sábado, 17 de julio de 2010

TODOS TRAIDORES

Complexo clorocelulósico de Lourizán.
-
Pontevedra, 17.07.2010
-
Entrada n. 1255 do blog
-
TODOS TRAIDORES,
por Xesús López Fernández
-
Greenpeace denuncia novamente a desfeita litoral de Galicia. Podemos decir incluso que tódo-los partidos están pringados e que, nun caso como o de Ence-Elnosa, están vendidos en corpo e alma: PP, BNG, PSOE. Non importa que, estúpidamente, xoguen coa mentira dunha mensaxe ecoloxista capada. Todos están pendentes do solar de Lourizán. Incluso algunha federación veciñal brinda desta volta soluciós, en plan carrileira do BNG, pra tentare leva-lo complexo letal ó Castrove.
-
O PP tería moi fácil as próximas elecciós municipales; pero miróuselle o rabo co seu intento de deixa-lo complexo na zona de protección litoral POL. Unha nova traición. Xa sabemos, polo tanto, que Alberto Núñez Feijóo non vai comprire coa súa promesa de recupera-lo litoral de Lourizán, algo que nunca nadie dixo antes. O discurso de Telmo Martín perde aceite, lonxe do que levou na campaña local anterior. O BNG está tamén asentado na pura traición. E o ministerio de Fomento, coa contrucción da nova variante de Marín, está poñendo as bases pra que non se cumpran as sentencias do TS en relación co ferrocarril, con Tradepana, cos recheos do Porto de Marín. A ría, pois, morre. Porque a matan, como temos dito.
-
E que nengún partido veña coa promesa sobre restauración medioambiental. Todos, todos, minten. Si a Xusticia funcionase, se fose posible a execución de sentencias firmes, estaríamos, evidentemente, noutro país. Pero o noso non é un Estado de Dereito. Greenpeace valora tamén as sentencias do TS. É posible que a agrupación ecoloxista internacional desconoza a cruzada xudicial de Salvemos Pontevedra, a sentencia existente sobre a reversión de Mollabao como dominio público marítimo terrestre, tamén pro sentencia firme. Polo demáis, non importa que os partidos adouten unha mensaxe aparentemente distinta. No fondo, todos están a serviren ós mesmos intereses, ós da corrupción que está a convertire está ría nun inmenso tremedal.
-
Non esquezamos nunca a foto emblemática da corrupción: A locomotora Mikado inaugurando o ferrocarril d´Os Praceres, presentes ne mesma, no mesmo xogo da citada corrupción, os señores Fraga, Cuíña, Fdez. Lores, e Tonecho, en representación dos tres partidos.
-
Enlaces:
-
-

No hay comentarios: