domingo, 16 de enero de 2011

POLÍTICOS EN CAMPAÑA

Antón Louro vai encabeza-la candidatura do PSOE prás municipales do 22 de Maio.
-
Pontevedra, 17.01.2011
-
Entrada n. 1392 do blog
-
POLÍTICOS EN CAMPAÑA,
por Xesús López Fernández
-
Ós que non creemos na política, que entendemos que o simple feito de vivir da política sitúa a eses "profesionales" baixo sospeita, nada nos dí o feito de que Antón Louro, que onte presentou a súa candidatura prá alcaldía de Pontevedra, estivera avalado polo ministro de Fomento, Pepe Blanco, e mái-lo secretario do PSdeG, Pachi Vázquez. Persoalmente, preferiría que estiveran ausentes ambos persoaxes, porque teño un certo conocemento de Louro, do que sei ten feito en máis dunha ocasión declaraciós sobre a problemática das marismas de Lourizán e do Porto de Marín. Sí, preferiría que explicase cómo vai facer pra demanda-lo cumprimento das leis e defende-la vixencia do Estado de dereito. Mais, realmente, coido xa non está armado moralmente pró tal discurso. En decembro do 2009, a raíz dunha das sentencias sobre o Porto de Marín, a que ordea a retirada dos recheos, tiven ocasión de lle comentare, en relación coa dita sentencia que a ver cómo se executaba, si era certo que España é un Estado de dereito. E a súa resposta, en relación coa sentencia foi a de "¡Executarase!".
-
A ver cómo concilia o seu discurso "ecoloxista" co aval que lle presta Pepe Blanco, o que sigue "erre que erre", coa consolidación da rotonda a tres niveles en Mollavao, asunto no que se dá un verdadeiro menáge a trois, porque os tres partidos, PSOE, BNG e PP están d´acordo na construcción da tal rotonda no canto de levala cara ó interior i entrar así na dinámica de recupera-lo litoral de Lourizán, algo tamén prometido por Núñez Feijóo, ó que se lle está a pasa-lo arroz das promesas electorales. Por se aínda había algunha esperanza, as declaraciós do seu conselleiro de Medio Ambiente, Hernández, non deixan dúbidas. A eles, din, non lles gusta a construcción dunha rotonda que lesiona o dominio público marítimo terrestre pero, lonxe de denuncia-la obra xudicialmente, o que faremos algús ecoloxistas, urxe a súa construcción nunha especie de esquizofrenia incomprensible. Ademáis que o PP tampouco pensa en suprimi-la avenida de Marín. É máis, parece que todo está pactado pra degradare aínda máis a ría, pra consolida-la ocupación como solar das marismas de Lourizán, política coa que lle dinamitan a campaña ó propio Telmo Marín, que nas anteriores municipales presentou o proiecto máis ecoloxista de todos. Na anterior, que nesta xa non, xa non fala da praia de Pontevedra..
-
Que Louro tente que pensemos que se quer afastare do Bloque é algo de non recibo. E que teña presente que moitos dos disparates urbanísticos aquí cometidos foron posible gracias ó contubernio, formando goberno ou como meros consentidores, aquí existente antre ambos partidos de esquerda.
-
Nada parece salvarse nesta ría porque, como queda dito, o menáge a trois da presunta prevaricación existe antre os tres partidos. Son como putas. I están movendo os peóns prá non execución das sentencias do TS. ¿Estado de dereito? Non, gracias. É o discurso dos tres. E siguen enlaces en relación coas noticias comentadas, os tres de La Voz de Galicia.
-
Enlaces:
-
La Voz de Galicia, 16.01.2011: "Máis interrogantes sobre a variante a Marín" . O PP denuncia, pero traga. Non vale tampouco ese tipo de discurso no que nadie é inocente. E sí indecentes.

4 comentarios:

josele dijo...

menuda foto de "Lechoncito de Partido" que encabeza tu entrada, Xesús...¡¡¡¡está para comérselo!!! Sólo echamos en falta una dorada manzanita coronando su boquita, antes del necesario proceso de horneado en bandeja, al estilo castellano.

La cara es el espejo de un alma atocinada y de muy escasas y tenues luces.

Sin más que añadir, un fuerte abrazo y provechoso día.

o blog de xesús lópez dijo...

Coido que prá campaña conviríalle outra imaxe distinta.
El foi sempre de mascarón de proa e tanto el como algún dos seus amigos téñenme falado do seu convencemento ecoloxista sincero.
Discurso difícil desta volta, porque xa tivo tempo de facer cousas.
E xa non é tanto cousa de falare de Democracia ou de Estado de dereito, senón de executa-las sentencias xudiciales nas que foron derivando denuncias de distintos colectivos.
¡Agora teñen o asunto quente do scalextryc de Mollavao, a esperanza dos tres partidos políticos, dos tres, de paraliza-la execución das sentencias; de configuraren Lourizán como solar. Desgraciados.

Natalia Pastor dijo...

No conozco al sujeto, pero me temo que por lo que cuentas, Xesús, es otro más al que sumar al numeroso y proceloso grupo de vividores que anidan en la partitocracia que padecemos.
Qué cruz...

o blog de xesús lópez dijo...

Me temo que sí, Natalia.
A ver con qué discursos viene. Lo malo es que ya nada tienen que decir, pero sí ejecutar sentencias.