domingo, 8 de agosto de 2010

ESCOLAS DE GALEGUÉS

Quintana durante unha visita a unha galescola. Foto de arquivo do ABC.
-
Pontevedra, 8.08.2010
-
Entrada n. 1268 do blog
-
ESCOLAS DE GALEGUÉS,
por Xesús López Fernández
-
Este blog sigue unha línea completamente crítica en relación co tema do idioma galego, traicionado dende hai tempo i en contra dos avisos dados xa no seu tempo polo P. Sarmiento, ou por non poucos dos nosos autores: Anxel Fole, Rosalía, Novoneyra, Eladio Rodríguez, Lugrís Freire, o primeiro Alonso Montero, etc.
-
En artículos recéns, especialmente nos referidos a Novoneyra, ó que se lle dedicou o día das Letras Galegas deste ano, cítanse as críticas deste autor á falacia denominada galego normativo, traicionada a fala pola RAG, polo ILG, pola AS-PG, polos reintegraconistas. O autor, como temos dito, non se opoñía á creación dunha interlingua na que se reconoceran os distintos rexistros da nosa fala, a lingua das distintas bisbarras. Pero o Bloque estivo cedellando por sistema, especialmente nos tempos do bipartito, tentando arrima-la nosa lingua, en contra da recomendación do P. Sarmiento, ó portugués, idioma de cuia cisterna tiraron non poucas palabras distantes da nosa psicoloxía. Tentaron incluso en lle cambia-lo nome ó país, que eles denominan "Galiza", e ó servicio dese xogo siniestro reiteraba o Quintana a palabra nos seus discursos, ó mellor ata vinte ou trinta veces.
-
Despois pasou o que pasou: que se foi producindo un alonxamento da xente, dos galegos, que non se identifican co galegués espurio dos quintanistas, callonistas, etc. E agora, privados de subvenciós, ven cómo perderon presencia dixital (Vieiros, Chuza, e outros que irán caíndo).
-
Agora, quén o diría, queren montar unha serie de centros privados pra seguir cociñando o seu galegués. A idea é dunha asociación chamada "Galiza co galego", que coido vai representar un sobregasto pra esas xentes, afeitas ás subvenciós. Sigue un enlace do ABC d´hoxe, no que se informa sobre o particular:
-

4 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Cuando la lengua se utiliza como arma política, querido Xesús, los vaivenes,diatribas,manipulaciones y estupideces varias son el pan nuestro de cada día.
Y no sólo pasa en Galicia, sino en Cataluña o en el Pais Vasco, donde el impulso o la protección de una lengua, se tornó en "inmersión" pura y dura,dejando al pairo la voluntad y los intereses de los ciudadanos.
Y así nos va,claro.

xesús lópez fernández dijo...

La prensa de hoy, especialmente La Voz de Galicia, anuncia una reducción de la presencia del libro gallego, un 20% de lo que vienen editando en galegués. Aquí no puede tener futuro la política de inmersión; menos en una lengua artificial, que es lo que han intentado incluso desdela RAG, demasiado infectada. Confío en que Méndez Ferrín pueda hacer algo para frenar la gangrena inducida por el Bloque.

Sísar dijo...

Debemos insitir Xesús na denuncia do galegués. O idioma inventado, o da non patria.

Esperemos que Méndez Ferrín frene esta desfeita do idioma, pero polo momento vai na dirección dos seus antecesores.

Unha cousa que aproveito para comentarte, ¿qué opinas da creación dun partido verde a nivel nacional, e que sea de esquerda extrema? É patrimonio o ecoloxismo da esquerda?

Unha aperta

xesús lópez fernández dijo...

Estou dacordo, pero tería que ser unha verdadeira cruzada.
Vós, os que manexades ben Facebook, ¿non poderiades facer algo, sumar adhesiós? ¿Promover incluso unha iniciativa popular?

En relación co tema da ecoloxía, que comentas, a mesma non é patrimonio nen de esquerdas nen de dereitas.
En Pontevedra, polo que aquí acontece e pola burla permanente que se fai da Lei de Costas, sabemos que son infractóre-los tres partidos que están en escea, alineados coa corrupción, que non queren que triunfe o Estado de Dereito. E no reparto das viandas van todos a unha, todos xuntos.

A ver se un destes días dispoño de tempo pra che mandar un correo detallado sobre certas cousas. Foi unha pena que a nosa última conversa se quedara corta. Precisabamos un par de horas máis. Polo menos.

Unha aperta, xesús.