanda; con independencia dos pronóstcos do polbo Paul, que Rajoy dí que é de Bueu, coido que España volve ser máis España. E non importa que algús soñaran co posible triunfo de Portugaliza, que non existe, ou que se manifestaran a favor da victoria dos alemáns, xa derrotados.
-
Addenda: España, 1; Holanda, 0. Victoria emocionante; emoción reiterada ó longo e ancho da xeografía española. Xogo sucio de Holanda, victoria de España moi traballada. Cobran especial importancia as palabras de Vicente del Bosque, no sentido de que o "triunfo da selección aporta principios e valores a España". Chamoume gratamente a atención ver que en Johannesburgo, testigos de excepción da victoria española, estaban moitos españoles de pro, antr´eles Plácdo Domingo e Rafael Nadal, etc.
-
Enlaces:
-
--
-
La Gaceta, 12.07.2010: 11 de XULLO, día do ORGULLO NACIONAL.

No hay comentarios: