domingo, 9 de enero de 2011

O "progreso" que destrúe


Dibuxo do ano 1999, caricatura do que podía estar a pasare na ría de Pontevedra. A situación, hoxe, é moito peor, sobre todo valéndonos dunha depuradora ilegal asentada en dominio público marítimo terrestre. Os partidos, faltos de ética, non entran nestos temas. O tema do artículo podería ser exposto, todo el, en clave pontevedresa.

Pontevedra, 10.01.2011
-
Entrada n. 1389
-
Artículo semanal.
-
O “progreso” que destrúe,
por Xesús López Fernández
-
Hai xa tempo que está cambiado o patrón das precipitaciós que sofre o planeta. A causa, din os científicos, son as emisiós de gases de efectos invernadeiro. O 18 de Decembro do 2009 concluía o XV Cumio do Cambio Climático das Naciós Unidas, celebrado en Copenhague, no que se presentaron diversos estudios sobre estos cambios nos que non se pode ignora-lo papel do home como causa, polas súas pautas de consumo contaminante. Os científicos [revista Nature, 25.07.2007] xa tiñan atopado evidencias do cambio climático en marcha, como o aumento da temperatura media da superficie terrestre, variaciós na temperatura atmosférica e quecemento do oceano. Mais non tiñan reparado en cambios significativos a escala planetaria, aínda que as simulaciós climáticas por medio de computadora anunciaban xa esos cambios. Os científicos non andan na deboura das variaciós antre grandes chuvias concretas nunha rexión determinada, senón na global dos patróns da chuvia ó longo do s. XX.

Estamos vivindo nunha catástrofe ecolóxica global. E traio aquí unhas frases de Benedicto XVI. Se o Creador mirou que a súa obra estaba ben, pergúntalle Peter Seewald, en qué se ten convertido ese soño do planeta: “¿Será que, simplemente, a Terra é incapaz de resisti-lo enorme potencial de desenvolvemento da nosa especie? ¿É que non está feita pra que vivamos aquí de forma duradeira? ¿Ou é que hai algo que estamos a facer mal?” E o Papa responde no libro-entrevista “Luz do Mundo”: “Que non imos permanecer aquí eternamente no-lo dí a Sagrada Escritura, tamén a experiencia. Pero seguramente hai algo que sí estamos a facer mal”. E fala de cuestiós como o progreso e a libertade. “Hoxe vemos que o progreso tamén pode ser destructivo”, que hai que busca-los criterios dos que botar man pra que o progreso sexa realmente progreso, e fala do mesmo considerando dous aspectos distintos: o progreso do conocemento polo que o home foi acadando unha maior captación da realidade, a visión matemática do mundo, os experimentos... ¿E a ética?

Pois como o conocemento é poder, porque si conozo podo tamén dispoñere do que conozo, agora, co noso propio poder, somos capaces de destroí-lo mundo que coidamos ter descoberto por completo. É decir, que a ese progreso pódelle falta-la dimensión do ben. E fai unha pergunta esencial: ¿qué é bó? “¿Cara ónde o conocemento debe guia-lo poder?” O que é bó pró home, ¿é bó pró mundo? Tense deixado fóra de consideración o aspecto ético, no que está comprendida a responsabilidade ante o Creador. I engade: “Se o único que se fai é puxa-lo propio poder cara diante servíndose do propio conocemento, este tipo de progreso faise totalmente defacedor”. E no diálogo éntrase nunha serie de cuestiós: “¿Qué é realmente progreso? ¿É progreso se podo destroir? ¿É progreso se podo facer, seleccionar i eliminar seres humáns por min mesmo? ¿Cómo pode acadarse un dominio ético e humán do progreso?” E tamén entra noutro concepto da Edade Moderna, a cuestión da libertade, que se entende como libertade pra facelo todo.

O progreso que vivimos non foi pensado en clave moral. É necesario reflexionar e no diálogo siguen unhas consideraciós sobre o Cumio de Copenhague 2009, celebrado nada menos que ¡17 anos despois do Cumio de Rio Janeiro! A base da Conferencia de Copenhague eran os estudios de máis de mil científicos. Pero do Cumio nen saíron recomendaciós concretas pró enfriamento da Terra. Todo fai prever, se a temperatura media sobe dous grados, unha consecuencia de tempestades, enchentas, colleitas arruinadas polas secas... Benedicto XVI dí, antre outras cousas: “A vontade política non pode ser eficaz se non existe na humanidade enteira (sobre todo nos impulsores do desenvolvemento e do progreso) unha consciencia moral nova e máis profunda, unha disposición á renuncia que sexa concreta e se convirta tamén pró individuo nunha norma de valores prá súa vida”. O entrevistador fai cita dun filósofo, Peter Sloterdijk, en relación coa xestión global do planeta: “Os homes son ateos respecto do futuro. Non creen no que saben […] que vai ocurrir”. E así nos vai.

6 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

No se, amigo Xesús López. Pero yo no creo mucho en esos adivinos de la naturaleza. Para mi se trata más bien de ciclos que se repiten periódicamente y nada más.
Y es que además el ecologismo se presta a que chupen de él vividores sin escrúpulos por que hay subvenciones fáciles de conseguir. El año pasadp fueron cogidos alterando intencionadamente datos de temparaturas en los polos.
Esto no quiere decir que no cuidemos la tierra con todo mimo. Si nuestros actos no influyen en el clima, si influyen en la belleza, en que el ambiente seas más agradable. Y hay cosas que no nos hacen falta los ecollogistas para ver que con la deforestación, se empobrece la tierra etc.
Saludos cordiales

o blog de xesús lópez dijo...

El diálogo con el Papa és mucho más largo. Yo sólo he extraído alguna idea. Y ya sé que la cuestión del cambio climático puede ser cuestionada; que lo que está sucediendo puede tener como origen primero la deforestación (el agua que retenían bosques primarios desaparecidos puede ser la que ahora está golpeando en no pocos lugares de la tierra), la destrucción de ecosistemas sensibles como era la ría de Pontevedra, de la que ha desaparecido la sardina, que ha perdido calado o sus junqueras matriciales, que la siguen agrediendo con más rellenos para fabricar suelo gratis total para empresas contaminantes non vinculados con el mar, etc.
Todo muy largo de contar, pero malo si no somos capaces de actuar localmente. Eso n o se hace, se oculta información, no se sanciona, o se le dice a los franceses que el mejillón de esta ría no es apto para el consumo humano (por contaminado), mientras se sigue vendiendo como mejillón de Galicia el importado de Chile.
La repoblación forestal, si no está bien orientada, si se hace casi exclusivamente con eucaliptus, que no son vegetación clímax, suele derivar en incendios incontrolables, curiosamente multiplicables del propio eucalipto, habiéndose contabilizado 22000 rebrotes de cepa por hectárea quemada, siendo éste uno de los procedimiento utilizados para la expansión de esa especie pirofítica.
Pero al margen de todo lo dicho, es cierto que, en función de ciertos factores, también podríamos estar apuntando hacia una nueva glaciación, según algunos apuntan.
Gracias por el comentario, José Luís.

Natalia Pastor dijo...

Yo coincido con Jose Luis Valladares:son ciclos que se repiten periódicamente.
Hay una pléyade de "ecolistos" que se lo están llevando crudo (recordemos a Al Gore), avisando en plan Nostredamus de catástrofes venideras como el que juega a la lotería.
Hasta cambiaron la terminología cuando vieron que el personal estaba medio congelado y con nevadas brutales: pasaron del "calentamiento global" al más manejable - sirve para un roto y un descosido - de "cambio climático".

o blog de xesús lópez dijo...

Almargen de la valoración de los ciclos, es cierto que existe un poder destructor por parte del hombre.
Muchas de las infraestructuras que se han construído lo han sido al margen de la Naturaleza, sin estudio de impacto ambiental, condicionándola.
El agua de los bosques primarias arrasados puede ser la protagonista de tanta inundación como estamos sufriendo.
El Katrina ha podido significar, como los tsunamis y tgornados, que ahora se dan incluso en Galicia, no sé si son indicadores de cambio climático o bien de las protestas de la Tierra, de Gaia, como organismo vivo que tiene todo el derecho a castigarnos.
Pero si como consecuencia de tanto disparate se llegase a producir un cambio en la dirección de la corriente del Gulf Stream, que la mismo arfrimase más hacia la costa atlántica de los EEUU y menos a la europea, en dos años podría tal vez iniciarse una nueva glaciación.
Todo cabe en la especulación sobre nuestro futuro global.

josele dijo...

El cambio climático existe, pero no tiene nada que ver con la mano del hombre, si no con los ciclos solares y los cambios en eje del planeta en su órbita entorno al sol. Son ciclos. Y según los científicos relevantes (especialmente rusos) lo que ahora toca es una nueva glaciación, estilo Mínimo de Maulder, o una "pequeña glaciación" como la ya acaecida entre los siglos XIV-XVII.

Otra cosa es la contaminación. Eso sí que es importante y obra del hombre. las catástrofes medioambientales siempre son la consecuencia de las catástrofes morales previas.

o blog de xesús lópez dijo...

Josele:
Suscribo máis a teoría da posible glaciación.
Pero hai cousas que non se entenden alá moi ben.
Por exemplo: Estamos tendo un inverno crú. A chegada do frío notouse como nos vellos tempos. A chuvia pegou con gañas. Pero hai árbores que xa mostran a gomariza aberta a pouco que se produza un respiro no mal tempo que nos toca desta volta.
¿Pode a contaminación provocar cambio climático? Seguramente que sí. O home ten, efectivamente, un poder destructor pola súa perda dun norte moral, pola renuncia ás claves dunha Ética necesaria. O planeta é merecedor de respeto, e o planeta Gaia, como un todo vivo que é, pode protestar: tsunamis, katrinas, grandes superficies alagadas, etc. Fórmanse bolsas de plásticos, como illas, no Pacífico ou no Índico. I éso conforma un certo cambio climático. A agresión e aniquilación de ecosistemas tamén implica, polo menos localmente, un cambio de flora e fauna, como tamén a reforestación depredadora en clave colonialista ó servicio dos clústers. Etc.
Todo moi longo e con variantes diversas....
Gracias polo teu comentario.