domingo, 2 de diciembre de 2012

O espírito de "la Pepa"

 En Cádiz, o 24.04.2010.  Cúpula da catedral.
 Vista interior da catedral
perto do porto gaditán
onde Cádiz mostra a súa vocación atlántica e transatlántica...
                     
 Como nunha cinta transportadora, así ía aparecendo o texto da Constitución do 1812..Art. 255.....
 reconoce o dereito á acción popular nos casos de soborno,  cohecho e prevaricación de maxistrados e xueces....
.. a receta ou medicina que nos dá "la Pepa", a acción popular coa que o Goberno quere acabare. Dá pena ver cómo dend´a Xusticia se burlan dos que exercémo-la acción popular. Nalgús casos, sí, díctanse sentencias que parecen correctas, que estamos nun verdadeiro Estado de dereito; mais esas sentencias case nunca se executan, sobre todo cando serviría esa execución pra restaurar non poucos dos nosos espacios naturales, traspasados nalgún caso ós clústers pola corrupción política crecente, un verdadeiro tsunami de descomposición. ¡E falan de recupera-lo espírito de "la Pepa"!.

Pontevedra, 2.12.2012
Artículo semanal.
Entrada n. 1579 do blog



O espírito de “la Pepa”,
por Xesús López Fernández

            Sara Baras, gaditana que leva sangue galego nas súas veas, acaba de actuare n´A Coruña, concretamente o 30.11. E ante os coruñeses, no Palacio da Ópera, presentou o seu último espectáculo. A muller, que sustitueu o apelido paterno, Pereyra, pra configurare así un palíndromo como nome artístico (léese igual nos dous sentidos), chegaba á cidade herculina pra homenaxeare, coa súa arte, á Constitución de Cádiz, “la Pepa”, así chamada suponse que por ter sido aprobada o 19.03.1812. A xira prá representación da obra comezou en Sevilla o día no que se comprían xustamente os douscentos anos da promulgación daquela Constitución. Sara é autora do guión  e son importantes as súas palabras no sentido de que “La Pepa” non é sóo un símbolo, “que é un sentimento, unha actitude, un xeito de sentir, unha forma de ser, un carácter, unha esperanza, algo que se leva dentro e que nos trae a mar”. Afirma que “la Pepa” non naceu o 19.03.1812, que xa estaba, e di rezar polos que sofriron ou morreron e loitaron por un mundo libre.

            O mérito de Sara Baras dedúcese das súas propias palabras, a resposta que dá cando lle perguntan si se pode bailar una constitución e, profunda, xunto co relato da xestación da obra, da visita ós lugares avincallados coa Constitución de Cádiz, optou por lle dar a esta Pepa o xeito de sentire da xente do pobo que, dunha situación difícil e dolorosa saca parte positiva, chea de esperanza. A artista conforma o espectáculo como un estoupido de enerxía positiva nestos tempos tan complicados. “La Pepa” é un persoaxe alegórico que vai cinguindo e provocando, como a protexe-lo que vai pasando. Por onde se vai representando esta obra, renóvase algo do sentido popular da idea de Nación. Sara, que ten interpretado a Carmen, a María Pineda, Sabores e a Juana la Loca,  ten actuado varias veces en Galicia, i é poseedora de numerosos premios. A xira que está a levare a cabo vai chegar a París, polo Nadal, prá presentación do espectáculo. ¿Cómo, entenderana os franceses? Aquel público é maravilloso, di ela e, como ademais “la Pepa” foi sancionada tra-la expulsión dos franceses, a obra non mostra bandeiras nen uniformes.

            A Constitución española do 1812, “la Pepa”,  foi promulgada polas Cortes españolas reunidas extraordinariamente en Cádiz e a este texto ténselle outorgado unha gran importancia histórica por se tratare da primeira constitución promulgada en España, ademais de ser unha das máis avanzadas do seu tempo. A soberanía pasaba a residire na Nación; os cidadáns pasaban a ter unha maior independencia pra actuar ante a Xusticia. Precisamente no mes de abril do 2010 estaban con obras de restauración no oratorio de san Felipe Neri, onde fora promulgada. Alí puiden apreciar como o texto do artículado ía pasando, electrónicamente, sobre un fondo negro… “Art.255. El soborno, el cohecho y la prevaricación de los magistrados y jueces producen acción popular contra los que los cometan”.  Ó regreso de Fernando VII, éste anularía a Constitución pra gobernare de forma absolutista. O texto serviría de base, non-obstante, prá elaboración doutras cartas magnas: 1837, 1845, 1869….

            Curiosamente, cando a actual Constitución (que parece de chicle), de “santo” o próximo 6, precisa de certas reformas pra unha maior eficacia e polas tensiós secesionistas existentes volve a idea de Nación soberana. O Rei falou do espírito de “la Pepa”, e tamén Gallardón, mentres as novas tasas parece van alonxare máis ós cidadáns  do recurso ante a Xusticia. Certo que o art. 125 da actual Carta Magna recolle a acción popular que xa ZP quixo laminar, sendo ministro de Xusticia Francisco Caamaño. Hai malestar e pró día  6.12 están previstas diversas manifestaciós de afirmación da Nación española. “Todos españoles” é o lema. Co espírito de “la Pepa”, que especialmente predica Sara Baras na súa “cruzada” artística, pode ser fácil sumarse a esa idea, á defensa do país. 

6 comentarios:

candela dijo...

Para vergüenza de gobernantes no, porque no la tienen. Debería caérseles la cara a cachos cuando un pueblo pide unidad y es ignorado.

Somos desgraciados, seguro que es el único lugar del mundo occidental donde todavía existen las tribus porque ningún cacique quiere "perder cacho".

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Tienes razón.
Nunca imaginé que las fotos que hice en Cádiz, la muestra corta que presento, convergirían en el blog con un artículo de estas características, aunque alguna pueda estar ya presente en relación con algún viejo post sobre la acción popular, sin la que también el PP nos quiere dejar, porque el gallardonazo también apunta en esa dirección.
Un saludo cordial

Natalia Pastor dijo...

De aquella Constitución,de aquel sentimiento a lo que hoy padecemos y vivimos,sólo queda el desencanto cada vez más profundo de una ciudadanía ignorada por completo y sometida al os designios de una casta política cada día más alejada de los problemas reales de la gente.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Natalia:
Realmente parece que estamos fase de desguace total. Que algunos ciudadanos idealistas quieran restaurar la idea de la Nación soberana, recuperar el espíritu de "la Pepa", puede no ser suficiente sin una verdadera revolución.
La sociedad está, efectivamente, desamparada..
Un cordial saludo

José Luis Valladares Fernández dijo...

Podemos trazar un paralelismo de aquella Constitución y la actual. Ambas trajeron el desencanto. La Pepa porque había sido redactada con todo el entusiasmo y vino Fernando VII y la echó abajo. Esta no ha sido anulada por ningún monarca, pero es el propio Tribunal Constitucional que la estira y la encoge como si fuera chicle para adaptarla a los deseos del gobernante de turno ¡Toda una desilusión para los que la habíamos recibido con alborozo.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
He recibido tu libro, al que he comenzado a tomarle el pulso. Lo veo prometedor.
En relación con mi post ya ves que me muestro escéptico, que creo más en Sara Baras que en los políticos e instituciones que hablan de recuperar el espíritu de "La Pepa", al mismo tiempo que convierten la Constitución en vigor en instrumento completamente inútil.
Por cierto, Fernando VII, sifilítico y enfermo de gota, su cuerpo supurando, aún tuvo fuerza para lograr --¿?-- dos hijas en sus postreros años. De sus relaciones anteriores, tres, no había conseguido familia.
Y fue, junto con ZP, el peor gobernante que tuvo España.
Un abrazo