domingo, 6 de diciembre de 2009

O TANQUE DE MOLLAVAO (artículo)

Lourizán, antes e despois do "saneamento integral" do Concello.
-
Pontevedra, 7.12.2009
-
Entrada n. 1090 do blog
-
Artículo semanal.
-
O tanque de Mollavao,
por Xesús López Fernández
-
A palabra tanque ten polisemia e podemos referirnos a ela pra falare dun carro de combate ou ben dun depósito de auga e outros líquidos. Ten máis significados. O que o Concello quer construire en Mollavao, en terreo demanial artificialmente ocupado, tería a finalidade de actuar como depósito de retención de fecales e pluviales pró caso de posibles sobrecargas na falsa rede de saneamento que conflúe na edar d´Os Praceres, xudicialmente cuestionada pola Asociación Salvemos Pontevedra ante o TSX de Galicia e contra o Ministerio de Medio Ambiente por medio dun contencioso administrativo en marcha (Procedemento Ordinario n.4108/2007), pola ocupación e realización de obras en dominio público marítimo terrestre (edar de Os Praceres i emisario submariño) en contra do disposto na Lei de Costas 22/1988 e o seu Regulamento, carecendo ambas infraestructuras de concesión ou de título habilitante.

Examinado no Servicio Provincial de Costas do Estado o expediente incoado consecuentemente á demanda de concesión feita polo Concello prá ocupación de terreos de dominio público marítimo terrestre prá construcción do devandito depósito de retención ó amparo de Lei de Costas, non se aprecia no mesmo a referencia a un sóo artículo que poida autorizar semellante actividade en dominio público marítimo-terrestre. É máis, a asociación estima que, sendo un uso prohibido do terreo demanial, parece estamos ante un novo intento do Concello de seguir ocupando o dominio público marítimo-terrestre; unha especie de maniobra pra, dese xeito, ir consolidando a edar d´Os Praceres, cuio emprazamento prohibido pola Lei de Costas está pendente de sentencia polo TSX de Galicia. É por eso que a asociación presentou un escrito de alegaciós con data 30.11.2009. (Teñamos presente outras sentencias en relación con depuradoras que deberán ser derribadas polo seu emprazamento indebido: Cortiguera, en Suances, Cantabria; Aranda deDuero; Reza, en Ourense).

Non é cousa de entrar en detalle na alegación, na que se citan casos de recuperación ambiental pola contra do que aquí acontece co noso litoral, no que o ideado tanque representaría unha nova e grave agresión ambiental. Cando se produce unha falta de civismo político, posta en evidencia hai escasos días coa sentencia do Supremo en relación cos recheos de Marín, parece que estamos ante unha actuación pra evita-lo desgaste público, pra seguir a xerar solares a costa do espacio demanial, chan barato, causa moitas veces da nosa ruína económica á par que da aniquilación dos espacios máis sensibles da franxa litoral: as marismas, esteiros, paisaxes, etc., e os seus correspondentes ecosistemas. Esto non é de recibo... Os interesados en conoce-la alegación completa pódena procurar en internet. Buscando en Google.

O Concello de Pontevedra, díse, ten instalados colectores paralelos á costa i estaciós de bombeo en zona demanial: Xunqueiras d´Alba e Lérez, Mollavao e as Marismas de Lourizán, coa presunta connivencia do Servicio Provincial de Costas do Estado. A concesión agora solicitada non foi pedida prás anteriores infraestructuras, nen prá Edar e mái-lo emisario submariño. Faise pra ocupar e contaminar terreos de marismas gañados ó mar por medio de recheos, donde o TSX de Galicia, a instancias de Salvemos Pontevedra, ten ordeado ó M. de Medio Ambiente incoa-lo expediente de caducidade da concesión outorgada no seu día a José Malvar e recupera-la zona de dominio público marítimo terrestre, curiosamente raiota á dos autos. O Ministerio de Medio Ambiente debería ter informado, antes do 14.10.2009, do plan de recuperación dese espacio, así como do nome do funcionario responsable do mesmo. Non se entende a demora. O escrito cita xurisprudencia e textos varios. E antes de concluir coa solicitude de denegación prá petición que fai o Concello, demanda a recuperación integral da ría; salienta o valor ecolóxico da mesma e a súa relación coa Rede Natura. “Tanque”, ¿depósito ou carro de combate na loita contra o litoral?.

1 comentario:

xesús lópez fernández dijo...

#1 Por opeto 11:48NormalE donde hai que poñelo,.....no cumio dun monte?...
Si por este home fora ni bebíamos auga corrente nin tiñamos alcantarillado.
--
Este é un comentario inserido no Diario de Pontevedra, por un tal Opeto.
Vése que é un dos subvencionados da Nomenklatura, dos que actúan ó dictado da Komandantuur; pero podemos pensar que é un de tantos cidadáns papiolos que non comprenderon que o goberno dos Camaradas, como antes os outros, está fóra da lei, dilapidadores do Estado de Dereito.
Pontevedra era unha cidade aberta que en dez anos vai camiño de se convertire, de que a convirtan nun gueto total. Hai tempo que perdeu a alegría; que os seus cidadáns están privados de viviren en democracia.