sábado, 7 de agosto de 2010

EXECUCIÓN DE SENTENCIA VERGONZOSA

O tanatorio de Montecelo, en Pontevedra, parcialmente nesta foto de La Voz de Galicia, acaba de ser precintado. A Xunta está disposta a derrubalo en execución dunha sentencia do TSXG.
-
Pontevedra, 7.08.2010
-
Entrada n. 1267 do blog
-
EXECUCIÓN DE SENTENCIA VERGONZOSA,
por Xesús López Fernández
-
O posible derribo do tanatorio de Montecelo é noticia vella, despois de ter prosperado no seu día unha denuncia dun veciño por se tratar dun terreo non urbán. O seu derribo parece inminente (cando absurdamente sí sería posible a súa reconstrucción inmediata). Pontevedra pode ter problemas serios por estar escasa de tanatorios. Introduzo a pé de post diversos enlaces da prensa diaria, pra unha maior información dos interesados.
-
O que realmente convirte en vergonzosa esta execución é o feito de que hai outras sentencias firmes de asuntos de maior importancia como son as do TS en relación co ferrocarril d´Os Praceres, a do derribo de Tradepana, a relacionada co Porto de Marín e con Gonvarri. A Xunta tarda en posicionarse neste asunto, convertindo de momento ó TS de Xusticia nun instrumento inútil prá reposición da legalidade. Outras denuncias están en marcha, e a propia Xunta convírtese en presunta delincuente en temas como as actuaciós da variante de Marín, a edar d´Os Praceres, presuntamente ilegal, e as actuaciós en espacio definido como dominio público marítimo terrestre, nas que a Cotop é parte actora.
-
Como deciamos en Pol, Trama e Traiciós, aquí hai que manter vida a pergunta de "¿quén é o capo?", ¿quén está a impedir que este país funcione como Estado de Dereito?".
-
Enlaces:
-
-

No hay comentarios: