lunes, 19 de julio de 2010

FDEZ LORES, OFF-SIDE

Fdez. Lores, fotografía do Faro de Vigo
-
Pontevedra, 19.07.2010
-
Entrada n. 1258 do blog
-
FDEZ. LORES, OFF-SIDE,
por Xesús López Fernández
-
Como sempre a bradare cando comeza algunha campaña o seu discurso único, a culpa da presencia de Ence, según este alcalde que levou Pontevedra á ruína, é do PP. E non é así. Todos poden ter, de certo, parte da culpa de que non se resolvan os problemas que o propio tardofranquismo decía que había que resolver, que as fábricas asentadas en Lourizán foran un erro do que só se podían derivare problemas prá saúde e convivencia humáas.
-
É máis, digamos que o propio Franco era contrario á Celulosa, que o día da inauguración comentou, ó reparare no crime de lesa natureza cometido: "¿É que non había outro sitio?..", apreciación ésta que coincidía tamén co que afirmaba Sánchez Cantón.
-
Ence xa non ten concesión, presuntamente perdida no momento da privatización; Elnosa nunca a tivo, como Holcim (a sucesora de Horpasa), que Lores podería cerrar mañán mesmo porque tampouco ten licencia municipal. E a antigua concesión de Malvar en Mollabao xa está liquidada, desconocendo os pasos que Medio Ambiente está a dar prá devolución da superficie, uns 11000 metros cuadrados, ó dominio público marítimo terrestre, consecuencia de denuncia incoada por Salvemos Pontevedra e sentencia firme do TSXG.
-
Lores urxeu tamén a construcción do ferrocarril pol´Os Praceres en maio do 2000; do ferrocarril sobre o que existe sentencia de ilegalidade firme do TS, que nen Lores, nen os representantes dos outros partidos fan nada pra que se execute; como tampouco as outras sentencias: a de Tradepana e a dos recheos do Porto de Marín, onde non podemos esquecer que existe unha empresa cerrada en Cataluña, Gonvarri, prá que aquí outorgou licencia de primeira ocupación en espacio gañado ó mar o concellal de Infraestructuras.
-
A actuación de Lores en relación con Pontevedra, en relación tamén coa ría, pode definirse como a dun abandono total. Non importa que, basado na ignorancia das xentes, presuma de política ambientalista ou da obra da depuradora d´Os Praceres, totalmente ilegal, na que están invertidos diñeiros de Europa que é de supoñer que haberá que devolver.
-
Nota. Éste é un tema xa tratado neste blog, que coido ha ter novas presencias, contínuas, nos próximoas meses.
-

No hay comentarios: