domingo, 12 de junio de 2011

E pasou o 11 de Xuño

A acampada de Sol, en Madrid. Están en marcha os traballos de retirada. A presencia dos manifestantes alí, de forma continuada, e non ante a Moncloa ou o Parlamento, parecían obedecer ó mandato dunha folla de ruta, evidente cando onte, día 11, quixeron provocare altercados nas cidades onde foron constituídas corporaciós do PP. Non protestaron onde foi Bildu a forza ganadora, nen en Pontevedra, onde ovacionaron a Lores, o líder dunha das candidaturas perdedoras, que vai gobernare co apoio dun case desaparecido PSOE.

Pontevedra, 12.06.2011

Artículo semanal.

Entrada n. 1438 do blog



E pasou o 11 de Xuño, por Xesús López Fernández


Os representantes do Movemento 15M mostráronse activos na xornada do 11 de Xuño, en non poucos concellos, con motivo da formación das novas corporaciós. E así foron sonadas as mostras de protesta en Madrid, Castellón, Valencia, Palma de Mallorca, A Coruña ou Vitoria; en moitas outras cidades nas que, en xeral, triunfaron as candidaturas do PP. Nalgús concellos, previo pacto antre candidaturas perdedoras, logrouse aparcare á lista máis votada, porque a lei existente así o permite e, como indicaba Ignacio Camacho no ABC do 11.06 no seu artículo “Urnas y despachos”, só hai dous xeitos de evita-las componendas e pactos espurios en concellos e autonomías, típicos en ocasiós como éstas: reforma-la lei electoral ou (sic) reforma-la lei electoral, que non é enredo retórico porque a forma pode admitir diversas variantes: permitir que automáticamente goberne a lista máis votada ou establecere unha segunda volta antre os mellor situados. Calquera das soluciós, dí o autor, mellor que caer na entrega de alcaldías ou presidencias autonómicas ó mercado negro da política: tráfico de influencias, contratos con empresas, infraestructuras...

O poder acumulado coeses compangos pode ser un dos motores da corrupción e da deslexitimación da actividade política. Partidos bisagra nacen ás veces con vocación de rapiña e por medio de pactos opacos; acadan así tenzas largacías de poder que, con caradura, convirten en simples caixas rexistradoras. Tentan presenta-los acordos antre partidos de esquerdas como algo natural, “maiorías de progreso” lle chaman, “como non podería ser doutro xeito”. E pra eso están preparados e listos, máis “listos” que “preparados”. O feito de que o PP acadase a maioría na capital de 33 provincias significa que, neses casos, non vai estar pexado por grupos minoritarios, consecuencia do rebufo electoral dunha sociedade cansa, talvez, de verse traicionada pola política do Goberno central. Pero é necesario cambia-la lei, algo que terá de facere algún grupo con maioría parlamentaria absoluta ou por medio de voto consensuado: votación por medio de listas abertas, abolición da lei de d´Hont e xa postos e de paso, ter un poder xudicial independente.

As alianzas antre perdedores pervirten o espírito da competición democrática, cando non sobrepriman a candidaturas forxadas dende o oportunismo mercantil. O precio, moeda sucia, e posiblemente non hai partido bisagra que se teña salvado de caer no aballoamento por máis que o tente disculpare como algo excepcional. Os acordos de intenciós, mellor con luz e taquígrafos e antes de votar, pra que os cidadáns conozan por onde van os tiros pois, no caso de trampas, despois ven o gran chasco. Outra cousa é o “ideario” que quixeron mostra-las xentes da Porta do Sol, con insultos contra Aguirre e non contra os grandes fabricantes de paro do país. Este 11 de Xuño foron coa bullanga e caceroladas ás cidades nas se constituíron corporaciós do PP, conducíndose máis como magma antisistema que como grupos demócratas rexeneracionistas. E ó mellor ata se lles escapou o feito de que dalgunha administración foi retirada documentación con nocturnidade e alevosía, antes do relevo político con posible auditoría. ¡Se puideron ter creado un partido político!

Pero, non, preferiron sere campistas okupas do solar público. E agora, cando din que se retiran da Porta do Sol, a súa folla de ruta parece clara, estaba clara. Dunha certa corrente de simpatía con algunha das súas proclamas, a sociedade pasou a estare realmente indignada con eles. Foi precisa a intervención da policía en diversos casos e, practicadas algunhas detenciós, resultou que algús dos detidos tiñan antecedentes de “roubo con forza”. ¿Rexeneracionistas estos tíos? Rexeneracionistas poden se-las xentes de IU de Extremadura, onde as bases non son partidarias de pactare co PSOE e sí da abstención a favor da lista máis votada, talvez unha das formas de limpa-la política de vasura, de marcare o momento cunha certa dignidade.

9 comentarios:

candela dijo...

En Vigo, parece ser que "los pactantes" hasta tienen criterios opuestos en cosas fundamentales, y esto no favorece, precisamente la gobernabilidad.

Los rastas del 15M está claro de qué van, lo que no está tan claro es que los tengamos que aguantar ya para siempre en nuestras calles, como si formasen parte del paisaje.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Parece que sí nos van a dar la tabarra, durante un tiempo por lo menos. Ahora hablan de acampadas itinerantes.
Pero creo que todo ha quedado muy claro, porque ahora vuelven algunos a retomar el lema de "Democracia real, ya!", que estaba ausente desde que se evidenció la vinculación de su web con un portal del PSOE.
Un cordial saludo, Xesús.

Natalia Pastor dijo...

Dicen que se van, pero quedan retenes de la causa de la mugre, para que el personal no olvide que están ahí y que según se acerque el periodo electoral cargarán contra el PP con todo.

La legislatura que le espera al PP es terrorífica; la mugre y los sindicatos quemando la calle, manifestaciones y huelgas generales.
Y Rubalcaba meciendo la cuna...

o blog de xesús lópez dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
o blog de xesús lópez dijo...

Creo que da miedo pensarlo, Natalia.
Pero todo deberá solucionarse, aunque sea con gran esfuerzo.
Yo no consiento que ninguno de los indignados acampados se sienta más indignado que yo por temas de corrupción y desgobierno a una y otra banda.
Políticos honestos y sometidos al imperio de la Ley, y justicia independiente es lo que pido.
Saludos cordiales, Xesús.

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

Daría por bueno todo esto, si, al menos, quienes creyeron en la bondad de este movimiento caen de la burra y reconocen, de una vez por todas, qué hay detrás de tan radicales maleantes.

o blog de xesús lópez dijo...

Tío Chinto:
Tienes razón. Es una forma de verlo, pero creo con Natalia que al PP, si llega a gobernar, le espera una legislatura terrorífica.
Haría falta una sobrecarga de honestidad para mejorar las leyes, cambiar algunas, algo que pudieron hacer cuando gobernaron.
Pero es que ahora se respira un aroma asfixiante, un ambiente que cada vez recuerda más a la 2ª República.
La hoja de ruta de los indignados parece estar muy clara y no es difícil adivinar la paternidad de la misma: el mismo espíritu que en el 14M.

Sabela Arias dijo...

Eu creo que todo isto é complicado, en principio a idea paréceme necesaria, novas reaccións da xente (que a milleiros e a millóns está quedando aparte nesta crise, e non só xente nova)decindo cousas distintas dentro de tanta liña oficial, a isto moita xente apúntase, de sitios moi diversos. E logo en todos estes movementos hai xente que se apunta a todos os "saraos", eu vexo que isto pasa sempre.
Eu creo que é necesario que a xente teña a súa forma de reflectir o que pensa na sociedade, e a día de hoxe non o voto é moi importante, pero cando hai xente da política que forma parte do problema a sociedade, en todas as súas propostas, debe de ter un púlpito. De feito penso que ao ter voz, as persoas que nos representan decátanse de que tras os votos estamos nós.
Sei que hai moita xente con intereses particulares nesta e noutras, pero tamén vexo que hai xente con principios necesarios, e esa xente sí que merece a pena.

Un saúdo.
Sabela

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Sabela:
Coido que hai canles sobradas pra facere chega-la nosa protesta sen ocupa-lo espacio público que é de todos.
Pra min que había unha folla de ruta claramente marcada. Se desta volta funcionou twiter ou facebook, o 14M foran os sms´s, pero unha mente maquiavélica pode estar tra-lo asunto todo.
Curiosamente, na toma de posesión dos cargos de Bildu, non houbo protesta de acampados; sí armaron bulla en Elorrio, contra o apoio de Carlos García ó PNV. E o home trasládase agora con dous escoltas. Pero veremos que pasa.
En Pontevedra, onde hai moito que censurar da política de baldosa aquí practicada e de posibles corrupciós, os acampados vitorearon ó xefe dunha das listas perdedoras, alcalde polo apoio do que resta do PSOE na capital (que ten uns 300 militantes), e incluso lle entregaron un escrito que ese papón acolleu, PERO NON O ESCRITO PRESENTADO POR SALVEMOS PONTEVEDRA O 14.01.2004, CUNHA SERIE DE DENUNCIAS GRAVES SOBRE CONCESIÓS PRESUNTAMENTE PERDIDAS NO DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO TERRESTRE. LORES, DESPOIS DE CONTESTAR CUNHA CARTA D´AMORE, LEDO PORQUE EXISTÍA UN COLECTIVO CUNHA FILOSOFÍA DE ECOLOXÍA PARECIDA Á SÚA, NARICES, DÍXONOS QUE DEBERIAMOS CAMBIA-LA CARTA DE PRESENTACIÓN, NON A DENUNCIA, O QUE FIXEMOS PRA PRESENTARE DE NOVO, POR REXISTRO, A DOCUMENTACIÓN, SEN RESULTADO. TOTAL, QUE HOXE LEVAN ALGÚS ASUNTOS PENDENTES DE SOLUCIÓN, AÍNDA QUE ALGÚS ESTEAN SÍ SENTENCIADOS, LEVAN DEMORADOS, DIGO, SETE ANOS, POLA CULPA DESE MERLUZO SEUDOECOLOXISTA.
Parecerache un pouco forte o que digo, pero sei o que digo.
No meu blog hai referencias á maltratada ecoloxía desta ría, pero che recomendaría que buscases en iberica2000.org un traballo meu titulado "Pontevedra muere".
Pódoche contar moitas cousas....