viernes, 23 de marzo de 2012

Visítanos Ana Pastor



Hoxe, 23.03.2012, visítanos Ana Pastor, a ministra de Fomento, pra falare co alcalde Lores. Dous antiecoloxistas fronte a fronte. Coido que na xuntanza van estare presentes máis persoas, antr´elas algún convidado de pedra.

 Asi vanse conformando os edificios do Gaiás, un tragacartos sen fin, un cáncer na economía de Galicia. O monte fora doado por José Luís Méndez, presidente de Caixagalcia e do Grupo Empresarial Ence, S.A., ó tempo que Fraga dictaba un decreto de supramunicipalidade pra situa-la factoría de Georgia Pacific nas marismas de Lourizán. ¿Troco, cambio de cromos? ¡Corrupción! Afortunadamente, Salvemos Pontevedra consigueu que Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente, definira as marismas de Lourizán, en canto que dominio público marítimo terrestre, como inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación por medio dun decreto, mentres algús chourizos da política siguen escollendo outra línea de actuación menos práctica.
Despois do goberno Fraga veu o bipartito e, no canto de aplicare una solución de zuruxán, non lle fixeron noxo á obra, na que presuntamente todos se beneficiaron , ladroeiros na cousa de gobernar. Hoxe, non hai cartos pra seguire con esa realización nen tampouco está claro qué van facer coas construcciós.
Pontevedra, 23.03.2012
Entrada n. 1503 do blog


Visítanos Ana Pastor,
por Xesús López Fernández

Pouco agardo desta visita, pois coido que na postración da cidade hai culpas dos diversos gobernos centrales e, sobre todo, dos gobernos locales, traidores á ecoloxía desta ría e ó modelo de cidade que aquí existía, cidade comercial e administrativa. Pero os mandiños locales teñen moita presa por novas infraestructuras, ó mellor pra que lles constrúan algún carril bici, máis lombos, ou novas sendas de madeira pola beiramar. Mellor dito, pola beiramar, non, porque a avenida de Marín, na que se apoia e sigue en paralelo, está construída en terreo demanial, o que supón unha presunta ilegalidade. Como unha casa. Unha ministra de Fomento que se precie de tal tería que poñer sobre da mesa o levantamento desa infraestructura, ademáis da execución das sentencias firmes xa existentes pra ire recuperando, por tramos, as marismas de Lourizán, desaparecido xa da escea o señor Fraga, que quixo outorgarlle nese espacio, no que ocupan as balsas de decantación de Ence, terreos a Georgia Pacific, Tisú de Lourizán, prá construcción da papeleira, "a nova fachada marítima d´Os Praceres", decía o león de Vilalba, e todo a cambio da donación de José Luís Méndez de monte Gaiás pró seu particular mausoleo. Un caso de presunta corrupción.     

Aquí xa foi construída, no mandato anterior de Ana Pastor, a pasarela d´Os Praceres, contraria á lei de Costas. E resulta que os do BNG, asentados na pura ilegalidade, queren conectare a esa pasalela outra construída na zona das Corbaceiras, ó tempo que prometían, bastardos, novos e idílicos solpores.    

Agora que o PP acaba de asina-la Lei de Transparencia, sería bo aclarar moitas cousas do que, pra un maior deterioro da ría, levan feito aquí os diversos gobernos, particularmente enzudrados algús amigos de Rajoy. E, lembremos, o actual presidente da Autoridade Portuaria de Marín está casado con Ana Pastor, e non mostra colaboración prá execución das sentencias condenatorias dos deshonestos recheos feitos en Marín ou do levantamento do ferrocarril ó que nos referiamos na entrada anterior. 

Pra maior aclaración, coa recomendación de que se faga unha lectura fina da información, porque algús van co paso cambiado, inclúo a seguido unha noticia de El Faro de Vigo, do 21.03.2012, titulada:

Lores comunica a Pastor la "urgencia" de ejecutar la circunvalación y reformar el nudo de Bomberos, algo que parece estar en contra de la defensa de la junquera de Alba como espacio natural de importancia local, como también la cabezonada de construir el nuevo puente de las Corrientes. 

addenda: Visita de coña. Criterios antiecoloxistas os de Ana Pastor e o Bloque, que non están a pensaren na recuperación das marismas de Lourizán. Políticos zafios. Transparencia, sí, e un carallo. Siguen dous enlaces en relación coa noticia da visita de Ana Pastor a Lores, que os dous foron médicos no ambulatorio Virxe Peregrina de medicina primaria, un viveiro de políticos "ilustres". Siguen as noticias:

Faro de Vigo, 24.03.2012: Pastor anuncia unha nova autovía Pontevedra-Vigo "máis eficiente" que as deseñadas ata o d´agora. Vamos, a mentira que sigue. E fala tamén de máis pasarela, ¡qué horror!  

La Voz de Galicia, 24.03.2012: Pastor compromete unha autoestrada libre de peaxe Pontevedra-Vigo. É decir, faltan redaños como pra declara-la A9, xa amortizada, libre de peaxe.

5 comentarios:

José Antonio del Pozo dijo...

a ver si hay suerte y se arregla algo, Xesús
saludos blogueros

Lobo Solitario dijo...

Aunque hablo sin conocimiento de causa:
Mucho me temo que "los árboles no dejan ver el bosque", o traducido, la corrupción es tan fuerte que arrastra a todos los partidos.
Saludos.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Antonio:
Muy difícil. Dios te oiga.
saludos bloqueros

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Lobo:
Efectivamente, lo de Gaiás ha sido de escándalo y de ser algo censurable ha pasado a ser objeto de deseo. Para la generación de viandas.
Y el intercambio pagado por Fraga se traducía en la pérdida de una parte de nuestro litoral.
Fraga actuó con poca inteligencia. En ese como en otros asuntos.
Saludos cordiales.

o blog de xesús lópez dijo...

7.12.2012.Desta volta Ana Pastor achégase ó criterio dos talibáns do Concello en relación coa construcción da pasarela ilegal pola banda da Avda. de Marín.
Tanto ela, como as xentes do BNG, parece estare polo abuso de poder puro e duro, en contra das palabras ou do discurso do Presidente do Senado en relación coa Constitución descafeinada da que estamos dotados: a Constitución como instrumento prá acción popular, prá defensa contra os abusos de poder..