miércoles, 11 de julio de 2007

AS VERGONZAS QUE SIGUEN, EN PONTEVEDRA

Convento de San Benito de Lérez. San Benito, patrón de Europa, asignatura pendente pró actual equipo de goberno de Pontevedra.

Pontevedra, 11.7.2007.

Hoxe é o día de San Benito, patrón de Europa, patrón de moitas parroquias de Galicia. Téñase presente o impacto cultural que en Galicia representou a colonización e culturización da nosa terra pola orde benedictina, convertida dese xeito na máis europea das rexiós españolas.

Por certo, cando regresaba esta mañá á casa, a Cope dou noticias de San Benito. O locutor aclarou que en galego se dí San Bieito. Mentira. Caralladas. En galego dise San Benito e, se queredes, san Benedicto --dúas formas dun mesmo nome--. En todo caso, o San Bieito habería que asimilado ó San Benedicto. Ó mesmo tempo sonaba pola emisora a cantiga popular "Si vas ó San Benitiño/ non vaias ó de Paredes.....San Benitiño de Lérez. Cantaba a Polifónica de Pontevedra, grabación do ano 1956, na que o asinante deste comentario cantaba, nesa ocasión, como tenor primeiro. Benito é a forma popular. Bieito non é nada máis que un medievalismo que xa pasou como tantas outras cousas que o Bloque quer impoñer por medio dos seus laboratorios: AS-PG, Mesa pola Normalización, e outras instituciós que están a acabaren coa lingua. Vexo tamén que na prensa d´hoxe aparecen noticias sobre a "Romaría de San Bieito", como lle gosta adecir ós que queren desalma-la lingua, impoñendo como fixos unha serie de medievalismos mortos ou de dialectalismos --romaría--, que conveñen ás zonas nas que se usan. Nada máis.

Doutra volta, en relación coa política local, o Mosquera fala de que PP e PSOE "traizoaron" --outra carallada máis-- ó equipo de goberno e que, a ver se son positivos á hora de aportaren ideas prá gobernación. Nada, que continúan coa súa prepotencia, coa súa incapacidade pra pensar nunha cidade máis harmónica, despois de oito anos de persecución ó patrimonio urbán, á historia da cidade, de tentaren configurar Pontevedra como un Gulag estalinista, expresión que comprendemos moi ben os que vivimos na zona vella. Din, ademais, que con sete concelleiros e con apoios de carácter puntual son capaces de seguir gobernando con seriedade, como sempre fixeron, cando si algo é claro que nunca tiveron é esa seriedade da que falan pra ben face-las cousas; que sí souberon, inmorales, anula-las protestas das distintas asociaciós de veciños comprando vontades a cambio de subvenciós, neutralizando os argumentos veciñales por medio da figura do "gran irmán", dos grandes irmáns, que presentaron ó equipo de goberno como algo que nunca foi, un equipo serio. Insistir cantas veces resulte necesario pra relembrar que aquí subvencionaron incluso as traiciós que algús fixeron á súa propia alma con tal de arruina-lo capital social da vella capital.

No hay comentarios: