lunes, 10 de diciembre de 2012

De impactos

Un dibuxo fractal do 1999 no que se caricaturiza a contaminación da fábrica de celulosas, de pasta Kraft, polucionada a atmósfera, tinguída-las augas nos primeiros anos de presencia da factoría asesina, nos primeiros sesenta. A degradación, a corrupción producida daquela, iría acabando coas xunqueiras, que os políticos acabarían por desecar. O corto traballo que sigue foi inserido no seu día na web de Galicia Información, o 2.10.2003. Pode incluso estar xa no blog, como traballo anteriormente recuperado.

Pontevedra, 10.12.2012

Entrada n. 1582 do blog



De impactos [2.10.2003],
por Xesús López Fernández

Lembro agora que hai anos fíxose un estudio chamado ESCORP, Estudio de Contaminación da Ría de Pontevedra. Foron traballos demorados, en parte saboteados por medio dalgunha acción  tipo "comando". E a segunda parte do indicado estudio sería agachada, choída baixo sete chaves, aínda que finalmente sóubose dela. Aquelo, aínda que non se lle chamara así, foi un auténtido estudio de impacto ambiental, como agora se dí con máis "aquel". E no tal estudio estarían, posiblemente, as claves pra non consentírmonos por máis tempo a presencia do complexo de morte en Lourizán. A Xunta, ó longo destos anos, estivo a acobillar un ano tras outro o tal enxendro, ata o punto de que en certa ocasión na que foi denunciada ante o Defensor del Pueblo, Gil Robles, a contaminación irresistible, a presunta relación da actividade clorocelulósica e as enfermedades que se dan na nosa área de saúde, a resposta do Defensor foron uns informes que lle remiteu a Xunta e que levaban, todos eles, o indicativo de Celulosas; eran informes da propia fábrica.

De todo esto haberá que falar longamente, perguntarse novamente por qué a estas alturas sigue sen estar ordeado ese estudio de saúde, da relación causa efecto nas áreas de Pontevedra e Marín. É máis, do Boletín Epidemióloxico de Enfermedades de Obrigatoria Declaración da Xunta, desapareceron os I.R.A.s, o número de infecciós respiratorias agudas, que todos sabemos que sí tiñan relación coa actividade da fábrica de pasta. É decir, Ence non contamina, non afecta á saúde, "porque os i.r.a.s. foron suprimidos do boletín". De Xuzgado de Guardia se os houbera, ou de Seprona. Pero tranquilos, que aquí non pasa nada máis alá do conocemento familiar do mal que o pasou o "defuntiño", de cómo había que levar ó neno a un centro sanatorial pola crisis asmatiforme conseguinte á nube de malcheiro que, nacendo en Lourizán, abranguía as zonas citadas. En fin, de todo esto, que debería estar hai tempo no Tribunal de Estrasburgo, haberá que falar por activa e por pasiva.

De momento, o que sabemos é algo máis de cómo se cocen os informes de impacto ambiental, os que agora son así chamados, porque unha noticia de espanto aparece nos medios do día 2.10, a de que Carlos del Álamo, o que foi "brillante" conselleiro de Medio Ambiente, o actual presidente do Parque das Illas Atlánticas é tamén presidente dunha empresa de consultoría que concursa pra realiza-lo estudio de impacto ambiental sobre o mesmo parque. Eso, certamente, non é de recibo. Pero é que ademáis, como sempre defenderon o labor benfeitor de Ence, enténdese que, finalmente, non é preciso o tal estudio, que abonda con lle perguntar ó complexo de Lourizán. Queda moito por contar.

P.S. Este corto traballo foi presentado pola web de Galicia Información o 2.10.2003. Hoxe podemos decir que, pola permanencia de Ence en Lourizán, os políticos de distinta afiliación que tiveron mandiño en Pontevedra, na Xunta ou no propio Goberno Central, son responsables de ter configurado Pontevedra como área de saúde deprimida, responsables incluso do crime de lesa natureza contra a ría toda, ó que desta volta, a cara destapada, parece queren poñerlle o ramo de loureiro non poucos dos políticos e políticas en exercicio. Parecen dispostos a se cargare a Lei de Costas, o litoral, ou converti-las Marismas de Lourizán en solar prós seus ensaios urbanísticos, recalificaciós, plusvalías, etc.   

No hay comentarios: