sábado, 12 de julio de 2008

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA.

Pontevedra, 12.07.2008

Entrada n. 558 do blog

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA,
por Xesús López Fernández

Onte foi o día de San Benito, patrón de Europa, tan celebrado na nosa terra. A orde de San Benito tivo unha gran relevancia ó longo da historia, na construcción de Europa. Daí que a Igrexa optara polo proclamar patrón do continente.

Moitas cidades europeas son de orixe monástica. Fóronse conformando ó abeiro dalgún que outro mosteiro, fontes de oración, de cultura e traballo. E así pódese calcular que en torno a un 30% das cidades hoxe importantes e cargadas de historia, do continente, sóno porque alí houbo algún convento.

En Galicia foi importantísimo o labor de cristianización e colonización levado a cabo tanto polos monxes benitos como polos do Císter, benitos tamén, pero reformados.

Aínda non se lle está a agradecer á Igrexa ese labor. Pero a Historia marcou outros camiños, en especial por dictados masónicos. A exclaustración significou o cerre e abandono de non poucos mosteiros, dos que hoxe siguen vivos ou se recuperaron Samos, Oseira, e o convento do Císter en Ferreira de Pantón, o único que permaneceu aberto, sen interrupción. Alí profesaría votos e morrería a edade aínda nova, unha tía do titular deste blog.

Pero non falamos de San Benito de Pontevedra, que conoceu da presencia do P. Sarmiento. A célebre romería do "noso san Benitiño" esmorece ano tras ano. A de onte coido estivo pouco concurrida, según noticias recibidas e tamén según a prensa. Pero é que, antre outras cousas, a festa perdeu o atractivo da chegada dos barcos ó pé co antiguo convento, porque o río xa non ten calado, privado do canal central pola estúpida desecación das xunqueiras. Resulta triste ver cómo van reconvertindo algús dos vellos conventos en paradores, como acontece co fabuloso San Esteban de Ribas do Sil, importante foco de cultura na Ribeira Sacra.

Sigue un vídeo sobre a situación actual do dito convento-parador. Entendo que unha visión parcial. Pero sirve pra nos aproximar ó que puido ser no pasado tan importante convento.

VIDEO DE YOUTUBE / ARCO DA VELLA (ELADIO TORRES CASTRO)


No hay comentarios: