jueves, 7 de julio de 2011

O CÓDICE CALIXTINO, ROUBADO

Detalle do Códice Calixtino, desaparecido da Catedral de Santiago. Pode se-lo roubo do século, tal como define El Correo Gallego.
O deán informou dos detalles conocidos: que o pasado martes o códice non estaba no seu sitio e, pasadas unhas horas e confirmada a desaparición, en torno ás 22 horas, ésta era comunicada á Policía. Non se descarta a idea de que teña sido un roubo por encargo, pra algún coleccionista ou pra esixire un rescate. Europa toda, o mundo da cultura europea, está consternada. Pra nos dare idea da importancia do manuscrito, da memoria do Medioevo nel contida, traiamos aquí unhas palabras de García Cortázar, que equipara este roubo a algo así como se roubaran o Museo do Prado. Introduzamos algunhas notas e diversos enlaces prá ilustración dos curiosos.
Pontevedra, 7.07.2011
Entrada n. 1450 do blog

O CÓDICE CALIXTINO, ROUBADO,

por Xesús López Fernández


¡Pois claro que Europa ten que estar doída e o Camiño de Compostela, europeo por excelencia, que marcaría ó longo das edades, talvez, a maior concentración d´europeismo na nosa capital, Santiago de Compostela!

O códice Calixtino é unha xoia de valor e trascendencia histórica incalculables. Trátase dun manuscrito ilustrado do século XII, considerado como a primeira guía de viaxes do mundo, referente pra milleiros de peregrinos da antigüedade, incluso prós que hoxe emprenden o mesmo camiño. Non esquezámo-lo dito por Dante Allighiere: "Son palmeiros os que van a Terra Santa, romeiros os que van a Roma, peregrinos só os que van a Santiago".

Seguindo a sinopsis qu´hoxe fai El Correo Gallego ó dá-la noticia deste roubo que moitos definen como "roubo por encargo", incluiremos algús dos datos máis relevantes:

Trátase dun códice do século XII no que ademáis do texto támén teñen especial importancia as ilustraciós. É dun extraordinario valor como fonte de información sobre a peregrinación a Compostela.

No ano 1964 foi encuadernado nun só volumen inseríndolle o libro de Turpín, que se tiña desmembrado i encuadernado independentemente. Mide 23x16 cms. e a caixa na que se conserva a escritura 30x21.

A obra consta de 225 folios de pergamino con paxinación en números románs, á que se engade a arábiga no reincorporado libro de Turpín.

O libro foi atribuído ó papa Calixto II, daí o nome polo que é conocido, conforme ó costume da Edade Media de lle atribuí-los traballos a persoalidades de gran relevancia pra así adornalos do seu prestixio.

O códice divídese en cinco libros: o primeiro ten carácter litúrxico e recolle sermós e h omilías. O segundo relata os miragres rrealizados polo apóstolo Santiago; o terceiro recolle a traslación do corpo; o cuarto é o libro de Turpín, e o quinto, unha auténtica guía de peregrinos.

Ademáis do contido histórico e artístico, hai que tamén salientare o valor literario da obra, cunhas descripciós de gran realismo e tamén con notas líricas. Non existe límite antre realidade e ficción, misturados nos relatos.

Os estudiosos opinan qu´o manuscrito foi realizado por tres amanuenses distintos, todos con moito oficio. Según Moralejo Laso, un deles escribeu ata o folio 186; outro dende éste ó 222, e un terceiro, cun tipo de letra máis avanzado, realizaría os dous últimos. A encuadernación da obra data do 1964, previo acordo do Cabildo e da Dirección Xeral de Arquivos e Bibliotecas.

Enlaces:
O roubo do século: o Códice Calixtino. O deán afirma que o ladrón sabía como chegar a el (El Correo Gallego, 7.07.2011, con diversos enlaces e opiniós ligadas)

Quen se levou o Códice Calixtino sabía cómo chegar a el. (La Voz de Galicia, 7.07.2011, con diversas noticias relacionadas, como o enlace anterior)
En literatura equivale ó Pórtico da Gloria. (La Voz de Galicia, 7.07.2011)
(Coido que a noticia merece máis enlaces, que declino. Buscade en Google)

2 comentarios:

José Antonio del Pozo dijo...

¿Y no crees Xesús que en ese robo, de una pieza tan excelsa, ha de haber gato encerrado?
Saludos blogueros

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Antonio:
No comprendo qué ha podido pasar. El Cabildo creo que se encuentra consternado.
De la magnitud del robo deberíamos estar preocupados todos los que nos seguimos denominando europeos, ya que la urdimbre afectiva entra las diversas patrias del continente tiene mucho que ver con el camino trazado por los peregrinos.
Un cordial saludo, Xesús.