domingo, 26 de junio de 2011

A gran riqueza posible


En Quiroga como en Monforte, o gando ten un valor real como riqueza xerada por esa gran factoría que é a natureza. Con que a Galicia non-a derivaran cara ó gando frisón e granxas de leite, afogada pola política agrogandeira da UE, onde priman as subvenciós e a venta de leite "negro" que actua aquí como lanzadeira pra reventa-la nosa economía. Parece como se o aggionarnamento acometido na nosa terra por tantísimo gandeiro non servira pra nada. Moitos atópanse nunha situación límite. Pensar na gandería de carne pode ser un factor favorable á economía rural da nosa terra. Estos bois de Quiroga están a participaren nunha experiencia física, según se explica no enlace. (La Voz de Galicia, 5.10.2010, Bois de Quirogan axudan a divulgaren a física).


A maior granxa d´España adicada a carne de boi, crece n´As Pontes. (Chuletones XXL, La Voz de Galicia, 26.09.2010)

Pontevedra, 26.06.2011

Entrada n. 1445 do blog

A gran riqueza posible,
por Xesús López Fernández

Hai xa moitísimos anos de qu´o veterinario Juan Rof Codina (pai de Juan Rof Carballo), veterinario e investigador, comprendera a posibilidade que a raza galega, concretamente o culón de Fonsagrada, tiña prá producciónde cáncer. A verdade, non sei por qué aquí se foi derivando cara ó frisón, esquecéndonos que o Devonshire inglés ven sendo a marela galega adaptada ó país, algo que tamén outros países ensaian, como Brasil, que vende como carne galega a que produce a base dun híbrido da nosa marela co cebú adaptado a Venezuela. Son datos que gardo na memoria e que, pró curioso, recomendo a súa verificación.

¿Por qué o abandono do campo? Porque ocuparon o monte que antes era asento e mantenza da avenza e o armentío (gando menor, ovellas, cabras, e gando maior, vacas, cabalos). E o retorno a esa economía sería rentable, moito máis que a prantación de eucaliptus incendiarios, que nada valen. Aí ten Galicia un factor de riqueza importante, algo que está comprendido nalgunhas partes, onde a xente ven agrupando vacadas de especies autóctonas como a cachena, a vianesa, a marela. As ovellas e cabalos son tamén unha riqueza a potenciar que, como animales rozadores que son, mingoarían sensiblemente o número de incendios forestales.

N´As Pontes, no lugar de Bermui, existe unha granxa que se adica á producción de bois de gran tamaño. Un letreiro avisa de que non se debe molestar ó gando pra que non se estrese, pra que coman a gusto e vaian así adquirindo as propiedades necesarias pra que a súa carne teña un sabor excelente, según comenta o seu veterinario Vicente Cebreiro Cocheteux.

A súa alimentación é a base de herba fresca e de cereal ensilado, algo que levan con gran coidado, xa que é a única granxa en España creada prá producción de chuleteiros de boi.

Os exemplares destinados a engorde son coidadosamente seleccionados, e castrados, e son fáciles de manexar.

Baixo a segunda das fotos está o enlace desta noticia completa. Pero suxiro ó lector que busque en Google máis información. De tódo-los xeitos, a economía de Galicia podería ser algo moi distinto do que é tendo en conta esas posibilidades que se nos escapan.

No hay comentarios: