Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de julio de 2009

CASTELAO, POSIBLES ACCIÓS XUDICIALES

Hai que visita-lo lugar pra comprendere qu´o novo Castelao pode ser un Castelao matador. Xa por accidente ou por pura violencia, alguén pode acabar espetado contra do apéndice agudo da estatua. Á hora do accidente non vai haber diferencia antre man estilizada, carpeta de dibuxos, ou alfanxe matador. Que nunca pase nada máis alá do despropósito que Teresa Casal non sabe explicar.
-
Pontevedra, 26.07.2009
-
Entrada n. 1022 do blog
-
CASTELAO, POSIBLES ACCIÓS XUDICIALES,
por Xesús López Fernández
-
La Voz de Galicia do 25.07 recolle a noticia de que antiguos directivos de Amigos da Cultura estudian a posibilidade de comezar acciós legales contra o Concello, por ter disposto do que, aínda formando parte do patrimonio urbán, pode non ser da súa propiedade.
-
Amigos da Cultura organizou, no seu momento, a recaudación e xestión de aportaciós prá realización da obra, que en principio o Concello non quixo recibir. Finalmente fora ubicada nos xardíns de Santa María, un dos espacios máis emblemáticos da cidade, ata a súa deconstrucción por estos ayatoláhs, traidores da memoria recente.
-
Sigue un enlace da noticia dada por La Voz de Galicia:
-

viernes, 24 de julio de 2009

BUCIÑOS DENUNCIA

O monumento a Castelao, trasladado á zona do Museo, actuación denunciada polos presuntos propietarios do mesmo.
Manuel García Buciños (foto de La Voz de Galicia) protesta igualmente polo cambio de ubicación do monumento.
-
Pontevedra, 24.07.2009
-
Entrada n. 1018 do blog.
-
BUCIÑOS DENUNCIA,
por Xesús López Fernández
-
O escultor fai unhas declaraciós a La Voz de Galicia polas que se manifesta contrario ó traslado do monumento, pensado prós xardíns de Santa María. O home está enfadado, naturalmente, antr´outras cousas porque non se lle comentou nada, d´acordo coa política do goberno local estalinista.
-
Ós pontevedreses xa nada nos extraña despois de vere cómo acabaron coa cidade e cómo acaban tamén co idioma. Neste sentido, no chan no que agora "puxo pé" Castelao, xa está alí a súa "pegada" deconstructora do idioma, do que Castelao foi igualmente outro deconstructor na medida na que se deixou levare pola moda portuguesa. Pero aquelo foi un lapsus que non se debería perpetuar.
-
"Nós temos fé no noso povo, mais logo o noso povo ha ter fé en nós".
-
Esa ou parecida frase está alí xa grabada. ¿Cómo? ¿Povo con uve?. Pero si éso é un disparate. Porque do latín "populus, populi" non pode derivar "povo", sí "pobo". Como de "lupus" "lobo"; como de "polipus", "pulpo, polpo ou polbo", nunca "polvo", como algús cachorros da lusomanía escriben xa. Pero ese debe ser, en todo caso, problema dos portugueses, non dos galegos.
-
Enlace:

lunes, 20 de julio de 2009

CASTELAO NON ÍA PRA ESTATUA

Castelao está agora ante o Museo, posible arma letal según temos comentado nunha entrada anterior.
Pero hoxe hai algo máis, porque ese traer e levare caprichosamente esculturas dun lado pra outro, e convertilas en estatuas antr´os peatós non ten moito sentido.
-
Pontevedra, 20.07.2009
-
Entrada n. 1015 do blog
-
CASTELAO NON ÍA PRA ESTATUA,
por Xesús López Fernández
-
O traslado da escultura de Castelao acaba de ser denunciado. Parece que incluso pode ser cuestionada a propiedade da mesma, adquirida por medio do producto da subasta de obras de Laxeiro, Moldes, Colmeiro e Torres organizada polo Casino Mercantil na década dos oitenta.
-
O Concello opúxose á colocación da escultura, que mesmo marchou pra Moraña por uns días pra de seguido e cun certo secretismo ser colocada nun marco adecuado, nos xardís da Avda. de Santa María. Asistín daquela á inauguración: Ceremonia íntima e versos de Xaquina Trillo.
-
Fernando Martínez Vilanova, que con Paco Cimadevila, Villalta e Augusto Fontán, levou daquela a cabo a campaña de recaudación de fondos, ven de presenta-la oportuna protesta oficial no Concello, pra sorpresa, seguramente, de Lores e Teresa Casal, que seguramente prefiren a nova ubicación da escultura, un Castelao matador, lonxe da paz que tiña en Santa María, no espacio agora arrasado.
-
Enlace:
Noticia do Faro de Vigo: El no iba para estatua

