





Entrada (vista en sentido descendente) ata a estrada que baixa a Aguete dende a xeral de Marín-Bueu. Na dereita do "novo" camiño ousérvase a lesión da propiedade, que antes estremaba coa da esquerda, de Antonio Soto-Quiroga ou herdeiros.





Vista panorámica dende a parte alta. A casa da esquerda, do señor Cabanelas, tamén ten entrada polo servicio antes mostrado. Os tellados que se ven na parte baixa corresponden, á casa de Padín Sánchez.
-
Pontevedra, 20.09.2010
Entrada n. 1296 do blog
-
AGUETE, TERREO LESIONADO,
por Xesús López Fernández
-
A finca que se mostra parcialmente é resultado da compra e agrupación de catro terreos, sendo o máis alto o chamado Pozo da Revolta, que na escritura aparece tamén como nome da propia finca.
-
Vendidas varias superficies ó quedar cortada a propiedade por dúas carretera, como xa foi citado nas fotos, aínda existe unha pista que separa o enclave da Revolta do resto da propiedade. Esa pista era realmente unha pasantía, e nada máis, pero alí tamén construeu un que foi alcalde de Marín, e a pasantía tomou máis "carácter" e ancheou.
-
Naturalmente, pola vida hai que saber andar. E non entendo que non se poida facer neste lugar unha pequena casa, pero o PXOM de Marín non tiña prevista a edificación dese terreo, que sen embargo está lesionado polo servicio que inventaron certos listiños.
-
Non digo máis, incluso algunhas fotos anteriores á era dixital servirían pra evidencia-lo "roubo". E ademáis un plano que aclararía todo de forma cristalina. No plano vese ben que non existía o servicio fotografiado. É unha entrega que queda pendente, se vale a pena.
4 comentarios:
Me gustan las microhistorias de servidumbres de paso y chalets de Galicia, porque cada una de ellas lleva oculta en sí, una gran novela estilo Torrente Ballester.
Hay mucho material oculto para futuras grandes obras maestras de la literatura costumbrista. Están ahí, entre lirios y rododendros. Sólo hay que saber mirar....!!!!!!!!!
Gracias, Josele.
Neste caso parece que, mentres se fabrica un solar pra alguén, outros se beneficiaron da propiedade dunha señora que xa estaba lonxe da realidade. Presunto --aquí todo é presunto-- Alzheimer.
A esto téñolle dedicado un relato, de momento inédito, aínda que leve uns vinte anos escrito.
Alejandro Milleiro non era aparellador, senon xestor administrativo en Pontevedra.
Era Manuel Milleiro, o seu irmán, o aparellador municipal de Marín.
Un saúdo
Celso Milleiro (sobriño neto de ambos)
Gracias pola aclaración. Que conste así.
Ámbo-los dous tiñan relación con Emilio Quiroga. Foi a súa viuda a engañada.
Publicar un comentario