miércoles, 8 de junio de 2011

RAONÍ I STING

Raoní Metuktire é o lider dos caiapós, un dos indios máis conocidos do Brasil e no exterior pola súa campaña na defensa do pobo indíxena da floresta da Amazonía. Do home non se sabe a súa edade, mai-los antropólogos estiman debe andar hoxe por riba dos 70 anos. Da man do cantante Sting o mundo tomou conciencia da súa existencia en torno ó 1989, ó ser presentado polo cantante inglés en diversos escearios o cacique indio co seu "botoque" de oito centímetros de diámetro que ostenta no beizo inferior, marca rexistrada do seu pobo e que garda relación coa tradición guerreira da tribu. Nesta foto, o home encabeza unha protesta contra o proiecto de Lula da Silva de construire un encoro en Belo Monte, sobre o río Xingú, que sería o terceiro máis grande do mundo. Indios i ecoloxistas trasladáronse a Brasilia pra falare con Dilma Rousseff, clamando pola suspensión do proiecto. "Nós vemos na proposta do goberno de levare adiante esta construcción unha afrenta ós nosos pobos", afirmou no encontro Karepy Juruna, un dos representantes das etnias orixinarias de Xingú.
No festival de Cannes celebrado o 13.05.2010, Raoní tamén estivo presente, da man do director de cine Jean-Pierre Dutilleux, tamén documentalista comprometido cos pobos que viven no borde da civilización. Alí levou a noticia da súa loita ambiental, conocida dend´os anos oitenta, daquela en mancomún con Sting, o cantante inglés.
Raoní e Sydney Possuelo, o gran defensor dos indios amazónicos, son conocidos. Incluso teñen participado en conferencias, en España, no ano 2009. O 19 de maio, en Barcelona; o 21 do mesmo mes, en Madrid: Raoní, John Hemming, Vincent Brackelaire e Sydney Possuelo, pra daren a conoce-la problemática daqueles pobos.
Raoní na compaña doutro caiapó.
Con Sting, tomando café en Sao Paulo. Houbo un periodo de intensa colaboración que acabaría por algús anos. Raoní acusaba a Sting de ter feito diñeiro coa súa presencia; Sting a Raoní de se ter feito rico gracias a el. En fin, retesías, porque hoxe a amistade sigue i Sting sumouse á defensa dos caiapós contra o proiecto de embalsare o Xingú coa que sería unha das máis grandes presas do mundo, a terceira despois da china das Tres Gorxas/Tres Gargantas.
Pintoresca foto. Pódese decir que Sting foi un home providencial prós caiapós. El foi o promotor dunha fundación, a Fundación Rainforest. E inda o 25.05.2010 Lady Gaga, Elton John, Sting e Dame Shirley Bassey tocaron en vivo no Carnegie Hall de Nova York como un dos concertos semestrales a beneficio da Fundación Rainforest Fund, que se encarga de facer campañas pra preservare as selvas e os pobos orixinarios que nelas viven. A mesma foi creada polo cantante de The Police, Sting, xunto coa súa esposa Trudie Styler e Jean-Pierre Dutilleux.

Pontevedra, 9.06.2011
Entrada n. 1437 do blog


RAONÍ I STING,
por Xesús López Fernández

Sei que o tema da Amazonía, que inda tratei con dúas entradas recentes, precisa dunha maior atención. A situación dramática que está a vivire o pobo caiapó e outros pobos da área pola proiectada construcción dun gran encoro pode ter cabida neste blog. O tema non se agota e talvez máis adiante volva tocar en breve, como agora, algún particular que se me vaia ocurrindo. Podería incluso retomar algún traballo escrito polos anos 1992/3, publicados no desaparecido periódico pontevedrés Xornal Diario.

A palabra caiapó significa "xente ruín que mata", según Villas Boas. E coas pinturas de guerra, e armado, Raoní apareceu por primeira vez en público, coa fin de negociar co ministro do Interior, Mário Adreazza, a demarcación da súa reserva. Na reunión co ministro doulle un toque na orella e díxolle: "Aceito ser seu amigo. Mas voçé tem de ouvir indio". En 1999 protestou ante o presidente do Funai, Márcio Lacerda, contra a precariedade da asistencia médica nos territorios indíxenas.

Digamos que a súa sona internacional comeza no 1989, da man de Sting, cando o acompaña nunha viaxe a Europa, en campaña contra a invasión das áreas indíxenas. Regresaría a Europa no 2000 na procura de axuda financieira pra desenvolvere un núcleo de alta tecnoloxía no Parque Nacional de Xingú. O proiecto prevé a creación dun instituto co seu nome pra acoller un hospital, un centro de pescudas na biodiversidade da floresta, escolas e un núcleo de comunicación ligado a internet.

Mais desta volta a gran preocupación do xefe indio é conseguir evitare a construcción do grande encoro de Belo Monte, que comprometería seriamente a existencia do pobo caiapó.

Enlaces:

Wikipedia, Raoní


8 comentarios:

Lobo Solitario dijo...

Terminaran por desaparecer

o blog de xesús lópez dijo...

Tes razón, Lobo, que o progreso é despiadado. Pasou tamén aquí, coa ría de Pontevedra, víctima dos clústers e da mafia portuaria.

Candela dijo...

Aunque también pienso que está destinado al fracaso, es muy interesante la personalidad de este hombre y su capacidad de adaptación a medios occidentales para defender a su pueblo.

Muy interesante el tema que estás tocando, yo no conocía nada sobre este valiente personaje.

o blog de xesús lópez dijo...

Candela:
Estoy, simplemente, acercándome al tema. Van surgiendo nombres e irán surgiendo más, porque esto es una auténtica batalla.
Al daño que hacen los terratenientes y ganaderos, algunas veces asesinos, se une ahora el daño que va a causar la gran presa que va a originar el destierro de unas treinta mil personas.
A ver si voy ampliando alguna información y presento las credenciales de algún otro héroe.
Un cordial saludo, Xesús.

Natalia Pastor dijo...

Desaparecerán sí o sí.
La "civilización" arrasa sin conmiseración y los que se resisten son aplastados por una maquinaria implacable.

Así de triste,querido Xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Natalia:
Creo que al aplastarlos a ellos nos estamos aplastando a nosotros, matamos el planeta.
Saludos cordiales.

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

Por desgracia, me temo que será una batalla perdida. No es poco lo que está haciendo, de cara a concienciar al mundo civilizado de la realidad de aquellas tribus. En cierta manera, me recuerda la labor de defensa llevada a cabo por el obispo español Pedro Casaldáliga.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, Chinto, por el comentario. Quedan muchas cosas por decir aunque se vislumbre esa derrota final de la Humanidad, objetivo de un poder corrompido.
Saludos. Xesús.