lunes, 10 de diciembre de 2012

As declaraciós de Salvador Giner [27.09.2003]

Este dibuxo non garda relación co tema que sigue, pero sí.... porque vai de contaminación, unha recreación abstracta da loita dos voluntarios contra o galipote do Prestige. Pois ben, se daquela se falou de vara-lo petroleiro en Corcubión ou ben noutro porto, Ence, a fábrica de celulosa, ven ser como un Prestige varado en Lourizán, fabricante con outros da morte ambiental que se lle está a impoñer a esta ría. E despois falan os mañufes da Política da paisaxe galega, do turismo de excelencia, no canto de asumi-los partidos todos unha defensa patriótica do noso medio natural e de salva-la nosa paisaxe da presión dos clústers, etc. Pra decilo en palabras certas, rotundas, mellor sería toma-lo discurso de Salvador Giner, sociólogo catalán, en relación cos nosos problemas, e deso vai a entrada d´hoxe, un traballo recuperado presentado na web de Galiciainformación o 27.09.2003.

Pontevedra, 10.12.2012
Entrada n. 1583 do blog


As declaraciós de Salvador Giner [27.09.2003],
por Xesús López Fernández
  
¿Pódese decir algo máis do que dixo Salvador Giner en relación co arraso das Rías Baixas, coa destrucción sistemática da paisaxe?. ¿Cómo se pode seguir coa pretensión de vender unha costa verde con solpores indescriptibles, con praias de fina area, cando algunha delas ou non está xa ou vai desaparecer en breve, chegada á situación dunha rexeneración artificial e irracional ano tras ano? ¿Cómo se pode decir que Pontevedra é unha cidade fermosa, o seu casco vello, cando foi sistemáticamente arrasado ó longo dos últimos anos, privados de sabor algús dos seus recantos máis íntimos, arruinado o comercio tradicional?  ¿Cómo se pode decir que ENCE non contamina, cando na ría non existe unha soa granxa de rodaballos? ¿Sabía vostede que, presuntamente pola contaminación de mercurio e dioxinas, ós franceses se lles daba  información de que o mexilón destas augas e o dos sectores de Meloxo e o Grove non se debía comer? ¿Por qué será que o Ministerio de Medio Ambiente, que parece traballou na Mariña luguesa co derribo do complexo de Caixagalicia e mai-la estructura dun hotel en Foz, non dispón o cese do complexo clorocelulósico antidemocrático, peligroso, contaminante, do que o tardofranquismo dixo no ano 1973 que fora un claro erro e que desas dúas industrias soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas?

En Pontevedra sigue apestando con relativa frecuencia; a salinidade das augas da ría, o seu sabor, está modificada, porque se trata dun medio sensible que chegou recibir da factoría ata catro veces o volume de auga consumido por Marín e Pontevedra. E agora, co emisario, estáse a cambia-la morte da ría nesa escalada de despropósitos que denunciou Salvador Giner. Do que seguramente non ten información o sociólogo é da incidencia en procesos do tracto respiratorio das emisiós da fábrica de celulosas, en número superior en varios milleiros ó da poboación de Vigo, que case nos cuadruplica en habitantes. Por poder pódense decir moitas cousas, desas cousas que se saben dende hai tempo, do entreguismo de certos políticos a intereses espúreos. ¿De qué vale que algunhas xentes do Bloque se pronuncien en contra da consolidación do complexo de Lourizán, se a forza máis irracional a defende-la permanencia do averno naquel antiguo paraíso é, precisamente, a Cig? ¿Qué sentido ten, se só son uns trescentos postos de traballo? ¿Non chegou o momento de erradicar dalí o complexo, o mal, levalo pra outro sitio con nova tecnoloxía e con vertido cero? Porque se non se fai así, acabouse a ría, acabouse o turismo de excelencia, acabouse unha riqueza, a riqueza do mar, que podería fácilmente multiplicarse.

Ten razón Salvador Giner cando fala de que neste asunto está de máis o nacionalismo e que o que fai falta é un patriotismo real, que tódo-los partidos deben levar no seu programa a recuperación da paisaxe galega. Estamos seguros de que cando volva por aquí o sociólogo catalán vai atopar todo aínda peor. Seguirase a xogar co posibilismo, coa mentira, como aquí fixo o propio Fraga, que nas dúas campañas do outono 1989, chegou decir, en resposta a este que escribe, que chegado o vencemento do plan Ence, o plan CE, que vencía en febreiro do 1992, se a fábrica seguía contaminando habería que pechala. Así de claro. E así de claro que é un mentireiro. E agora está empecinado en colocar aí, en Lourizán, a fábrica de papel tisú. Seguro que nen se enterou das palabras de Salvador Giner, que xa non lle pasan certa información.


4 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

Si, además del despropósito medioambiental, entramos en atentado contra la salud pública, eso son ya palabras mayores, amigo Xesús. Y eso, efectivamente, debería unir a todos los partidos políticos, en un mismo propósito de evitarlo.
Un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Chinto:
Efectivamente, non dubido de que aquí se estivo a dar, se está a dare, unha actuación criminal. Moito mañufe mamando aínda que tenten vendere un programa medioambiental.
Unha aperta

candela dijo...

Si con tantos asesores no son conscientes del daño medioambiental y a la salud pública, es que no les interesa. Pesa siempre más el porcentaje o lo que ahora llaman "mordida".

Ahora tienen o se han buscado una excusa en la creación de puestos de trabajo, manda narices...

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Son criminales. Y ladrones. Y siguen....

Un saludo