lunes, 29 de junio de 2009

CASTELAO ACHÉGASE Ó MUSEO

A escultura de Castelao pode ser agora un arma letal. Baixo a capa e coa man dereita pode estar a soster un alfanxe, diríase; polo menos a propia prenda pode ser alfanxe en por sí, tal como está presentada, pra que alguén que dea un mal paso ó baixare as escadeiras quede alí espetado,....
... mentres coa man esquerda parece quererlle dar énfasis ó seu discurso, traicionado desta volta polos ayatoláhs da accesibilidade.
Castelao estaba ben onde estaba, nos xardíns da avenida de Santa María. Pero a teima deconstructora da cidade, dos ayatoláhs que nos gobernan, non respeta a elegancia que transmitían certos recantos. Pouco a pouco, a miseria vaise estrando pola cidade enteira. Pasou antes co monumento de Alexandro Bóveda, pasa agora co de Castelao....
que o reconvirten en peatón, case en arma letal ó pé da escadeira que fixeron onde antes estaba a balaustrada do Museo. Hei inserir algunha foto propia, pero esta de La Voz de Galicia mostra a Lores e Teresa Casal na "inauguración" doutro paso da deconstrucción da cidade.
-
Pontevedra, 30.06.2009
-
Entrada n. 1002 do blog

CASTELAO ACHÉGASE Ó MUSEO,
por Xesús López Fernández
-
Mellor dito, achégano. Con cada actuación urbanística dos nosos gobernanes locales, a cidade sae máis e máis derrotada. O monumento a Castelao, na Avda. de Santa María, estaba ben ubicado, sobre aqueles xardíns, espacio privilexiado desaparecido.
-
Pero na nova ubicación queda convertido nun instrumento que pode causar máis dun disgusto, feridos ó baixare a escadeira de Padre Luís, que non deseñaría nen o que asou a manteiga. Ou tamén pódese mancar algún neno dos que están permanentemente xogando ó fútbol ante a fachada do museo. Eso demostra o que lle importa a cultura a estos mandiños, que sí aproveitaron o traslado da escultura pra outro acto que, como se aprecia na foto, non foi compartido nada máis que por algún curioso que por alí pasaba ou por xentes da súa tribu.
-
Enlace:

La Voz de Galicia, 28.06.2009: Castelao se achega ó Museo.

jueves, 27 de noviembre de 2008

A VIOLENCIA DO GALEGUÉS

Ermitas Valencia, nova voz dos galizos contra a "violencia de xénero, contra o castelao", non contra a inmersión lingüística no galegués por eles inventado. Discurso sectarizado. Foto de La Opinión, A Coruña.

Pontevedra, 27.11.2008Entrada n.725 do blog

A VIOLENCIA DO GALEGUÉS,
por Xesús López Fernández

A forza de querer cambiarlle a alma ó país co galegués inventado polos galizos, creen algús desa cofradía que se está a practicare unha violencia de xénero contra as náis ás que se lles condiciona a educación dos fillos por medio do asolagamento no castelao, dito así polo que se relata máis adiante, nesta entrada. Realmente, os galizos, coa súa esquizofrenia a voltas, están en contra do galego enxebre e do castelao.

Que se deixen de caralladas porque neste país chamado Galicia nunca se falou o galegués por eles promocionado, e a convivencia antre castelao e galego foi de sempre viable. Certo que considerado o galego, por diglosia, como lingua de rango inferior, o que non impediría qu´o titular deste blog participase nos anos 1966 e 67 nunha serie de programas en lingua galega, 92 en total, en Radio Pontevedra. E xa choveu, aínda que algús sigan decindo qu´o noso idioma estaba prohibido.


Pero que a posta en valor do idioma non pode pasar pola demencial imposición das normas da deriva, as normas do galegués, pra ilo solagando no portugués, porque a inmersión no Portugaliza do seu delirio é a única esperanza que teñen de salva-lo seu nazionalitarismo estos coitados.

Aínda non comprenderon que portugués e galego son linguas claramente diferenciadas, que son as isoglosas diferenciativas as que marcan a fronteira antre os dous países. E retomarei unha breve historia dun acontecemento producido cando o congreso constituínte de Coalición Galega, alá polo 1982 ou 1983, no parque de verao do Mercantil vigués.

