lunes, 28 de marzo de 2011
O idioma derrotado
domingo, 27 de marzo de 2011
A encomenda esquecida
No gradante evolutivo pontevedrés hai que face-la lectura ó revés. Ata se lle pode poñer nome a algún dos preomínidos que aparecen no gráfico. Un póster pra enche-la cidade cara ós comicios do 22.05. Pontevedra, 27.03.2011
Entrada n . 1413 do blog
Artículo semanal.
viernes, 25 de marzo de 2011
ROSA AGUILAR I ENCE
Parece que Medio Ambiente non está moi d´acordo coas declaraciós que días atrás fixeron Louro e o seu número 2 da lista de Pontevedra en relación cunhas afirmaciós de Rosa Aguilar sobre o caso Ence.Pontevedra, 25.03.2011
-
Entrada n. 1412 do blog
-
jueves, 24 de marzo de 2011
Desastre en Río Cruces, en Chile
Río Cruces, en Valdivia, Chile. As augas están tinguidas polos vertidos da Celulosa Celco, causante da mortandade de máis de mil ciños de gola negra neste espacio, no ano 2005, nun santuario Ramsar das aves, especialmente dos citados ciños. Limito o interese desta entrada a algús enlaces e videos.Costas, ¿a gran ramera?
Holcim nunca tivo concesión nen licencia municipal. Costas tiña información, pero a corrupción soterrada en principio na Delegación e no propio Concello de Pontevedra, fixo posible o miragre da súa permanencia en terreo demanial. Costas vai recurrire en casación ante o Tribunal Supremo a sentencia da Audiencia Nacional ordeando o cese de actividades de Holcim e a recuperación do dominio público marítimo terrestre. A Corrupción parece estar a marca-las pautas prá neutralización da Xusticia, pra acabare co Estado de dereito. Non se entende a actitude da cúpula do ministerio, que tenta salva-la deixadeza dos seus corruptos. ¿É corrupta tamén a cúpula?
Vista da autovía a Marín, tamén en dominio público marítimo terrestre. Costas quer salvare o complexo industrial que veu encanallando a convivencia e saúde humáas da poboación do entorno. E despois, sí, moita celebración do Día da Auga, do Día das Árbores, do Día da Vida, cando queren converti-la nosa mar nun gran tremedal. -
Pontevedra, 24.03.2011
-
Entrada n. 1410 do blog
-
domingo, 20 de marzo de 2011
Camiño do 22 de Maio.
Éste é o espacio que non queren recuperare. Na foto aparece xa enchousado o espacio que fora, cecáis, o máis grande banco d´ameixas e croques de Galicia. Pero os partidos (atendamos ben ó seu discurso) non están polo labor. Asumida a Carta de Aalborg como escaparate, esqueceron, como levamos dito por activa e pasiva a Axenda21Local, coa que se podería falare de recupera-lo espacio que aparece na foto. Pero, non, queren o solar pra sí ou prós clústers ós que renden pleitesía, ou mafia portuaria se así a preferides denominar.-
Camiño do 22 de Maio,
por Xesús López Fernández
-
-
Parece como se os representantes dos diversos partidos políticos estivesen dos nervios ante as vindeiras elecciós. E así, todo se volven descalificaciós cando hai un PXOM enquistado que a Xunta non quer aprobar, cando falta tamén transparencia á hora de asumir certos deberes con Ence, novamente cimbel electoral, e menos mal que hai consenso á hora de instar á Xunta prá cancelación do proiecto de incidencia supramunicipal que contemplaba a construcción da pranta de papel tisú en terreo concesional de Ence, daquela. Lembremos que a pretendida desafección do terreo demanial foille desestimada a Ence polo ministerio. Sobre este tema, como sempre, os partidos queren vender fume e quedan non poucas fiarazas nos discursos do BNG e do PSOE á hora de non querer interesare do ministerio de Medio Ambiente a confirmación escrita da improrrogabilidade da concesión de Ence, porque as palabras de Rosa Aguilar deixaron dúbidas. Aínda que Louro desminta o seu discurso.
-
Por certo, o candidato socialista, que pideu ás outras forzas o máximo consenso posible en relación co PXOM, parece ter claras as ideas sobre o futuro da pasteira, porque “hai unha clara e meridiana lei de Costas […] que regula os usos do litoral…”; que falou tamén con Rosa Aguilar e que ésta confirmoulle que non existe vontade, no seu departamento, de cambia-lo ordeamento xurídico; que, ainda entendendo que Ence baralle diversas posibilidades, a súa solución pasa pola reubicación do complexo coa colaboración posible, ou non, das administraciós e da Xunta en particular. E Telmo Marín tamén ten o seu discurso en relación co scalextryc de Mollavao, unha infraestructura que nos alonxa da sustentabilidade coa definitiva ocupación das marismas, que el promete frear se chega a tempo. E aquí hai algo que os partidos políticos esquecen: que non están a faceren os deberes da Axenda21Local que, como concello comprometido coa Carta de Aalborg terían que elaborare no canto de se perdere en debouras (ou debourias), lonxe do debate acougado.
-
Case no comezo da Carta de Aalborg+10 faise a declaración de que “desempeñamos un rol esencial na garantía do desenvolvemento sostible así como na cooperación doutros ámbitos da gobernación. Este papel demanda un achegamento enérxico e global á práctica política local e require a armonización ambiental, social e cultural cos intereses económicos. Tamén teremos de nos asegurare de que os nosos esforzos pra mellora-la calidade de vida local non poñan en peligro a doutras comunidades do mundo e das xeneraciós vindeiras. Somos o nivel de goberno que máis perto está do día a día dos cidadáns europeos, e temos unha oportunidade única pra dirixi-lo comportamento individual cara a sustentabilidade por medio da educación e a concienciación”. Poderiamos seguir con outros aspectos da Carta, que é un documento básico. Os concellos poden expoñe-los seus plans, pero tamén a sociedade civil pode suxerir vías de recuperación do capital natural, de apuntar vieiros de sustentabilidade anoxados polo poder. Nese sentido a sociedade civil, ante as administraciós cegatas, ten non poucas veces que acodir á Xusticia.
-
Cabería citar aquí non poucos casos conocidos incoados polos cidadáns burlados e, con sentencias firmes pendentes de execución, sen que os partidos se mollen na restauración da legalidade. Unha Axenda21Local debidamente participada tería evitado non poucos problemas á Administración. Mais parece que aquí foi furtada, que non está pra afrontare os grandes desafíos: creación de traballo, combati-la probeza i exclusión social, protección do medio ambiente, minoración da pegada ecolóxica, resposta ós cambios demográficos e xestión da diversidade cultural e consolidación dunha paz duradeira en zonas arrasadas polas guerras. Polo que se ve, a confección da Axenda21Local conlevaría unha sociedade con protagonismo na gobernación real, contra o discurso falaz e proiectos de infraestructura contra natura.
viernes, 18 de marzo de 2011
Pirineos en panorámicas de 360º
Pirineos oscenses.
Pirineos oscenses. Parque de Ordesa. Estoupido de color. Envidia dende Galicia, onde a paisaxe toda está contaminada por eucaliptos e aínda dende Ence, a abandeirada da Europa eucalipteira, nos invitan a ter outra visión destas árbores que sabemos son pirofíticas, causa principal dos grandes incendios que se dan na nosa terra, factor tamén importante este lume na súa multiplicación.miércoles, 16 de marzo de 2011
A falsa campaña electoral
Esta fotografía ilustra o meu post anterior, o que recolle o artículo titulado "A rexeneración de Lourizán". Apréciese á esquerda da foto outra das traiciós pendentes de resolvere, o tendido do ferrocarril que vai ó porto de Marín, que ocupa 55000 metros cuadrados de terreo demanial, algo que denunciaba o ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar en contra da postura de Fomento, ministerio no que debe haber unha camada de serpes ó servicio de interses bastardos, como agora acontece de novo co ministerio que está nas máns de Pepiño Blanco, coa construcción que queren levar adiante na punta de Mollavao, dun scalextryc a tres niveles. Todo pra consolida-la ocupación do dominio público marítimo terrestre. E os partidos todos, traidores.
Fotografía do complexo Ence coa que o Faro de Vigo d´hoxe ilustra a noticia de que o Concello de Pontevedra solicita a caducidade do decreto de supramunicipalidade de Fraga, ano 2003, polo que se tentaba poñer en marcha a construcción dunha pranta de papel tisú, de Georgia Pacific.-
Pontevedra, 16.03.2011
-
Entrada n. 1407 do blog
-
domingo, 13 de marzo de 2011
A rexeneración de Lourizán
Vista parcial das instalaciós de Holcim, asentadas en dominio público marítimo terrestre, sen concesión estatal. Cabe inserir aquí un corto relato antes do artículo semanal que vai seguido. O relato é o seguinte:-
Entrada n . 1406 do blog
-
Artículo semanal
-
A rexeneración de Lourizán,
por Xesús López Fernández
--
A Asociación Salvemos Pontevedra naceu cunha clara vocación de colaborare na restauración da legalidade, especialmente nos casos nos que as Administraciós calan ou miran pra outra parte, ou parecen levare a disciplina marcada pola Lei de Costas a un total colapso, o que conleva unha crecente ruína do capital social, especialmente salientable no sector do marisqueo, perdida hoxe gran parte do seu potencial e riqueza. Factores como a degradación ambiental por industrias de vertedeiro e a consentida ocupación do dominio público marítimo terrestre trouxeron a situación ó estertor actual. Salvemos Pontevedra ten fe en que sí se poden recupera-las marismas de Mollavao-Lourizán, auténtico plan B de salvación, de rexeneración da praia de Pontevedra e amelloramento da ría, aínda que a sociedade civil teña que litigar coa propia Administración. E contra a Administración local, na que tamén están acobilladas as forzas da involución, insensibles ante a situación aquí creada.
-
-
Poderiamos facer algo de historia, de cómo as denuncias que a Asociación foi presentando ante a Xusticia por presunta caducidade de concesiós nos casos Ence, Elnosa, Malvar e Holcim, foran xa enumeradas ante o
-
O pasado 17.02.2011 a Audiencia Nacional dictaba unha sentencia condenatoria contra a Administración do Estado (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino) ordeándolle incoa-lo expediente de caducidade da concesión outorgada a Ángeles Dios López, ocupada máis tarde por HORPASA e actualmente por HOLCIM (sen que éstas obtivesen título concesional), así como tóda-las medidas legalmente previstas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós. Como se afirma no comunicado de prensa de Salvemos Pontevedra, esta asociación ve na sentencia un novo paso prá recuperación, uso e disfrute tranquilo do dominio público marítimo-terrestre nas marismas de Lourizán, e o que semellaba unha quimera hoxe non é tal gracias á constancia e rigor do colectivo ecoloxista. Téñase presente que a reclamación prantexada por Salvemos Pontevedra é do 6.08.2004, dentro da campaña da asociación prá recuperación da titularidade pública e rexeneración das marismas de Lourizán, algo que pode resolve-la Xustiicia; non os políticos que esqueceron a sustentabilidade á que obriga a Carta de Aalborg.
-
Como xa queda enumerado, ésta ven se-la segunda iniciativa do colectivo resolta xudicialmente, na que a Audiencia Nacional afirma que o “silencio sobre silencio” da Administración é “favorable á parte” no último caso citado, como nos de Ence i Elnosa, pendentes de sinalamento prá votación e fallo. O Servicio Provincial de Costas, en primeiro lugar, i en segundo a Dirección General de Costas non contestaron ás demandas da Asociación de incoa-lo expediente de caducidade. Tamén está en lista de espera a cuestión da Edar, ilegal según a Lei de Costas (art. 44.6) e aí si que a Audiencia terá de entrar no fondo do asunto. Pola contra, o Concello (adherido á Carta de Aalborg como ben sabemos) está a forzar novas agresiós na ribeira da ría, non a arelada restauración desos espacios.
jueves, 10 de marzo de 2011
Os defensores do Estado de dereito.
Complexo dantesco asentado nas marismas de Lourizán, do que o propio franquismo se lamentaría decindo que da súa permanencia aí soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas, como así foi. Pero, acabado o franquismo, parece que aínda se acentuanos abusos de poder.-
Entrada n. 1405 do blog
-
Levo tempo decindo que, con vistas ás próximas elecciós, nengún dos partidos establecidos no Concello pontevedres, instalados na gobernación ou na oposición, están moralmente capacitados pra inserire no seu discurso a afirmación dunha falaz defensa do Estado de dereito.
Seguidamente inclúo o enlace dun vídeo de cando, alá polo ano 2000/1, comezaban coas obras ilegales do ferrocarril. A policía acodeu alí, a mallare nos veciños e veciñas, pero resulta que esa policía, a tenor da sentencia do TS, non estaba a defendere o Estado de dereito, senón a actuare como exército privado da mafia portuaria, a mesma que seguiría despois cos recheos e outros excesos.
-
domingo, 6 de marzo de 2011
Os Báculos da Moncloa
A Ferrería. Vista parcial coa iluminación das farolas fernandinas.
A Ferrería, no momento da inauguración dos báculos. As xentes que asisten á inauguración poden representare o "poder" de convocatoria do BNG. ¿Vinte persoas, trinta? Non máis. Pontevedra, 6.03.2011
Artículo semanal.