domingo, 1 de agosto de 2010

UNHA LUZ NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Marina Mourad, nacida en Siria, fotografía de La Voz de Galicia. Este xornal nos sorprende, cada novo día, cunha historia do Camiño de Santiago. A de Marina Mourad penetra.
-
Pontevedra, 1.08.2010
-
Entrada n. 1263 do blog
-
UNHA LUZ NO CAMIÑO DE SANTIAGO,
por Xesús López Fernández
-
La Voz de Galicia tráenos, tódo-los días, novas i entrañables historias de protagonistas do Camiño de Santiago. Si é certo que "non hai camiño, que se fai camiño ó andar", non hai dúbida de que o Camiño das Estrelas que sirveu pra concitar en torno ó Apóstolo Santiago a moitísimos europeos, a enfortecer mesmo a idea de Europa como continente cristián coa que moitos políticos de arestora non comulgan, fíxose co camiñar de xentes como o persoaxe do que hoxe incluímos noticia: Marina Mourad, siria, que un día sinteu a necesidade de face-lo Camiño e que actualmente, despois de moitos golpes, inmersa na gracia do Señor, sinte como si unha luz a impregnara, purificando a súa alma e o seu corpo. E teme perder esa luz.
-

No hay comentarios: