lunes, 26 de marzo de 2012

O día da Anunciación

 O 25 de marzo, a Igrexa celebra a Anunciación do ánxel Gabriel a María. Comeza o proceso da salvación do home. Inclúo algunhas das fotos relacionadas coa basílica da Anunciación, en Nazaret. Nas paredes existe unha polícroma mostra da arte cristiá de diversos países do ancho mundo.  
Esta é unha fotografía caprichosa da fachada do templo, construído en cemento.  
 Máis mostras da arte alí concentrada.
 E máis nesta vista parcial do templo. 
 Máis realizaciós, como distintos ríos da fe cristiá e universal.
 Como esta outra vista, tamén do interior da basílica.
 Este é o sagrario da reservación, obra do pintor pontevedrés Rafael Úbeda Piñeiro, compañeiro meu de bachelerato. Aínda hai pouco fixo en Pontevedra unha exposición antolóxica da súa magna obra.


 Retablo da basílica.
 Éste é o relicario no que están depositádo-los restos de mártires franciscáns.
 Neste lugar sitúa a tradición a visitación de Gabriel: "Verbum caro hic factum est".
Outra vista da fachada da basílica.

Pontevedra, 26.03.2012
Entrada n. 1505 do blog

O día da Anunciación,
por Xesús López Fernández

Este blog está definido, será mellor decir que a miña intención, como "católico, ácrata, crítico". I esta entrada era prá ter inserido onte, 25.03.2012. Pero, ¿qué podo decir eu da visita de Gabriel e do "fiat", a resposta de María? Podo botar man de diversas fotografías, pasando ó mellor por alto as mellores de que dispoño daqueles lugares sagrados dende unha viaxe realizada a Terra Santa no mes de Xullo do ano 2009, algo que fun relatando na medida do posible por medio de diversos artículos que figuran  neste blog. Pero hoxe quero incluír aquí unhas reflexiós de San Efrén, diácono e mestre na escola de Edesa, Mesopotamia, que escribe as súas obras prá liturxia e  catequesis de lingua siríaca. 

E vou inserir, simplemente, a parte final dunha meditación titulada "Abrahán veu o meu día i encheuse de ledicia". San Efrén fala de cómo Abrahán, vello, e Sara, estéril, reciben a promesa do ánxel: "O ano próximo, nesta época, Sara vai ter un fillo". E nacería Isaac, aínda que Sara dubidara, por ser estéril.

María, pensando na virxinidade que quería conservare, dixo á promesa do ánxel: ¿Cómo vai ser éso, pois non conozo varón?. Certamente que a promesa era como contra natura, pero aquel que, contra toda esperanza, tiña dado Isaac a Sara é verdadeiramente o mesmo que, según a carne, naceu da Virxe María.

Na arrancada da historia da salvación.
  

6 comentarios:

DonFiliberto dijo...

Y aquí en Pontevedra se celebraba en la Virgen del camino la célebre feria de las calabazas. Este año sustituída por la fiesta del pan

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

¡Qué bien suenan en gallego, amigo Xesús, estos pasajes bíblicos, tan conocidos!
Un cordial saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Curiosamente, Choncho, o 25.03 era aquí o día das cabazas, que eu ben lembro de cando se celebraba no que fora entorno do templo da Virxe do Camiño.
Era tamén o día do santa dunha miña irmá; tamén dunha tía. Outra tía chamabase Visitación, en relación coa visita de María a Isabel en Ein Karen.
Saúdos.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Chinto:
É certo. Non hai máis que se achegare ós textos de Afonso X o Sabio pra percibire o sabor do galego arcaico, unha lingua feita pra orar.
Por certo, en Porto de Santa María, ó que lle quero adicar unha entrada, existe un templo forteza asentado sobre os restos dunha mesquita.
Afonso X, que reconquistou esa praza, coido que compuxo aí as 24 últimas cantigas do seu corpus adicado á Nosa Señora.

Un cordial saúdo

Lobo Solitario dijo...

Es arte y belleza en estado puro............

o blog de xesús lópez dijo...

Celebro que te haya gustado, Lobo.
Un cordial saludo