Gustavo Docampo Otero comezaba a lectura da ponencia de Lingua redactada por María do "Carmo" Henríquez Salido. E comezara o home cunha cita da "Biblia" dos galizos, o libro de Castelao, que el citara como "Sempre en Galicia", momento no que interrumpeu Henríquez: Un momento..., o menos que hai que ter é respeto para con os mortos e que eu saiba Castelao escribíu un libro intitulado "Sempre en Galiza", non "Sempre en Galicia". Discúlpase o amigo Gustavo, Sí, muller, foi un erro, pra proseguir coa lectura que arrancaba coa definición da dicotomía existente antre o uso do galego e do castelán..... ¡Castellano!, dixo a Henríquez, o que motivou unha nova disculpa de Gustavo, que quixo seguir...

Pero este que agora escribe dixo, dirixíndose a María do "Carmo": ¿Castellano...?, Sí, sí, castellano, ¿Irmano?, Non, irmán, Ou irmao, digo eu..., Bueno, sí, Ou irmau, como en Lugo, que eu che son moi respetuoso coas formas vivas do idioma, Sí, claro...., Pero mira unha cousa e xa que falabas do respeto "para con os mortos" que eu diría "respeto ós mortos, respeto cos mortos", ¿por qué lle estás a cambiare o nome a Castelao..?, ¿Como dis?, Que estás a cambiare o nome Castelao por castellano, ¿ou non comprendeches que o apelido se corresponde cunha das formas histórico-científicas de decir "castellano" en galego?.

A muller púxose pálida e marchou, privada de argumentos despois da "molladura".

Pero esta Ermitas Valencia d´agora, nun discurso borde, fala de violencia de xénero dos que non se someten ó galegués dos galizos, da fragua do BNG ou dunha RAG que xa non xoga nengún papel. Mellor, leéde a crítica de Lois Blanco en La Voz de Galicia do 26.11.2008.

martes, 16 de octubre de 2007

A GRAN XANGADA [20.1.2000]

A árbore rica en froitos representa ó idioma galego, rico en palabras, moito máis rico do que algús, que parece o queren secar, maxinaron. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 16.10.2007

Este artículo do ano 2000, sobre o idioma, relaciónase tamén co anteriormente inserido no blog, "Política e Idioma", polo que non é preciso nengún novo comentario, simplemente rogo unha lectura demorada, porque parece que no BNG, ás veces, tamén pode haber algo de luz.


A GRAN XANGADA [20.1.2000]

por Xesús López Fernández


Torno por un momento ó meu traballo anterior –Política e Idioma— no que demandaba a ausencia dos partidos no debate das normas ortográficas; propoñía que a Academia Galega traballase con criterio de claro respeto e fixación do idioma popular. Recuperal-os clásicos. Que non inventen, por favor, era a conclusión. E referíame tamén ós criterios que está a segui-lo BNG –o “beenegué”— cun dogmatismo inaceptable, a cabalo dos “mínimos” ou das normas, no posible achegamento ó portugués que non debera pasar da simple asimilación dalgunha que outra verba. Sair deses parámetros sería algo como inventar unha nova língua: o “galegués”, como bautizou certo crítico, que pode estar xa a sofrea-la imprantación do BNG, sobre todo no rural.

A parábola dos estorniños que seguían a José Anaiço –tomada da obra de Saramago “A balsa de pedra”-- tal vez hipnotizados, ten un súpeto desenlace: marchan pra non volveren no intre no que entra na vida do mestre portugués unha muller, Joana Carda, que se presenta no hotel onde están residindo os protagonistas, e leva con ela unha vara de negrillo coa que conseguira facer un prodixio: unha raia no chan, e o chan permanecía aberto sen posibilidade de remitilo á súa forma orixinal. José Anaiço sabe que os estorniños non han volver. E non volven. E vou coa cuestión do negrillo, unha forma de lle dar nome ós olmos e tamén os álamos negros e pergúntome se dentro dun contexto poderemos utilizar negro como sustantivo referido ós populus nigra, ós chopos, polo que direi en relación cunhas declaraciós da diputada do “beenegué” Pilar García Negro, que estou a releer.

Decir tamén que o título real da novela é “A jangada de pedra”, lémbrame un lusista, e que a palabra xangada está tamén no diccionario galego, Sí, digo eu, pero traída do lusobrasileiro, e tamén significa tontada, parvada, do mesmo xeito que xangal é parvaxolo, idiota, e coido que no asunto do idioma estamos no borde de cometer unha gran xangada por arrimo excesivo ó portugués. Daquela non sei exactamente por onde van as declaracións de G. Negro, nas que leo cousas moi axeitadas á marxe do presunto traballo do “Beenegué” pola imprantación do “galegués” diglósico, que pode significa-la espantada final dos estorniños, quero decir dos electores. E G. Negro reclamou un “diálogo pacífico e civilizado”. Dixo que o seu partido defende pra Galicia e a súa língua “un paradigma de normalidade”, que a “lexislación sobre língua, especialmente na ensinanza, debe ser comprida”. Cousa que tampouco fan os mestres de “galegués”, os que menos, digo.

Góstame a definición que a deputada fai da normativa actual como un “corsé”; que á súa luz parece “ilegal” a obra escrita de Otero Pedrayo ou Castelao, etc., e avoga por ter en conta as variedades lingüísticas que existen á marxe daquela. E acórdome de Joana Carda, que espicha no chan a vara seca de negrillo marcando a tomba dun compañeiro de viaxe, e a vara reverdece como promesa de que alí vai haber unha árbore nova. Daquela, se o debate proposto agora vai ser enriquecedor, Negro viría representar aquí unha árbore viva; se a súa idea quer decir “máis de galegués”, o nome sería sinónimo de árbore seca, dunha ferida certa na nosa fala. Babel ou “gran xangada” se se quer.

POLÍTICA E IDIOMA [13.1.2000]

O caos normativo, figuración informática do autor, xa reiterada no blog.
-
Pontevedra, 16.10.2007.
-O artículo agora pendurado no blog é outro máis sobre o idioma. Escrito no ano 2000, análizanse as culpas na deriva estúpida do idioma galego cara ó portugués. O idioma é a fronteira, non teñamos dúbida, como acontece na "raia seca" máis que no propio Miño, como ten apuntado Moralejo.
-
POLÍTICA E IDIOMA [13.1.2000],

por Xesús López Fernàndez
-

Hai uns días enviei un e-mail á edición dixital do Correo, en relación co tema da língua, cunha enquisa sobre o futuro do noso idioma, sobre se convén mante-la ortografía actual ou ir derivando cara ó portugués, dito de forma simple. E como son dos que entenden que o idioma está claramente decantado dende hai moito tempo por vocación exclusiva da nosa sociedade, que existe unha arela popular de perfección, deixei dito o que pra mín son cuestiós claras dende hai moitísimos anos: que o galego é unha cousa, o portugués outra, como deixou dito Saramago en Pontevedra, lección que semella aínda non entendida nen polos que se instalaron no tren dos “mínimos”, nen polos que van máis alá, pola vía do mal chamado “reintegrado”. No fondo, andando sempre polos arredores, parece que, pola vía dos diferencialismos, chegamos a unha situación de endodiglosia completamente estólida.
-
¿Qué acontecería se o PSOE ou o PP, a nivel estatal, cuestionasen as normas ortográficas do castelán/castelao? No tocante ó idioma, ¿non é a Real Academia a que debe falar, que acaba de editar unhas novas normas debidamente debatidas? ¿Non teríamos que artellar unha argumentación parella no caso do galego agora que o BNG –o “beenegué”— ven de face-lo seu comunicado sobre o uso dos “mínimos” nas comunicaciós da coalición e do normativo –arrimando o máis posible ó luso— nas publicaciós das instituciós por eles controladas?. Pero a Academia Galega non dá mostras de estar viva, de notaria-lo idioma popular, i é de agradecer un traballo recente de Xesús Alonso Montero no que recomendaba o debate interno, acougado, pensa-los posibles cambios a introduciren na nosa ortografía. A Academia Galega debería considera-la súa recomendación porque as cousas non van por bó camiño e non se pode mante-la situación actual de sancionar como bós unha serie de diferencialismos que están a cambia-la natureza do idioma.
-
Nunha publicación do Concello de Pontevedra –ANO CASTELAO/PONTEVEDRA/2000— inclúese unha frase do noso polígrafo: “Non esquezamos que se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”. Certo. Eu aínda gosto máis de decir qu´o idioma é a nosa fronteira, o que define a nosa realidade nacional –a “raia seca” máis qu´o Miño-- qu´algús están a cambiaren por un extraño sentimento de endodiglosia --¿tamén de autoodio?— tentando descobrire novos mediterráneos. E pensan, tal vez e parodiando a Saramago, que por unha cuestión de psicoloxía dinámica --suxire un experto en “A balsa de pedra”-- os galegos imos entender como boa esa língua deturpada que falan moitos políticos, que imos ir tras deles como fan os estorniños con José Anaiço, o mestre, hipnotizados. E non vai ser así.


As xentes do BNG son traballadoras e neste momento non temos outro referente nacionalista. Que a organización conserve o tiro electoral despois do pasado en Marín está por ver. Sei que pra moitos tamén marca distancia, ademáis do sector stalinista, o uso que fan do idioma, que ó mellor explica as dificultades da organización frentista pra se abrir un espacio no mundo rural, onde se manteñen máis vivas as esencias da língua nas que parece que a Academia non repara. Por favor, que non invente; que faga simplemente de notario, como a Real Academia Española. A ver se aínda é posible.