Hai que visita-lo lugar pra comprendere qu´o novo Castelao pode ser un Castelao matador. Xa por accidente ou por pura violencia, alguén pode acabar espetado contra do apéndice agudo da estatua. Á hora do accidente  non vai haber diferencia antre man estilizada, carpeta de dibuxos, ou alfanxe matador. Que nunca pase nada máis alá do despropósito que Teresa Casal non sabe explicar. Pontevedra, 26.07.2009
-
Entrada n. 1022 do blog
-
CASTELAO, POSIBLES ACCIÓS XUDICIALES,
por Xesús López Fernández
-
La Voz de Galicia do 25.07 recolle a noticia de que antiguos directivos de Amigos da Cultura estudian a posibilidade de comezar acciós legales contra o Concello, por ter disposto do que, aínda formando parte do patrimonio urbán, pode non ser da súa propiedade.
-
Amigos da Cultura organizou, no seu momento, a recaudación e xestión de aportaciós prá realización da obra, que en principio o Concello non quixo recibir. Finalmente fora ubicada nos xardíns de Santa María, un dos espacios máis emblemáticos da cidade, ata a súa deconstrucción por estos ayatoláhs, traidores da memoria recente.
-
Sigue un enlace da noticia dada por La Voz de Galicia:
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario