viernes, 1 de octubre de 2010

O GALEGUÉS

Remedo de galescola, "jalescola" no antroido pontevedrés do 2008.

Demostración viva de cómo se intenta privar ós nenos da súa lingua real por sobreposición do galegués, a lingua nazionalitarista da non-patria.

Primeiro plano do mestre, do escolante que fixo ben o seu papel no antroido pontevedrés. A estrela de cinco puntas é demostrativa de que a parodia das "galescolas" de Quintana vai en serio.

Os alumnos parecen atentos á clase de galegués ou galego deturpado polo carimbo nacionalista.
-
Pontevedra, 1.10.2010
-
Entrada n. 1304 do blog
-
O GALEGUÉS,
por Xesús López Fernández
-
Estou ensaiando un novo programa de fotografías, ver se consigo meter no blog as que me interesen con menos perda de tempo do que ata o d´agora. E parece que sí. Pero quixo a casualidade que me dese por ensaiar, antes que con outras, con estas do Antroido pontevedres do 2008. Parodia fina a representada por unha pandilla de amigos que se xuntaron pra faceren unha demostración pedagóxica no escenario habilitado a tal fin, a terraza do vello Savoy, que sigue sen rehabilitar.
-
Pero xa postos digamos algo máis, lembremos algo xa dito neste blog, qu´o galegués é o nome que actualmente dá a sociedade galega ó enxendro lingüístico creado polo Bloque que, inserido en diversas instituciós que teñen que ver coa lingua, fórona desfacendo, tentando achegala máis e máis ó portugués, cando o idioma é a fronteira. E así, servido o seu invento vía normas da RAG, administrado coesa culler, resulta que os políticos de tóda-las divisiós, de tódo-los partidos quero decir, tragaron e falan desta volta a que aquí vimos chamando a lingua da non-patria, definición canónica dada por Novoneyra, ó que non lle preocupaba a creación dunha interlingua na que se reconocesen os rexistros, as voces galegas atesouradas nas distintas bisbarras.
-
Siguen algús "terminators" do idioma a faceren a súa demostración, a súa afirmación, a súa xangal, douda arelanza de creeren que, coa baraza do Volga poden reconvertiren a esta terra noutra distinta: Galiza, terra de promisión pra estos nazionalitaristas fracasados que tentan reconvertírennos en portugueses dende os medios que lle van quedando, que algús xa desapareceron, faltos da subvención do bipartito. O esmorecemento do idioma galego está claro. Non importa que os políticos tenten face-lo seu discurso no galegués que non comunica, e así, a sociedade está de cada volta máis lonxe deles, máis vacunada contra os seus discursos, especie de gran ópera bufa.
-
Pero, a verdade, o que quería facer, neste post, era o simple ensaio de baixare as fotos da "biblioteca" máis doadamente.

No hay comentarios: