jueves, 30 de junio de 2011

CELULOSAS NO URUGUAI





Grupo Empresarial Ence, S.A. Imaxe da súa factoría de Lourizán , o averno pontevedrés.

Pontevedra, 30.06.2011

Entrada n. 1446 do blog

CELULOSAS NO URUGUAI,

por Xesús López Fernández

Os iteresados en conoce-lo tema han poder seguilo polo miúdo gracias a informaciós como as que veñen ofrecendo os blogs El Ojo de la Razón ou ben o Grupo Guayubirá, que tanto veñen loitando, como os arxentinos de Gualeguychú, contra a instalación das pasteiras de vertedeiro, coido que todas no río Negro: a finlandesa Botnia e a española Ence, liderada alí, presuntamente, por algús dos directivos da fábrica de Pontevedra, sancionados por contaminación continuada da fábrica aquí localizada. Na arrancada de Ence no Uruguai houbo un claro contubernio antre Fraga e Batllé, o que fora presidente do Uruguai, unha figura que haberá que lembrare polo mal que deixou sementado, aínda na memoria dos pontevedreses e da pallasada aquí orquestada, en Lourizán, da man de Fraga, outro home inicuo, que cando falaba de Georgia Pacific ou de Ence decía: ¡Este es el desarrollo sostenible y la nueva fachada marítima de Galicia!, como tamén dixo ó falare da piscifactoría de Stolt Sea Farm en Cabo Vilán, outro espacio derrotado polo mal encastañado no poder.


Por sorte, Uruguai ten un fiscal como Viana que os vai salvare do desastre. Eso creen. Veremos. Coa disposición ministerial que se ven de producir en materia medioambiental, di o fiscal Viana que "Botnia non se debería ter instalado no Uruguai e Aratrí tampouco. ¿Por qué? Porque o ben protexido da auga está afectada en ambos proiectos de forma feroz". Consultade o blog, que inclúe ademáis unha entrevista ó fiscal que nestos momentos defende a aplicación da Lei. Que así sexa. Eso dito dende Pontevedra, onde estamos fartos de falsas promesas, de agresión ó medio ambiente que permanece dende a inauguración dunha sucursal do inferno nesta ría, a fábrica de pasta Kraft, no ano 1963, momento inaugural no que algús testigos aseguran que Franco comentou: ¿Pero no había otro sitio? ¡Dios mío, que han hecho! E o Réxime foi sempre conscente do mal paso dado, de que coesa fábrica se creaba unha mala situación, agravada anos despois coa instalación dunha factoría de cloro. O Réxime definiría a situación como case un insulto á nosa dignidade e afirmaba que habería que levantare esas industrias pra evita-los problemas de saúde e convivencia humáas que se estaban a dar, evidenciados polas estadísticas de enfermedades de obrigatoria de declaración. ¿Cántas mortes non se lle poderían imputare á presencia desas fábricas na nosa ría? ¿Por qué sí se avisou ós franceses de que os mexilós desta ría non eran aptos pró consumo humán?

No ano 1978, como coido xa teño avisado neste blog, os franceses, nas compras de mexilón por medio de crétos documentarios solicitaban unha certificación do Instituto Español de Oceanografía acreditativa de que o mexilón non era da ría de Pontevedra nen dos sectos de Punta Meloxo e O Grove, no Sur da bocarribeira da ría d´Arousa. Ésto está xa contado noutras entradas.

É asunto xa dito neste blog, pero a situación faise rebelde. Talvez no eido medioambiental poidamos falare incluso dunha involución democrática, cunha Administración presunta prevaricadora, que tería que aprendere do manifestado polo Réxime franquista. Pero sobre ésto haberá que mazar unha e outra vez, porque hai novas en relación coa escalada da derrota do Estado de dereito.

No hay comentarios: