lunes, 8 de noviembre de 2010

A DEFENSA DA PRAZA D´OS PRACERES

As xentes d´Os Praceres a defenderen a súa praza mentres a Policía mallaba en todos eles, mulleres e homes, esa policía que resultou que, ó mellor sen ela saber, fixo o traballo ó servicio de certos intereses portuarios, contrarios á esencia mesma do porto de Marín, da ría toda.
-
Pontevedra, 8.11.2010
-
Entrada n. 1346 do blog
-
A defensa da praza d´Os Praceres,
por Xesús López Fernández
-
Desconozo se a Iniciativa Cidadáa d´Os Praceres se vai presentare ás próximas elecciós locales. Eu animaríaos sobre a base de que poidan lanzare unha campaña de certo calado, prá que teñen máis argumentos que nadie.
-
A fotografía de presentación desta entrada corresponde a un dos episodios, de tantos episodios vividos polos homes e mulleres d´Os Praceres, e sobre ese tema hemos volver en máis dunha ocasión. Eles i elas levan na frente unha estrela, como diría o noso poeta; eles son, nesta ría, os únicos defensores do Estado de dereito, seguidos de lonxe por Salvemos Pontevedra, da que existen tamén algunhas denuncias "dormidas" no TSXGalicia.
-
Esta entrada ven ser complementaria da anterior, da n. 1345, e nela se inclúe, pra maior e mellor ilustración das xentes alleas ó drama d´Os Praceres e da ría toda, un enlace co que han poder analizare non poucas das secuencias das loitas alí producidas. En principio e como nota de urxencia, inclúo un enlace polo que o lector (e os partidos, se queren saber algo máis dos defensores, repito, dos defensores do Estado de dereito, definición deshonesta na boca dos predicadores do PSOE, PP ou BNG).
-
A lección maxistral, como se se tratase dunha reportaxe de Alfonso Arteseros pra España na Memoria, está xa nesta entrada. Clicando no enlace, seguindo o paso a paso recollido no blog das xentes d´Os Praceres, vos atoparedes coa verdade crú, vos perguntaredes se non hai criminales en libertade porque, á marxe das sentencias firmes, aquí faltou un verdadeiro proceso penal.
-

No hay comentarios: