miércoles, 15 de junio de 2011

SALVEMOS PONTEVEDRA: O CASO ENCE


Francisco Díaz Sánchez, presidente de Salvemos Pontevedra. Home con vontade ferreña é, ademáis dun gran pintor, un experto urbanista. El e un pequeno grupo de amigos decidimos crea-la asociación Salvemos Pontevedra en momentos difíciles pró futuro da nosa ría.

Recupera-lo litoral natural, desparasita-lo dominio público marítimo terrestre da presencia dunha serie de concesiós presuntamente caducadas, perdidas ou que nunca existiron era un reto importante. El tivo sempre unha visión clara do camiño a seguir pra conseguire resultados positivos, e pra eso convirteuse, podémolo decir así, nun estudioso, especialista case, da Lei de Costas, unha lei que define como maravillosa. E recomenda ós políticos que lean simplemente o preámbulo pra se interesare polo texto desa lei que moitos políticos queren petardear por medio de actuaciós urbanísticas sen sentido. Algús defenden a permanencia de núcleos do litoral cheos de irregularidades, porque realmente están a defenderan unha casa da súa propiedade situada enriba da costa.

Podería contar moitas cousas, que anque a asociación ten poucos anos (foi fundada no 2003) o seu abano de actuaciós é increíble, resultado da capacidade de ve-las cousas o amigo Paco. Moitos dos pasos dados na cruzada xudicial que levamos andado están pendentes de resolución, pero algunha satisfacción vai chegando, como é a da cancelación da antigua concesión de Malvar, por sentencia do TSXGalicia de data 14.09.2009; outra sentencia recente, dictada ésta pola Audiencia Nacional, foi a do caso Holcim, formigoneira sen concesión nen licencia municipal, coido que no mes de febreiro, do que hai referencia neste blog nunha pasada entrada, Rosa Aguilar dixo que Costas recurriría a sentencia en casación, preocupada, ó parecer, polo efecto dominó que desencadearía, prometendo estudia-lo caso Ence.
Agora tocoulle o turno a ENCE, motivo do seguinte comentario.
Pontevedra, 14.06.2011
Entrada n. 1440 do blog


SALVEMOS PONTEVEDRA: O CASO ENCE,

por Xesús López Fernández

O 14 de Xaneiro do 2004, despois de meses traballando sobre os diversos temas, Francisco Díaz, como presidente de Salvemos Pontevedra, entraba por rexistro no Concello de Pontevedra, co rogo de que se considerase en pleno, unha proposta pormenorizada pró cese de actividades amparadas por concesiós presuntamente perdidas ou caducadas, que por esa razón xa non eran posibles no dominio público marítimo terrestre de Lourizán: Malvar, Holcim, Ence, Elnosa, algo no que o concello non quixo entrar. Tamén está denunciada a Edar d´Os Praceres, expresamente prohibida na Lei de Costas, art. 44.6. Abreviemos.

A Lei de Costas fixaba como concesional o prazo de 30 anos, o que nos sitúa no 2018, pero o caso de Ence non cadra coa legalidade, e cando se fala do 2018 como límite estáse a considerare unha concesión da que carece o Grupo Empresarial Ence, S.A., nome da actual empresa resultante da privatización, momento no que, polas transferencias de capital e dado que as concesiós non son transmisibles inter vivos, nen poden ser vendidas, esta empresa está actualmente sen concesión, por máis que os políticos sigan mantendo a falacia do 2018.

Tamén no espacio no que está asentada a empresa desenvólvense hoxe outras actividades que nada teñen que ver coa fabricación de pasta.

A presentación en sociedade da sentencia foi onte, 13.06, en roda de prensa, sobre a que incluirei algús enlaces das novas hoxe aparecidas en diversos xornales. Pero quero comentar algo que na presentación foi dito por Paco Díaz e que algún medio recolle: que nesa roda de prensa debería estare presente o ministro de Fomento, Pepe Blanco, o principal culpable de que se queira construir un escalextric na punta de Mollavao, de tres niveles e un diámetro na rotonda de 200 metros, o que sería unha nova lanzada prá ría. I ese proiecto o apoian o PSOE, o BNG e o PPdeG, que aínda que propuxo situa-lo enlace no interior, acabaría engulindo ese desastre, que está cuestionado por Salvemos Pontevedra e un abano de grupos ecoloxistas, coido que somos uns seis grupos, que iremos a poder ser, pola vía xudicial.

O plan de Paco é de libro: Non se trata de sacar de aí soamente a Ence e converti-lo dominio público marítimo terrestre en gran solar, senón o de recuperare todo o dominio e a fachada marítima, algo no que, a partir das sentencias que se van producindo, comeza a ser posible. Pero os partidos andiveron sempre noutra vaina. Agora sí ven con sentido a sentencia que ordea ó ministerio MARM e non vai ser recurrida polo mesmo, incoa-lo expediente de caducidade da concesión da antigua ENCE e proceda á paralización da actividade industrial co complexo contaminante: Siguen algús enlaces:




Nun deles, meu, dise: Lores non ten nada que decir. Xa perdeu a palabra. Tódo-los seus discursos foron sempre unha falacia. O que tivo que defini-la Audiencia Nacional, todo o set de denuncias, foille entregado ó Concello de Pontevedra, por rexistro (como xa está comentado no post) o 14.01.2004, sen resultado. Porque o seu fervor "ecoloxista" foi sempre unha mentira.


La Voz de Galicia, 14.06.2011: A competencia sobre a concesión é de Madrid, di Lores.. Sí, pero Lores sabe que Ence non ten concesión, nen Holcim, que tampouco ten licencia municipal. ¿Por qué non envía un par de policías municipales coa orde de interrupción da actividade). Ou xa postos ¿POR QUÉ NON DIMITE?







2 comentarios:

Lobo Solitario dijo...

Quizás... ¿No sería mejor intentar salvar toda la península? Es solo una idea.

o blog de xesús lópez dijo...

Somos una asociación pequeña y no tenemos capacidad para tanto. A ver qué pasa.
Yo le daría un consejo, Lobo, a los grupos ecologistas: que mantentan siempre su independencia y no se conviertan en correa de transmisión de ningún partido.